Niza, Tratado de

Niza, Tratado de

Tratado de Unión Europea que se celebrou en Niza, adoptado entre os días 7 e 10 de decembro de 2000 e que se firmou o 26 de febreiro de 2001. O seu obxectivo foi adaptar o funcionamento das institucións europeas á incorporación dos novos estados membros. Os principais cambios que introduciu versaban sobre a limitación do tamaño e a composición da Comisión Europea, a extensión do voto por maioría cualificada, a nova ponderación de votos no Consello de Ministros e a flexibilidade do dispositivo das cooperacións reforzadas. Debatéronse outras cuestións de carácter institucional como a simplificación dos tratados e o papel dos parlamentos nacionais. Entrou en vigor o 1 de febreiro de 2003.

Palabras veciñas

nixo | Nixon, Richard Milhous | Niza | Niza, Tratado de | Niza, Tregua de | nizām* | Nizāmābād