"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • GALICIA

    Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Obtivo catro veces o campionato de Europa e un título mundial en 200 m costas en 1991 en Perth, e outro en 1994, en 100 m costas, en Roma. Gañou a medalla de ouro na especialidade de 200 m costas nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 e recibiu a Gran Cruz del Mérito Deportivo (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no land de Slesvig-Holstein, Alemaña (213.326 h [2000]). Situada no esteiro do Trave, é porto fluvial. Fundada e 1143 por Adolfo II, conde de Holstein, en 1158 foi cedida a Enrique de León, quen lle outorgou unha carta de dereitos comúns. Despois da vitoria de Bornhöved contra os daneses, en 1226 consolidou a súa independencia. No s XIII experimentou un grande apoxeo económico e converteuse en abandeirada da Hansa. En 1866 pasou a formar parte da Confederación de Alemaña do Norte e, en 1868, adheriuse ao Zollverein como cidade libre. En 1937 foi anexada a Prusia, e posteriormente pasou a formar parte de Slesvig-Holstein. Os seus monumentos destruídos polos bombardeos durante a Segunda Guerra Mundial foron restaurados e destacan a catedral, de estilo románico (1173-1247), e dúas igrexas do s XIII, Marienkirche e Jakobikirche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Sector do Mar Báltico, situado en Alemaña, que corresponde ao extremo sudoccidental do golfo de Mecklenburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (25.115 km2; 2.232.054 h [estim 2000]). A súa capital é Lublin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e administrador colonial francés. Iniciou a súa carreira no N de África, onde foi nomeado comandante. De 1894 a 1902 foi enviado a Indochina e a Madagascar. Nomeado xeneral, en 1903 foi destinado a Alxeria e dirixiu a pacificación. Despois dos feitos sanguentos de Fez de 1912, foi nomeado residente xeral en Marrocos onde pacificou a poboación e gañou a confianza dos indíxenas ao mellorar o seu nivel de vida e ao apoiarse nas súas elites que se converteron en axentes coloniais. Nomeado ministro de Guerra (1916) dimitiu ao ano seguinte e volveu a Marrocos. Mariscal de Francia (1921), dimitiu do cargo en 1925 cando recibiu o mando das tropas que combatían Abd el-Krim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na oblast’ de Moscova, Rusia (166.000 h [1997]). Situada a 19 km da capital, ten fábricas de maquinaria agrícola e unha fábrica experimental de perforadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico xeorxiano. Nacionalizado estadounidense, foi un director innovador que participou do realismo e do expresionismo. Dirixiu Dr. Jeckyll and Mr. Hyde (1931), Becky Sharp (1935, primeiro filme en cor premiado en Venecia), Golden Boy (1939), The Mark of Zorro (1940) e Silk Stockings (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída entre finais do s XII e comezos do s XIII, conta cunha nave de planta rectangular, muros de pequenos perpiaños e cuberta a dúas augas cun tellado de tella. A fachada presenta unha portada abucinada con tres arquivoltas de medio punto que se apoian en columnas con capiteis cúbicos. A espadana conta con dous vans e está rematada por un frontón con óculo. No interior consérvanse retablos con imaxes e pinturas murais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Destacou polo anecdotismo histórico e o retrato e foi o primeiro restaurador do Museo del Prado (1889). Foi premiado polos óleos Educació del príncep don Joan (1878) e Doña Inés de Castro (1887), e tamén destacan La tornada del torneig e Guzmán el Bueno. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1891). O seu fillo Enrique Martínez-Cubells y Ruiz (Madrid 1876-Málaga 1947), cultivou o naturalismo simbólico e temas mariños. Pintou Trabajo, descanso, familia (1904) e Vuelta de la pesca (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Timor Oriental ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Timor Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Mazaricos, incluído dentro dun conxunto funerario formado por catro mámoas, coñecidas tamén como dolmens de Corveira, escavado entre 1977 e 1984. Este dolmen, o de maior importancia da necrópole, está composto por unha cámara poligonal sen tampa, da que só se conservan as laxes do lado N e un corredor curto con cuberta. Consérvase parte do túmulo e da primitiva coiraza. Os achados máis importantes do xacemento foron catro estelas antropomórficas e varios ídolos (un deles presenta decoración) localizados na fronte do corredor, na periferia do túmulo, e un enxoval composto por fragmentos de cerámica campaniforme, láminas de sílex, unha aixada, unha punta de frecha e unha aixola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Fundou as terciarias franciscanas da Virxe do Divino Pastor, chamadas vulgarmente da Divina Pastora. En 1850 entrou en Ripoll, no instituto que acababan de fundar as terciarias capuchinas da Divina Pastora, do que foi a primeira superiora. En 1872 abandonou o cargo   para fundar un de seu, e pasou o resto da súa vida en Madrid e Fuencarral. En 1996 foi beatificada por Xoán Paulo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar entre o Rei Silo (774-783) e un grupo de nobres galegos, en Montecubeiro, no actual concello de Castroverde. A vitoria de Silo tivo como consecuencia o sometemento ao seu dominio da parte oriental da actual provincia de Lugo, aínda que sen que se establecesen vínculos sólidos coa monarquía astur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático. Foi embaixador de España en Israel (1996) e representante especial da UE para o proceso da paz do Próximo Oriente (1996-2003). Foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 2004. Escribiu European Union-Middle East: Developing Societies for Peace: distinguished Lecture (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos multituberculados.

    2. Mamífero fósil da orde dos multituberculados.

    3. Orde de mamíferos fósiles que se caracterizaban por posuír grandes incisivos e un diastema que lles ocupaba o lugar dos caninos e parte dos premolares; os dentes maxilares presentaban dúas fileiras de tubérculos en disposición lonxitudinal. Viviron do Triásico Superior ata o Eoceno Inferior, en Eurasia e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Descubriu o enzima carboxilase (1911) e investigou sobre os catabolismos, tanto respiratorios coma fermentativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Agregado de diminutas gotas de auga ou de partículas de xeo que están suspendidas no aire. Cando o aire atmosférico cargado de vapor de auga se arrefría ata acadar o denominado punto de rosada, fórmanse a miúdo os núcleos de condensación, que son as gotas de auga que constitúen a nube. O arrefriamento que provoca a formación de nubes está asociado case sempre aos movementos ascendentes do aire. A masa de aire cargada de vapor sobe as capas atmosféricas superiores, onde a presión é menor, o que provoca a expansión da masa e o conseguinte arrefriamento (precipitación). A cor das nubes depende das partículas que as compoñen. As nubes pódense clasificar segundo o seu aspecto exterior, en xéneros, cada un deles designado por un nome latino e unha abreviatura, como é o caso de cirrus (Ci). Cada un destes xéneros pódese presentar en diferentes especies, que se distinguen polas particularidades da súa estrutura; segundo a súa transparencia en variedades;...

      2. Masa compacta de fume, gas, po ou partículas semellantes en forma de nube.

    1. Conxunto numeroso de persoas, animais ou cousas.

    2. Mancha abrancazada que se forma no ollo ou na capa exterior da córnea.

    3. Aquilo que escurece ou enturba a visión ou que altera a serenidade e a capacidade de concentración dunha persoa.

    4. Gran bóla incandescente de gas, po e vapor de auga, que é expulsada na erupción dun volcán, e que rola pola ladeira do volcán a velocidades superiores aos 150 km/h.

    5. Fumareda espesa que se obtén, ou ben queimando materiais vexetais mollados con combustibles líquidos pesados, ou ben por expansión de gases fumíxenos, e que protexe as plantas das xeadas, especialmente primaverais.

      1. Conxunto de electróns dun átomo, que xiran arredor do núcleo seguindo órbitas distintas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO