"Sus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 279.
-
GALICIA
Escultor. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela e na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Foi profesor na Escola de Belas Artes de Santiago de Compostela e director da de Baeza, e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá. Realizou, entre outras obras, o mausoleo de Rosalía de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa un erro que se comete ao escribir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina coa que se denomina un erro que se comete ao falar.
-
PERSOEIRO
Compositor flamengo. Coñecido como Orlando di Lasso, en 1553 obtivo o posto de director do coro de San Giovanni de Letrán, en Roma, e formou parte da capela do duque de Baviera, Alberte V, en Múnic (1556), da que pasou a ser mestre en 1566. Compuxo obras profanas e relixiosas e deixou máis de setecentos motetes, xénero musical do que é considerado o mellor compositor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Criado e xornaleiro. Presidiu a CNT de Betanzos desde 1934 e formou parte do grupo da FAI que actuou durante a Segunda República. Escapado tralo levantamento do 18 de xullo de 1936, formou parte dos grupos guerrilleiros de Neira e Foucellas rexeitando entrar na IV Agrupación dominada polo PCE. Detido en agosto de 1945, pasou varios anos na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Deputado a Cortes polo Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1931, foi reelixido en 1933, ano en que obtivo a praza de secretario da Deputación de Gipuzkoa. Conselleiro de Xustiza e Cultura no primeiro goberno vasco (1936), fuxiu a Francia en 1937 e durante o exilio conservou o seu cargo ata que en 1960 foi designado para substituír ao lehendakari Aguirre. Regresou en 1979 e entregou os poderes do goberno no exilio o 16 de decembro dese ano. Escribiu Economía vasca (1937) e La poesía vasca en las Bellas Artes (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Foi catedrático de Filoloxía Grega na Universidad de Granada. Escribiu numerosos artigos sobre a mitoloxía, filoloxía e historia da antigüidade clásica e foi un dos directores da colección Biblioteca de Estudios Clásicos. Membro do consello asesor da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da American Philological Association, é autor de Fragmentos papiráceos de Eurípides (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Ordenado sacerdote en 1900, foi mestre de coristas en Canedo (Ponteareas) e gardián no mosteiro de Louro (Muros). Colaborou en varias publicacións e publicou Pláticas familiares sobre la Venerable Orden Tercera (1913), Camino del Cielo o sea Práctica de la oración mental al alcance de todos y Directorio espiritual (1929) e Vocación Religiosa (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bo Xesús de Trandeiras.
-
GALICIA
Militar e político. Coñecido como Enrique Líster, emigrou a Cuba, onde ingresou no Partido Comunista (1927), pero viuse obrigado a volver pola represión do réxime de Machado. Incorporouse ao grupo de Santiago de Compostela do PCE como militante activo e líder sindical. Delegado no IV Congreso do Partido Comunista, en 1932 marchou á URSS ata 1935. Membro das Milicias Populares durante a Guerra Civil, ascendeu a comandante do 5º Reximento e dirixiu as Milicias Galegas. Posteriormente foi xefe da Brigada Mixta e coronel do V Corpo do Exército republicano. Exiliouse na URSS ao final da guerra. Durante a Segunda Guerra Mundial acadou o grao de xeneral do Exército Vermello, e estableceuse en París onde se responsabilizou dos emigrantes do Partido Comunista. Desde 1970 formou parte da dirección do PCEE pero a súa disidencia co sector liderado por Santiago Carrillo custoulle a expulsión. En 1973 constituíu o Partido Comunista Obrero Español, de tendencia prosoviética, e en 1977 instalouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Ampliou estudios en Viena e na Juilard School de Nova York. Foi discípulo de Schmid, H. Swarowsky e K. Osterreich. Foi o director estable da Deutsche Oper de Berlín (1972-1976), da Orquesta Nacional de España (1984-1988), da Cincinnati Symphony Orchestra (1986-2000) e director musical do Teatro Real de Madrid desde 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Quito 1618 - 1645) Virxe e penitente. Fixo voto de castidade desde nena e, ao non ser admitida en ningún convento, viviu na súa casa como contemplativa. A súa festividade celébrase o 26 de maio.
-
PERSOEIRO
Xurista. Profesor de Dereito do Traballo na Universidade da Coruña, escribiu El Despido en el derecho de los Estados Unidos (1988), El Empresario aparente (1992) e Los Pleitos de derecho privado sobre esclavitud ultramarina en la jurisprudencia del Tribunal Supremo (1857-1891) (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Xapón, composto por 249 illas, que se situa na baía de Sendai, na illa de Honshū.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa xaponesa creada en 1935 en Osaka. A súa actividade comprende o sector de equipamentos eléctricos e electrónicos, especialmente de bens de consumo. Na década de 1970 orientouse cara ao campo da informática (Quasar Electronic) e iniciou a captación do mercado europeo. Emprega os nomes comerciais de Technics, National e Panasonic. En España adquiriu a antiga firma Anglo (1973) e constituíu a National Panasonic, que se transformou posteriormente en Panasonic SA.
-
PERSOEIRO
Actor. Desenvolveu a súa actividade no grupo Troula, co que participou en todos os seus espectáculos. Dirixiu a proposta Informe do día despois (1984) e participou en Caderno de Bitácora (1985), produción do Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comedia de Plauto que narra os amores aventurados entre o militar fanfurriñeiro Pirgopolinices e a rameira Filocomasia. Pertence ao xénero das palliata e pénsase que é unha das obras máis antigas do autor (205?).