"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Pequena comida en forma de entrante que se toma acompañando unha bebida e, en xeral, antes do xantar.

    2. Instrumento que se emprega para manter a boca aberta e así facilitar a súa observación ou intervención cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada no 1779 polo duque de Landes. Comprende unha sección de ciencias e outra de artes. Dispón dunha importante biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia imperial fundada polo Emperador chinés Xuanzong da dinastía Tang (740). Perdurou ata o afundimento do réxime imperial (1911). Tivo importancia nos eidos da lingua, a literatura e as artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar o cambón no carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldea do Bierzo no Camiño Francés a Santiago, entre Manxarín e Riego de Ambrós.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta áspero ao padal.

    2. Que resulta cruel ou doloroso.

    3. Que é unha persoa caracterizada polo seu ton incisivo ou falto de amabilidade.

    4. iño que presenta unha elevada acidez fixa, resultando amargo e áspero ao gusto. Aplícase aos viños verdes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar un terreo liso ou chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparado máis ou menos líquido ou espeso composto por algúns condimentos, herbas aromáticas, aceite, viño e/ou vinagre, que serve para condimentar e conservar as carnes e os peixes. Reciben tamén esta denominación algúns alimentos tratados cun adobo, como o raxo do porco.

    2. Conxunto de operacións para adobar peles.

      1. Ingrediente empregado para adobar as peles.

      2. adobo con aceite

        Adobo con aceite de peixe, empregado principalmente para adobar as peles denominadas rebezos.

      3. adobo con aldehidos

        Adobo con aldehidos, como son o formaldehido, o aldehido glutárico, o amidón-dialdehido e outros.

      4. adobo mineral

        Adobo con substancias minerais. Os máis importantes son os sales básicos de cromo, para realizar o adobo con cromo.

      5. adobo sintético

        Adobo con taninos sintéticos. Son un complemento moi importante dos taninos naturais e minerais.

      6. adobo vexetal

        Adobo con taninos vexetais procedentes de madeiras, follas ou cortizas de moitas especies vexetais, como por exemplo o castiñeiro, a mimosa, o carballo, o piñeiro, o verniz do Xapón e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador da escola galego-portuguesa que desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do século XIII. Xa ninguén acepta a súa identificación co tamén trobador Afonso Fernandez Cubel, pois investigacións máis recentes ven nel a un nobre sevillano pertencente á familia dos Cebollilla; máis concretamente sería fillo de Hernán Cebollilla. Acompañou a Afonso Perez de Guzmán no último cuarto do s XIII no seu exilio africano. Frecuentou as Cortes de Afonso X e a do seu fillo Sancho IV, onde contactou con trobadores como Gonçal’ Eanes do Vinhal, Airas Nunez, Pai Gomez Charinho, entre outros. O da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmitiron baixo o seu nome dúas cantigas de amor, “Senhor fremosa, des quando vus vy” (na que se emprega o esquema métrico-rimático abbaacca, un dos máis practicados polos trobadores galego-portugueses) e “Muy gram sabor avedes, mha senhor”. Ademais, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúelle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e León (999-1028). Neto por parte de nai de García I de Castela e fillo de Vermudo II (Vermudo), herdou o seu trono no 999 con só cinco anos de idade. Durante a súa minoría foi criado pola súa nai, dona Elvira, e o conde galego Menendo González, ao que se opuxo o conde de Castela Sancho García, desexoso da tutela do neno rei, que de facto, implicaba detentar a rexencia; os enfrontamentos polo poder entrambos condes, sumados aos ataques de Abd al-Malik Yusuf al-Muzaffar, conformaron un período inestable que remataría coa decisión da súa nai de proclamar a maioría de idade do rei á morte de Menendo González, no inverno do 1007 ao 1008, e coa morte de Abd al-Malik no mesmo 1008. Durante o período de rexencia e os primeiros tempos do reinado de Afonso V, os anos do cambio de milenio, Galicia viviu un período de inseguridade no que aos conflitos entre os reinos cristiáns da Península Ibérica se sumaron as razzias de Almanzor que tomou Compostela pola forza, e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político sudafricano fundado en 1879 na colonia do Cabo por S. J. du Toit. Propugnaba a creación dunha federación sudafricana. En 1910 uniuse a outros partidos sudafricanos para formar o South African Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de gaitas fundada en Catabois (Ferrol) cara ao 1977 como Escola de Gaitas polo gaiteiro Manuel López Vergara. Dende o ano 1982 pasou a dirixila o gaiteiro Manuel García Pereira Lolete. Desta escola e banda saíron varias xeracións de gaiteiros e percusionistas de valía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa do Marfil (3.850 km2; 203.730 h [1988]). Ocupa unha superficie de altitudes inferiores aos 200 m, próxima ao litoral do Golfo de Guinea. Cultivos forestais (madeiras preciosas) e de plantación (cacao, café, plátano). A capital, Agboville (26.914 h [1988]), ao NO da capital do estado, Abidjan, está situada no ferrocarril entre esta cidade e Ouagadougou (Burkina Faso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Negrelos, concello de Rodeiro (681 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1975 en Esteiro (Muros) por Xosé Agrelo Hermo. Tentaba promover o uso da lingua galega no ensino e na sociedade e a defensa de propostas alternativas no tempo libre para os cativos. Entre os seus espectáculos atopamos desde un Auto dos Reis Magos (1975) ata Os vellos non deben de namorarse (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e arqueólogo castelán, marqués de Cerralbo. No ano 1890 foi nomeado delegado do pretendente ao trono de España Carlos VII, dirixindo o Partido Carlista ata 1899. O sucesor de Carlos, Xaime, fíxoo Presidente da Xunta Central Carlista (1912-1918). Realizou escavacións arqueolóxicas, creando coas súas coleccións o Museo Cerralbo de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa índica da República Sudafricana, que é o extremo meridional do continente africano.

    VER O DETALLE DO TERMO