"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

      1. Tratar mal fisicamente a unha persoa, animal ou cousa.

      2. Tratar mal psicoloxicamente a unha persoa.

    1. Botar a perder algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en Manila en setembro de 1954 entre EE UU, Francia, Reino Unido, Australia, Filipinas, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia, en que se decidiu a constitución da Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou dignidade de maxistrado.

    2. Período de tempo que dura o cargo de maxistrado.

    3. Conxunto dos maxistrados da administración de xustiza.

    4. Xulgado do Estado español que se ocupa en única ou primeira instancia das causas relativas a materias de traballo e seguridade social. Co tempo pasou a denominarse xulgado do social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de comercio asinado en 1703 entre Reino Unido e Portugal, polo que Portugal abría a aduana aos téxtiles de la inglesa e a cambio os ingleses ofrecían vantaxes arancelarias aos viños portugueses. Esta medida, éxito diplomático de John Methuen, foi abolida en 1836, condicionando a economía e a política portuguesa ata os tempos modernos, aínda que aseguraba a produción inglesa en Portugal en caso de invasión estranxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto secreto, asinado o 8 de outubro de 1435 en Milán, entre Afonso V de Aragón e Filippo Maria Visconti, duque de Milán. O primeiro renunciaba a Córsega e ás bases de Portovenere e Ilica, e comprometíase a repartir co duque de Milán as conquistas que fixera no N de Italia, ata Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Afianzouse no panorama literario grego coa novela ‘H ή ά (A vida na tumba, 1924 e 1932). Foi unha figura principal na novelística grega moderna, á que deu un lirismo cheo dunha sensibilidade rica e refinada. Foi nomeado académico en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado entre os representantes de Luís XIII de Francia e Filipe IV en Monzón, onde o rei de Castela celebraba Cortes, o 5 de maio de 1626. Recoñecía a independencia da Valtellina, Bormio e Chiavenna, feito que asegurou as comunicacións entre o Milanesado, dominado por Castela, e o Imperio Austríaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Moscova, o 5 de agosto de 1963, por EE UU, a URSS e Reino Unido, polo que foron prohibidas as probas nucleares efectuadas na atmosfera, no espazo exterior e baixo o mar, pero non as subterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de paz asinado en Neuilly-sur-Seine o 27 de novembro de 1919 entre os países vencedores da Primeira Guerra Mundial e Bulgaria. Esta renunciou formalmente a Dobruxa, cedeu unha parte do seu territorio a Serbia e perdeu Tracia Occidental en favor de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teito de nubes escuro e uniforme que aparece nunha altura inferior aos 2.000 m. A miúdo vai acompañado por nubes baixas, e produce choivas e nevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación espontánea de ácido nitroso ou nitratos en ácido nítrico ou nitritos que ten lugar no solo en presenza de bacterias do xénero Nitrobacter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nitrato de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido nítrico. Os sales, de fórmula M<H>I</H>NO 3 , obtéñense por reacción do ácido nítrico cun metal, un hidróxido ou un carbonato. Utilízanse como fertilizantes e, polo feito de seren bos axentes oxidantes a temperaturas elevadas, como compoñentes de explosivos. Os nitratos de alquilo, de fórmula R-ONO 2 , obtidos por reacción dun alcohol con ácido nítrico, empréganse como explosivos. A súa importancia económica deriva esencialmente do emprego como fertilizante en agricultura. De feito, a nitrificación das terras de cultivo, en particular nos casos de cultivo intensivo, é básica para a obtención de importantes incrementos de produtividade e, aínda máis, se son terras pobres en materias orgánicas. Os nitratos máis empregados son os de sodio -sexa natural ou sintético- o de potasio (salitre) e o de amonio, que se obtén por síntese a partir do ácido nítrico. En estado natural existen grandes xacementos de nitratos de sodio e de potasio...

    2. Nitrato de sodio natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de Unión Europea que se celebrou en Niza, adoptado entre os días 7 e 10 de decembro de 2000 e que se firmou o 26 de febreiro de 2001. O seu obxectivo foi adaptar o funcionamento das institucións europeas á incorporación dos novos estados membros. Os principais cambios que introduciu versaban sobre a limitación do tamaño e a composición da Comisión Europea, a extensión do voto por maioría cualificada, a nova ponderación de votos no Consello de Ministros e a flexibilidade do dispositivo das cooperacións reforzadas. Debatéronse outras cuestións de carácter institucional como a simplificación dos tratados e o papel dos parlamentos nacionais. Entrou en vigor o 1 de febreiro de 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo contra a propagación das armas nucleares que entrou en vigor o 5 de marzo de 1970 asinado por un cento de estados. Estipulaba que os países asinantes non podían formar ou aceptar armas nucleares, nin cedelas ou admitilas en control. Establecido por iniciativa de EE UU, URSS e Reino Unido, non foi aceptado por diversos estados, que vían nel un intento de perpetuar a hexemonía nuclear por parte das grandes potencias, nin tampouco foi ratificado por España. A súa validez foi de 25 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de 1 de agosto de 1891. Cesou en 1892 (nº 10). Apareceu co subtítulo “Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria”. Editada nos obradoiros tipográficos de Luís Carragal Puga, en Pontevedra, o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Publicada os días 10 e 15 de cada mes, incluíu información sobre as disposicións lexislativas de interese para os mestres así como artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. En 1892 pasou a denominarse El Noticiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Noyon entre o futuro Emperador Carlos V e Francisco I de Francia o 13 de agosto de 1516. Nel concertouse o matrimonio entre Carlos V e unha filla do rei francés á que pasaron os dereitos franceses do Reino de Nápoles. O acordo quedou invalidado a raíz da elección imperial de Carlos V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de paz asinado en Nystad, en Finlandia, o 10 de setembro de 1721. Puxo fin á Guerra Nórdica entre Suecia e Rusia. Suecia cedeulle a Rusia Ingria, Estonia, a illa de Ösel, Livonia, Carelia oriental e unha parte de Finlandia, con Viipuri. Supuxo a substitución do poder sueco polo ruso no Mar Báltico.

    VER O DETALLE DO TERMO