"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Xurista e político. Foi alcalde de Ortigueira (1969-1979) e ingresou en Alianza Popular en 1980. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985), conselleiro de Xustiza con X. Fernández Albor, director xeral de Administración Local (1982-1983), director xeral de Xustiza e Gobernación (1983-1986) e director xeral de Xustiza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, perenne, de follas pinnaticompostas, con folíolos festonados ou incisos, de flores apétalas, verdosas ou pardas, agrupadas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Florece entre maio e setembro.

    2. Planta herbácea, perenne, de 20 a 100 cm de altura, de follas pinnaticompostas, e con flores purpúreas, xuntas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Dáse en prados de sega, nos Pireneos e nas zonas húmidas de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á glándula pineal.

    2. Que ten forma de piña.

    3. Órgano de función non ben coñecida, situado na cara dorsal da segunda porción do encéfalo dos vertebrados, chamada diencéfalo. Nos ciclóstomos, a epífise adquire o carácter dun ollo, sobre todo cando se atopa no estado larvario. En determinados grupos de réptiles, como os rincocéfalos e outros xa extinguidos, a epífise ten unha conexión evidente co terceiro ollo ou ollo pineal, de carácter estritamente fotorreceptor, pois non capta imaxes. Nas aves, a epífise adquire un carácter endócrino. A función da epífise nos mamíferos de reprodución estacional consiste en sincronizar a súa actividade sexual co fotoperíodo. OBS: Tamén se denomina epífise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve na glándula pineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (21.074 h [2001]). A agricultura, en regresión ante a urbanización turística, é de regadío, onde destacan os produtos hortícolas (amorodos, patacas e legumes). No apartado industrial destaca o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Heroína. De talante liberal, na súa casa apareceu unha bandeira coa lenda “Lei, Liberdade e Igualdade” foi detida e acusada de ser partícipe dunha conspiración liberal. Condeada en Granada ao cárcere, a Corte ditou unha sentenza de morte e morreu no garrote no Campo del Triunfo. Converteuse en líder da causa liberal e inspirou romances, lendas e cancións, así como unha obra de teatro de Federico García Lorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Armesto e Guilfrei (Becerreá). O seu cumio acada os 953 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae como armas en campo de goles, cinco piñas de ouro colocadas en aspa. Outra variante trae escudo partido, primeira partición en campo de ouro, unha aguia de sable, e segunda partición, en campo de azul, unha cruz floreteada de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sandiás baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Baralla. Ten planta en forma de L, con muros de cantaría. No patio sitúase unha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. A torre é cadrada e ten tres andares: o primeiro é cego, o segundo ten unha gran ventá cadrada e o terceiro dúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón. Formado por ermitáns, o conde Fernando de Traba incorporouno a Montederramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplica situado en Sarria, baixo a advocación da Virxe, san Xoán Bautista, san Miguel, san Mamede, santa Cristina e santa Uxía. O documento máis antigo que se conserva é unha doazón de 951. Desde 1011, baixo o mando da abadesa Fernanda, pasou a denominarse de San Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO