"Soči" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en Ourense no 1984, encargada de organizar na Escola Universitaria de EXB da cidade de Ourense a denominada “Escola Ibérica de Verão-Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal”. Trátase dun movemento de renovación pedagóxica reintegracionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en 1981 co obxectivo de “acadar umna substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego” na área galego-luso-africana-brasileira. Tendo como principal referente a Carbalho Calero, busca a normalización dos usos lingüísticos do galego e o favorecemento dunha normativa lingüística reintegracionista, científica e independente. Desde 1982 está presidida por Mª do Carmo Henríquez Salido. A súa estrutura de funcionamento componse dunha asembleia de sócios e dun conselho formado por investigadores como Monterroso Devesa, Gil Hernández, Filipe Seném, Ramom Lôpez-Suevos, Elvira Souto, Nemésio Barxa, Manuel Portas, Luís Gonçalez Blasco, Joám Costa ou Bernardo Penabade. Componse tamén de diversas comisións como “Textos Religiosos”, “Sociolingüística” e “Comissom Lingüística” integrada, entre outros, por Isaac Alonso Estravis, Henrique Rabunhal, José Luís Rodríguez Fernández ou José A. Souto Cabo. Esta comisión elaborou tres libros que recollen o pensamento lingüístico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia norteamericana de información fundada en 1848. É a máis antiga do mundo e a máis importante das existentes. Ocupa a máis de 2.500 periodistas, ten máis de 100 axencias en 67 países, comprende máis de 10.000 abonados e difunde noticias a máis dun centenar de países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional que tiña como filial en España á Aliança d’Intel-lectuais per a la Defensa de la Cultura, creada en València cara ao 1934. Adoptou o nome de Unión de Escritores e Artistas Proletarios (UEAP). Publicou as revistas Nueva Cultura e Cuadernos de Nueva Cultura. En plena Guerra Civil (1936-1939), acentuou as súas tendencias para favorecer o desenvolvemento da cultura catalá no País Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das Nacións do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en 1997. O seu presidente é Zoé Barboff e o secretario xeral Patrick Tort. A sede social está en Romanville (París), aínda que o seu ámbito de actuación é internacional. Está declarada de utilidade pública polo goberno francés debido ao seu importante traballo científico e ao seu proxecto educativo. A asociación organizou o Congreso Pour Darwin (1997) e é a promotora do Institut Charles Darwin International. Os obxectivos desta asociación son: facer coñecer e desenvolver as investigacións orixinais en materia de bioloxía da evolución; publicar a obra completa de Darwin; rectificar os erros históricos de interpretación da teoría da evolución e loitar contra os usos ilexítimos do darwinismo con finalidades racistas, euxenésicas ou discriminatorias; demostrar a inexactitude das teses creacionistas ou neoprovidencialistas na bioloxía evolucionista; defender o laicismo na ciencia, tanto no seu exercicio como no ensino; promover un diálogo prioritario entre as ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Madrid en 1903 para a explotación de fábricas de azucre, refinerías e destilerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego, que apareceu en Santiago en decembro de 1990. Este boletín proporcionaba información sobre a sociedade a xeito de proxectos, estatutos, asembleas, seminarios, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu no ano 1932 na cidade de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter obreiro editada en Ferrol entre 1871 e 1872. Serviu de voceiro á cooperativa de base múltiple feita polos militantes republicanos federais na cidade departamental, substituíndo o semanario El Trabajo. Tiña o obxectivo de informar os seus afiliados das actividades da sociedade, e mesmo de fornecer o seu pensamento ideolóxico coa inclusión de diferentes artigos. A partir de xuño de 1872, recolleu informacións e documentos da Federación Regional Española integrada na Asociación Internacional de Trabajadores (AIT).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro mensual do gremio dos tipógrafos composteláns, cun primeiro número que saíu do prelo o 30 de xuño de 1890. O seu director foi o secretario da Asociación, o republicano José C. Otero. Pode considerarse como o decano da prensa obreira de Santiago. Debido a discrepancias entre os afiliados, desapareceu xunto coa Asociación Tipográfica no ano 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual editado pola Federación Regional Española de Sociedades de Resistencia (FRSER). Durante a etapa aragonesa da federación saíron á rúa 5 números. Posteriormente, editarónse dous máis na Coruña, en novembro de 1905 e xaneiro de 1906, cunha tiraxe de 1.000 exemplares. De carácter estritamente interno para as sociedades, nas súas páxinas colaboraron militantes anarcosindicalistas herculinos como Santiago Serrapio, Juan No e Sabino Alfonsín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na vila luguesa de Meira en 1910. Dirixida por Antonio Suárez, os seus contidos prioritarios eran de carácter agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...

    VER O DETALLE DO TERMO