"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gornecer ou adornar con chapas.

    2. Cubrir cunha capa dun metal precioso.

    3. Comer con avidez algunha cousa.

    4. Atrapar algunha cousa no aire coa boca.

    5. Estudiar algo de xeito memorístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo da orde dos perciformes. Duns 40 cm de lonxitude, presenta corpo alto e comprimido lateralmente, aletas ventrais negras, e nos lados bandas azuis e douradas. Posúe unha mancha negra moi grande na parte posterior da cabeza, dende a liña dorsal ata o ángulo do opérculo, e outra na base do pedúnculo caudal. É unha especie hermafrodita e omnívora, común no Atlántico tropical ata o Golfo de Bizkaia e no Mediterráneo; vive na zona litoral costeira sobre fondos rochosos e nos portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo oval e comprimido que acada os 50 cm de lonxitude. Ten unha cor azulada ou parda con liñas lonxitudinais sinuosas de cor castaña, unha soa aleta dorsal e a aleta caudal escotada, cabeza deprimida por riba dos ollos e dentes pequenos e afiados agrupados na parte dianteira do fociño. É unha especie omnívora, aliméntase tanto de crustáceos como de algas, e vive no litoral rochoso galego en grupos numerosos que se localizan entre os 15 e os 20 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres faixas de ouro, perfiladas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia moi intensa pero de curta duración, que comeza e remata subitamente, acompañada de fortes refachos de vento.

    2. Lugar poboado de chaparros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación leñosa constituída fundamentalmente por arbustos xerófilos, de aspecto semellante aos maquis mediterráneos, propia das vertentes secas de California.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Azouta de pouca intensidade dada coa palma da man nas nádegas dun rapaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta do xénero Quercus de folla perenne. Polas adversas condicións onde medra (por sufrir un substrato, unha climatoloxía pouco favorable ou o castigo dos herbívoros) presenta un porte arbustivo en vez do de árbore que potencialmente podería desenvolver.

    2. Aplícase a calquera arbusto ou árbore pequena.

    3. Aplícase a unha persoa ou animal gordo e de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación breve e intensa de chuvia ou saraiba propia das treboadas primaverais, orixinadas por movementos convectivos das masas de aire, que se repiten durante varios días. SIN: balloada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario humorístico que se publicou dende xaneiro de 1901 ata finais do mesmo ano en Betanzos. Nun principio editouse na imprenta dos Sucesores de Castañeira, e logo pasou aos obradoiros gráficos da Viúva de Abad. O avogado César Sánchez Díaz formaba parte da redacción. Este semanario era moi coñecido na vila, xa que o seu suposto servizo telegráfico facíase cargo de difundir os posibles noivados do lugar, así como de dar avisos, normalmente sarcásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lorcha negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co chapeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boina grande, redonda e sen alas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de san Fausto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. De formación autodidacta, comezou a expoñer en Vigo no ano 1971. Na súa produción pitórica, en óleo ou acuarela, interesouse pola temática da vida cotiá: paisaxes campestres (Vista do delta do Miño), motivos mariñeiros (Mariscadoras na Ría), e a relixiosidade popular a través das escenas de romarías ou retratos de santos e de familiares (Tarde de merenda). No eido escultórico destaca o seu interese polo tratamento da figura humana en diferentes soportes como a madeira, o barro ou a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Presidente do PP local de Cangas e vicepresidente do mesmo partido na comarca de Pontevedra, foi alcalde de Cangas entre 1991 e 1995, e representante popular no concello dende 1987 ata 1999. Entre 1990 e 1991 foi parlamentario popular e membro da comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego. Deputado provincial na Deputación de Pontevedra entre 1991 e 1996, formou parte da comisión de economía. Foi senador na VI lexislatura (1996-2000) e deputado no Congreso de los Diputados dende o ano 2000; forma parte das comisións de administracións públicas, de medio ambiente e do estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedad Deportiva Chapela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carga pequena dun carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi un dos fundadores da Académie Française. Da súa produción destacan os seus traballos de crítica literaria como Sentiments de l’Académie sur le Cid (Sentimentos da Academia sobre o Cid, 1635) e o poema épico La pucelle (A doncela, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO