"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cantal, Auvernia, Francia (30.773 h [1990]. Situada nos contrafortes do macizo de Cantal, trátase dun pequeno núcleo industrial dedicado fundamentalmente á fabricación de mobles, zapatos e paraugas. Antiga capital da Alta Auvernia, medrou a partir do mosteiro bieito de Saint-Geraud, fundado arredor do ano 894 por Xerardo, señor de Aurillac, que adoptou a reforma de Cluny. Nese mosteiro foi monxe, entre outros, Xerberto, futuro Papa Silvestre II. En 1298 o abade cedeu ao municipio todos os dereitos que posuía sobre a vila. Convertida en colexiata secular (1562), a abadía foi incendiada e destruída polos hugonotes en 1569. O derradeiro abade foi elixido en 1752.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente de fórmula AuO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reloce como o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro afeccionado creado en Moaña por Pedro Pablo Riobó Sanluís. En 1983 estreou Dos arquivos do trasno, espectáculo creado a partir de textos de Rafael Dieste. Dende aquela, leva realizado máis dunha ducia de espectáculos, representados por toda a provincia de Pontevedra; entre eles, destacan A gata sobre o tellado de zinc quente (1994), a partir do texto homónimo de Tennessee Williams e Nai coraxe e os seus fillos (1996), sobre a peza de Bertold Brecht. Amais do labor de dinamización sociocultural que a súa actividade leva aparellada, este colectivo ten contribuído á creación de públicos, á formación de espectadores e á promoción de novos actores como Marcos Vieitez ou Salvador del Río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante amarelo do grupo do trifenilmetano. Emprégase como indicador en alcalimetría e cambia de cor entre pH 6,8 (amarelo) e 8,2 (vermello).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Auriñacense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo lítico do Paleolítico superior localizado en Europa e Asia. A definición deste termo é a historia dun complicado debate entre prehistoriadores. Foi identificado por Breuil en 1906 como cultura situada entre o Musteriense e o Solutrense, desenvolvida en tres fases (inferior, media e superior). En 1933 Peyrony identificou dúas diferentes tradicións para o Paleolítico superior inicial, reservando o termo Auriñacense para a fase media de Breuil, denominando Perigordense á inferior e superior. Este Auriñacense, que pasa a denominarse Auriñacense típico, espállase dende Próximo Oriente a Europa e foi dividido en seis fases. A súa orixe situouse tanto en Próximo Oriente como en Europa, convivindo en tempo e espazo coa tradición perigordense. Os partidarios do polixenismo cren que se orixina en diferentes sitios, simultaneamente, dende tradicións musterenses anteriores. Outros consideran que as diferentes industrias do Paleolítico superior inicial non responden a diferencias culturais,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aurinos.

    2. Individuo dunha tribo prerromana dos cántabros, establecida ao L do río Nansa, Castela. Parece que foi un grupo celta infiltrado nesta comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso e acróbata de grande éxito internacional. Actor de carácter romántico, cultivou a comicidade acrobática pura. Creou o tipo de pallaso con vestido cadrado e bonete de cascabeis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, guionista e realizador de curtametraxes, foi o fundador da Revue du Cinéma, publicación na que editaba críticas e artigos sobre o cine francés e internacional dos anos corenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Foi deputado (1914) e secretario xeral (1914-1936) da Section Française de l’Internationale Ouvrière (Sección Francesa da Internacional Obreira, SFIO). Ministro de Finanzas do goberno de Léon Blum (1936-1937), de Xustiza do goberno de Chautemps (1937-1938) e de Estado do segundo gabinete Blum (1938). Negou os plenos poderes ao mariscal Pétain (1940), quen o encarcerou. Evadido, uniuse á Resistencia (1943). Foi ministro de Estado no gabinete de De Gaulle (1945), Presidente das asembleas constituínte (1945) e nacional (1946) e primeiro Presidente da IV República (1947-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Foi un dos divulgadores do Helenismo na Italia prerrenacentista ao introducir manuscritos de Platón, Xenofonte e Píndaro, entre outros, que levara de Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento polo que unha empresa asegura os propios riscos, mediante a constitución dunhas reservas que lle permiten atender os posibles eventuais sinistros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de cuarzo ou feldespato con finas láminas de hematita ou doutros minerais que lle dan reflexos avermellados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filólogo e compositor. Das súas obras cabe destacar: Morfología vasca, Euskalerriaren Yakintza (Literatura popular do País Vasco) e Dicionario vasco-francés-español. Editou un Cancionero popular vasco. Escribiu tamén óperas e zarzuelas. É un dos vangardistas do renacemento cultural vasco do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (París 1924) Cantante, compositor e actor de cine, de orixe armenia, coñecido como Charles Aznavour. No ano 1941 comezou a carreira de compositor. As súas cancións foron interpretadas por Edith Piaf e Juliette Gréco. Entre elas destacan: “Je haïs les dimanches”, “Jézabel”, “Sur ma vie”, “Parce que”, “Venecia sin ti” e “Et Pourtant”. Debutou como autor, compositor e intérprete no ano 1955. Actuou en varias películas como Taxi pour Tobrouk (Taxi para Tobrouk, 1960), Tempo di Roma (O tempo de Roma, 1962), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia aumentada nos ouriños de produtos de excreción nitroxenada renal, fundamentalmente urea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ioláceo, denegrido a causa do frío ou por algunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu3(OH)2(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos. Ten exfoliación perfecta, dureza 3,5-4 e peso específico 3,77. Encóntrase asociada con outros minerais cupríferos, en Barraburra (Australia), Tsumeb (Namibia) e Arizona. En Galicia é moi escasa e aparece en forma de costras asociadas aos filóns de blendas e galenas de Riotorto e aos de siderita e calcopirita de A Pontenova. Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, úsansen a fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO