"TAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 143.
-
GALICIA
Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Rafael Tafall. Formado no seminario conciliar, en 1875 formou, con outros músicos, un cuarteto que tocaba con asiduidade no Café Español. En 1877 foi nomeado profesor de piano, violín, contrabaixo e harpa na Escuela de Música da Real Sociedad Económica, para a que creou a nova orquestra de mozos e a Sociedad Coral Eslava. Foi organista (1881-1895) e mestre de capela (1895-1898) da catedral de Santiago de Compostela, e capelán da capela real dos Reis Católicos de Granada. Autor dun gran número de obras de música sagrada, da súa produción destacan diversas misas, motetes, salmos, cantos en latín e castelán, e himnos, como o Himno de los peregrinos al Apóstol Santiago (1909). Do seu labor como musicólogo, onde destacou especialmente, consérvanse diversos estudos sobre a tonalidade e o ritmo na música popular galega, sobre os textos musicais de Martin Codax ou sobre a música dos peregrinos flamengos. Foi membro da Real Academia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico, pai de Rafael e Santiago Tafall Abad. Mestre organista en Burgos (1833), marchou a Santiago de Compostela (1855), onde exerceu como mestre organista e músico da catedral. Ademais, destacou como construtor e reparador de órganos en diversos espazos relixiosos, especialmente nas catedrais de Lugo, Mondoñedo e Ourense. Das súas composicións, centradas na música sagrada, destacan a misa España por Santiago, un oficio de defuntos, un miserere, un stabat mater, un Libera me, Domine, na honra do xeneral O’Donell, ademais de diversas arias. Escribiu tamén Arte completo del construtor de órganos, o sea, guía manual del organero (1872-1874), un dos primeiros do seu xénero publicados en España.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa situado ao S de Iruña, na beira do Cidacos (10.295 h [2001]). Ten cultivos de froiteiras, cereais e hortalizas. É un centro comercial con pequena industria alimentaria, de calzado e metalurxia. En 1512, baixo Fernando II de Aragón o Católico, pasou ao Reino de Castela. Conserva parte das murallas medievais e do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María (s XVI) e o palacio-castelo (BIC, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘demo’ e ‘portugués’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘Portugal’.
-
-
Ligamento denominado tamén plana. O seu enunciado é 1 e 1 , e pode facerse con dous lizos só. Emprégase en tecidos de organdí, batista, lona, muletón, muselina, crespón e tafetá, entre outros.
-
Tea fina de seda, lisa e lustrosa, con ligamento de tafetá, denominada tamén glasé.
-
-
REXIÓNS
Rexión do S de Marrocos, ao S do Grande Atlas, formada por unha serie de oasis. É un antigo camiño de caravanas que vai do centro de Marrocos a Tuat e a Níxer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coiro moi delgado, flexible e lustroso fabricado con pel de cabra.
-
-
1 tufo.
-
apor ou gas que se produce ao ferver ou fermentar un corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sepulcro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se coce e vende pan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade redondeada, cun diámetro comprendido entre algúns centímetros e algúns metros, orixinada pola erosión de rochas en clima seco ou nalgúns litorais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da paleontoloxía que estuda os procesos que converten os organismos mortos en fósiles. Unha parte desta ciencia, a biostratinomía, ocúpase dos procesos posteriores á morte dos organismos e anteriores ao enterramento e, por outra, a fosildiaxénese, estuda os efectos da diaxénese sobre os organismos soterrados, que os converten en fósiles.
-
PERSOEIRO
Político, fillo de William Howard Taft. Membro destacado do sector máis conservador do partido republicano, foi senador por Ohio (1938, 1944 e 1950). A pesar da oposición dos sindicatos, en 1947 conseguiu a aprobación da Law Taft-Hartley, que establecía uns controis do goberno á liberdade sindical e limitaba o dereito de folga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, pai de Robert A. Taft. Membro do partido republicano, foi elixido presidente de EE UU entre 1909 e 1913. Impulsou unha política netamente conservadora. A súa vontade de ser reelixido provocou unha escisión no partido republicano e, en 1912, foi derrotado por J. H. Wilson.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai do xogo unha profesión e que procura gañar con manobras fraudulentas.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, tres faixas axadrezadas de azul e prata, de dúas ordes; bordo axadrezado de azul e prata de dúas ordes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e escritor. Entre 1435 e 1439 percorreu Italia, Terra Santa, Chipre, O Cairo, Constantinopla, Grecia, Alemaña e Flandres. Escribiu Andanças e viajes de Pedro Tafur por diversas partes del mundo avidos (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Vicio do tafur.
-
Acto propio dun tafur.
-
-
Casa de xogo frecuentada por tafures.
-