"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
GALICIA
Atleta. Especializado nas carreiras de fondo, participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, Barcelona 1992 e Atlanta 1996. Proclamouse campión de Europa de campo a través coa selección española en 2001 e subcampión en 1995. En 1997 debutou en maratón, proba na que ostentou provisionalmente a mellor marca de Europa. En 2002 formou parte do equipo español vencedor na Copa de Europa de Maratón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Maruja Mallo, viviu en diferentes vilas por mor da profesión do seu pai, administrador de aduanas. En Avilés comezou a súa formación artística e aprendeu, entre outras técnicas, o dominio do debuxo ao lapis. En 1922 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a Salvador Dalí que a introduciu no círculo artístico da Residencia de Estudiantes, onde se relacionou con F. García Lorca e L. Buñuel, cos que participou na Cofradía de la Perdiz. Xunto coa poetisa Concha Méndez introduciuse na vida cultural madrileña, asistiu a parladoiros e coñeceu, da man do seu irmán Xusto, a Benjamín Palencia. Durante a súa etapa de aprendizaxe realizou retratos tradicionais e participou en diversos certames colectivos. Completou a súa formación coas clases de debuxo de Julio Moisés. Na Exposición de Arte Galega de Santiago participou coas obras Retrato, Montserrat e Cabeza (en 1924) e con paisaxes...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Cristino Mallo, formouse en Madrid na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1922-1927) e na Escuela de Artes e Oficios, onde foi discípulo de M. Blay e J. Capuz. Foi profesor de artes e oficios nas escolas de Salamanca e Madrid. Durante os seus anos de estudo asistiu aos parladoiros de La Granja del Henar, onde coñeceu a Unamuno, García Lorca, Valle Inclán e Ortega y Gasset. Militou na Alianza de Intelectuales Antifascistas e colaborou durante a Guerra Civil en publicacións de esquerda; trala contenda estivo oito meses no cárcere. En 1947 foi un dos artistas seleccionados no Salón de los Once de Eugeni d’Ors e realizou a súa primeira mostra individual en Madrid. Participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e da Bienal Hispanoamericana e representou a España na Bienal de Venecia de 1954 e 1956. A súa obra adscríbese ao realismo neohumanista. Traballou principalmente o bronce, tanto relevo como vulto redondo. Realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo desde 1980. Ingresou na orde franciscana en 1948. Na provincia franciscana de Santiago foi vicerrector e reitor do colexio franciscano, e prefecto provincial de formación. Foi delegado episcopal de relixiosos na arquidiocese de Santiago. Consagrado bispo de Lugo (1980), converteuse no primeiro bispo nomeado a partir do acordo entre o goberno español e a Santa Sé (1976), pola que se derrogou a intervención da administración española no nomeamento de bispos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Durante a Guerra Civil dirixiu o voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Libre. Publicou varios libros de poemas e colaborou en diversas revistas literarias (1955-1977). O seu poemario Posío (1956) acadou o Premio de Poesía Galicia en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Cultivou a novela realista cunha gran perfección de estilo. En Oblomov (1847-1859) o protagonista representa a decadencia do terratenente, e en Obryr (O precipicio, 1869) xa aparecen as novas ideas do progresismo e nihilismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido patronímico procedente do nome persoal Gonzalo, de orixe visigoda. Ten orixe, á súa vez, no xermánico Gundisalvus ‘que socorre na batalla’, latinizado en Gonsalvus.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata en chamas. Algúns traen, en campo de prata, dous roeis de goles; bordo de prata, con catro leóns de goles, un en cada cantón.
-
-
PERSOEIRO
Cineasta. Estudiou xornalismo e náutica. En 1976 fundou o grupo Deza Cine Galego, no que traballou como produtor, guionista e director nunha serie de curtametraxes en formato Súper-8. O seu primeiro traballo foi Camba e Dozón (1976). Outras producións súas foron O consello de compadre (1977), O Santuario de Faro (1977), Antroido en Brandariz (1978), Loita e Lalín (1978), O campo galego (1979), Cantigas de emigración (1980), Fiadeiras de Zobra (1981) e O aparato (1982). Por outra banda, publicou varios libros sobre a súa comarca e foi o coordinador dos volumes Lalín cen anos en fotos I (1999) e Lalín cen anos en fotos II (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e investigador cinematográfico. Licenciado en Psicoloxía, participou na formación de varios cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Entre 1979 e 1982 foi director do I.F.P Allariz, onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a televisión autonómica. Así mesmo, levou a cabo numerosos traballos de investigación no terreo da historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América. Tamén escribiu numerosos artigos e o libro Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Económicas pola Universidad de Madrid, foi director financeiro da empresa Manuel Rey e Hijos de Vigo. En 1979 foi presidente do PSOE en Galicia e participou na comisión que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado do Parlamento de Galicia polo PSOE na I e II lexislaturas (1981-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Encargouse da dirección provincial do SERGAS entre 1991-1993. Foi concelleiro e alcalde de Mos, polo Partido Popular, e deputado por Pontevedra ao Parlamento de Galicia na V lexislatura (1997-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Foi concelleira de Vigo polo terzo familiar en 1971 e alcaldesa a mediados de 1978. Ingresou na UCD en 1979 e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II (1985-1989) por Coalición Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Xogador do Real Madrid Club de Fútbol, debutou co primeiro equipo en 1994. Gañou 4 ligas, 3 Copas de Europa, 1 Supercopa de Europa, 3 Supercopas de España e 2 Copas Intercontinentais. Máximo goleador da selección, conseguiu 31 goles en 59 partidos. Foi Trofeo Pichichi e gañador da Bota de bronce Europea na tempada 1998-1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Miguel Bosé, ao longo da súa traxectoria compaxinou a canción coa carreira cinematográfica. Da súa discografía destaca Linda (1977), Bandido (1984), Salamandra (1986), Los chicos no lloran (1990), Bajo el signo de Caín (1993), Amante bandido (1993), 11 maneras de ponerse el sombrero (1998), Girados (2001) e Sereno (2002). Entre outras películas, participou en Retrato de familia (1976), Lo más natural (1990), Tacones lejanos (1991), Felpudo maldito (1994), Libertarias (1994) e La mirada del otro (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Afiliado ao progresismo radical, fundou o diario satírico El Guirigay, no que escribía baixo o pseudónimo de Ibrahim Clarete. Deputado en Cortes (1841), opúxose á rexencia de B. Espartero e participou activamente nas revoltas de Barcelona (1842) e Torrejón de Ardoz (1843). Tras acceder á xefatura do goberno moderado (1843-1844), iniciou unha política de corte autoritario, polo que foi destituído en abril de 1844. Nomeado embaixador en Portugal (1844-1846) e posteriormente ministro da Gobernación (1866-1868) do gabinete de R. M. Narváez, fíxose cargo da presidencia do goberno trala morte do xefe de gabinete (abril de 1868). Exiliado a Biarritz trala revolución de setembro, adheriuse ao carlismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luís González López.
-
PERSOEIRO
Escritor. Colaborou en diversas publicacións e publicou Campanas en la tarde (1922), Fernando Fader (1943), Libro de canciones de Rosalía de Castro (1954), El ángel harapiento (1937), Tiempo de amor perdido (1940), Sólo en el tiempo (1943), Canciones de la primera noche (1946) e as póstumas El río que no vuelve (1959), La estrellita de Troley (1968) e Cornamusa (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Comunidades Europeas na Escola Diplomática. Director de Ibisa Televisión SL, escribiu, entre outros guións, El bosque de piedra (1996), O sal da terra: unha historia do sindicalismo galego (1997) e Los secretos del camino (1999). Obtivo o Premio de Novela Blanco Amor (1990), coa novela Riosil, e o Premio Galicia de Comunicación (1991).
VER O DETALLE DO TERMO