"andi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 305.
-
PERSOEIRO
Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral occidental da parroquia de Beluso, no concello de Bueu, situada ao N da boca da ría de Aldán e ao S do Cabo Udra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
REXIÓNS
Rexión do N de Europa que, nun sentido físico, inclúe a Península Escandinava, situada entre o Océano Atlántico, ao O, o Océano Glacial Ártico, ao N, e o Mar Báltico, ao L; que se estende ao longo duns 1.800 km desde o Cabo Norte, no Ártico, ata os estreitos dinamarqueses. A península ocupa unha extensión duns 770.000 km2, divididos entre o territorio de Noruega, Suecia e Finlandia. A súa poboación é duns 13.500.000 h (estim 2000). Desde o punto de vista lingüístico, cultural, histórico e socioeconómico inclúese tamén na denominación de Escandinavia a Dinamarca, Islandia e a totalidade de Finlandia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Península Escandinava comprende a maior parte do antigo escudo báltico, un bloque de materiais cristalinos, eruptivos e metamórficos, que sufriron primeiro os dobramentos caledonianos e despois, unha vez aplanados e erosionados, os dobramentos terciarios, que deron orixe aos Alpes Escandinavos. Esta cadea montañosa, que percorre a península... -
-
-
Relativo ou pertencente a Escandinavia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Escandinavia.
-
-
Aplícase á arte, literatura, música e linguas pertencentes á rama setentrional das linguas xermánicas; isto é: dinamarqués, feroés, islandés, noruegués e sueco, propias dos países escandinavos.
-
Pobo xermánico que se estableceu na Península Escandinava, en Islandia, en Xutlandia e nas illas que forman parte do territorio de Suecia, Noruega e Dinamarca na actualidade. Situáronse nestes territorios a partir do s II segundo as inscricións rúnicas.
-
Linguas nórdicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento metálico pertencente ao grupo III B da táboa periódica, de número atómico 21, masa atómica 44,9, cor gris clara e estado de oxidación +3. Ao expolo ao aire, desenvolve unha capa amarelada ou rosácea. Localízase cristalizado no sistema hexagonal compacto. É un elemento máis abundante no Sol (lugar vintetrés) ca na Terra (lugar cincuenta). En 1871, D. I. Mendelejev predixo a súa existencia -denominándoo eka-boro- e, oito anos despois, Nilson e Cleve illárono da gadolinio mineral localizada en Ytterby (Suecia). O principal mineral do que se extrae é a thortveitita, que se localiza en Noruega e Madagascar. O metal obtense pola acción simultánea do cloro e do carbono a 800°C sobre o mineral e ao disolver os cloruros formados en auga, que se separan ao pasaren a través de resinas intercambiadoras de ións.
-
-
Pronunciar un verso marcando de forma distinta os pés que o compoñen.
-
Falar descompoñendo as palabras en sílabas que se pronuncian separadamente. É un trastorno que se manifesta en enfermidades neurolóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torcerse o espiñazo dunha persoa cara adiante.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que algo, especialmente un fluído, aumente de volume ou se dilate.
-
Facer que algo se estenda e ocupe máis espacio.
-
Facer que algo chegue a máis xente ou a máis lugares.
-
Aumentar de volume algo, especialmente un fluído.
-
Ir a máis ou ocupar algo máis espacio.
-
Chegar algo a máis xente ou a máis lugares.
-
Desafogarse alguén expresando sentimentos ou pensamentos íntimos.
-
Gozar de distraccións e divertimentos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘burrada’, ‘parvada’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘burro’ e ‘torpe’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas un escudo cortado medio partido: primeiro, en campo de prata, unha torre de pedra, aclarada de sable, arrimada dunha espada, da súa cor, no flanco destro, coa punta achegada á porta da torre, e a súa empuñadura, ao cantón destro do xefe; segundo, en campo de prata, catro faixas ondeadas de azul; terceiro, en campo de prata, seis roeis de azul, postos en dous paos (armas dos Castro).
-
GALICIA
Realizador de televisión. Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo, xefe de realización e edición de informativos e deportes da TVG e coordinador do departamento creativo de deseño gráfico da TVG. Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (1995) e doutorouse en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid (2000). Ademais da realización de diferentes eventos electorais, informativos, musicais e deportivos, encargouse da produción publicitaria da TVG, da Radio Galega, do grupo R, e da firma de moda Roberto Verino. Galardoado cos premios Op-Art ao mellor programa da TVG por A tumba aberta (1987); TP ao mellor programa musical por A toda máquina (1988); e Agapi á mellor produción de televisión por Chambo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou o pintado e dourado do baldaquino do altar maior do mosteiro de Santa María de Oseira (1690).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e militante anarcosindicalista. Secretario dunha Federación Local de Sindicatos (CNT) en Santiago o 18 de xullo de 1936, artellou a resistencia dos obreiros coruñeses. Trala derrota, fuxiu dende Muros cara a Francia e dende alí retornou á zona republicana e converteuse no artífice da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, radicada en València. Estivo exiliado en Francia e nos anos sesenta defendeu na Coruña a volta da CNT, sindicato no que militou ata a súa morte nos anos noventa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo e militante anarcosindicalista. No ano 1946 formou parte do Comité da CRG na clandestinidade; detido trala desarticulación do comité en 1947 pasou varios anos na cadea. Liberado a comezos dos anos 50, morreu pouco despois a causa dos malos tratos sufridos na prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e militante anarcosindicalista. Foi un dos responsables, xunto con Ezequiel Rey, da masiva afiliación a partir de 1919 das sociedades de oficio santiaguesas á CNT e da conformación da Federación Local de Sindicatos. Asumiu a secretaría da CRG-CNT entre 1925 e 1930. Durante a Segunda República foi secretario liberado pola Federación Regional de Industria Pesquera, domiciliada en Vigo, cargo que exerceu durante todo período. Agochado no seu domicilio compostelán entre 1936 e 1945, retornou á militancia cenetista e, un ano máis tarde, volveu aceptar o cargo de secretario da CRG. Detido en 1947, pasou cinco anos na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO