"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Estado de Asia central que limita ao N con Kazakhstán, con China ao SL, con Taxikistán ao O, e ao S e ao O con Uzbekistán (199.900 km2; 4.968.000 h [estim 2001]). A súa capital é Biškek.
    Xeografía física
    País montañoso, máis da metade do territorio encóntrase entre os 1.000 e os 3.000 m de altitude e aproximadamente un tercio a altitudes comprendidas entre os 3.000 e os 4.000 m. No extremo L, na fronteira con China, o pico Pobedy é a máxima altitude do país (7.439 m). Esta rexión atópase no corazón da cordilleira do Tian Shan, de onde, desde China, xorden diversas aliñacións que en dirección O penetran en gran parte do territorio do Kirguizistán. Na fronteira S encóntranse as cordilleiras de Kokšaalatau, Alay e Zaaljek, esta última pertencente a Pamir. A área de neves perpetuas supera os 6.000 km2 e inclúe parte do glaciar de Inchylek. As terras baixas, de grande importancia económica, localízanse no val de Fergana, ao SL,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pobo de raza turánida con mestizaxe mongola que habita en Kirguizistán e na rexión autónoma de Xinjiang, en China. Dedícanse á gandería nómade, aínda que durante o réxime comunista iniciaron un proceso de sedentarización e establecéronse nas granxas estatais.

    2. Lingua do phylum altaico da familia turca que se fala en Kirguizistán e nas Montañas Pamir, na fronteira entre Taxikistán, Afganistán e China.

    3. Relativo ou pertencente aos kirguizos ou á súa lingua.

    4. Individuo do pobo kirguizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kuckädel, Lusacia 1699 - Berlín 1753) Arquitecto alemán. Realizou obras rococós, aínda que recibiu a influencia do clasicismo de A. Palladio e do estilo de Versailles. Federico II de Prusia nomeouno arquitecto da corte. Fixo o palacio Sans-Souci en Postdam (1745-1747), inspirado no Grand Trianon, e a Ópera de Berlín (1741-1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1458? - Nuremberg 1513) Impresor alemán. Cara a 1471 estableceuse en Nuremberg, onde se especializou en obras de teoloxía e filosofía escolástica. Representado nas principais cidades europeas, foi o primeiro en posuír unha organización industrial e comercial importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XIV) Recompilador bizantino. Atribuíronselle, erroneamente, as obras De Officis, tratado sobre as dignidades e cerimonias da corte, e Patria Constantinopoleos, descrición de Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Múnic 1946 - Friburgo 1995) Biólogo alemán. Doutor pola Universidade de Friburgo (1974), estudiou o control xenético da síntese dos anticorpos, que abriron as portas á consecución de anticorpos clonais contra calquera antíxeno. Por estas investigacións recibiu en 1984 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con K. Jerne e C. Milstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Trícala, Tessalia 1879 - Atenas 1936) Militar e político grego. Participou nas Guerras Balcánicas, na Primeira Guerra Mundial e en 1920 trasladouse a Constantinopla. En 1922 contribuíu a que o Rei Constantino I abdicase no seu fillo Xurxo II. Foi deputado, ministro da Guerra e do Interior. En 1926 deu un golpe de estado que derrocou ao xeneral Pangalos. En 1935 arrebatoulle o poder a Tsaldaris, obtivo da Asemblea o regreso do Rei Xurxo II e foi rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán da cidade de Kaliningrad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Debrecen, Hajdú-Bihar 1933) Escritor húngaro. Estudiou na Universidade de Budapest. Xunto ao sociólogo István Szelény preparou o volume Os intelectuais e o poder (1969), polo que foi detido e, posteriormente, expulsado do país. A súa obra ensaística continuou en Antipolítica. Meditacións en Europa Central (1980). É un destacado novelista e, das súas achegas máis importantes, destacan A látogató (O visitante, 1969), A cinkos (O cómplice, 1978) e A városalapító (O fundador de cidades, 1982). En 1991 recibiu o Premio da Paz na Feira de Frankfurt e, desde 1990, foi presidente do PEN Club Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nova York 1918) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Rochester, onde se graduou (1941). Foi profesor nas universidades de Washington e de Standford. Descubriu os mecanismos de síntese biolóxica dos ácidos nucleicos (ARN e ADN), e obtivo en 1961 a síntese do ADN no laboratorio mediante nucleótidos independentes, un enzima e unha molécula do ADN patrón. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con S. Ochoa, polo descubrimento da ADN-polimerase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ust’-Kamenogorsk 1870 - Jekaterinodar, actual Krasnodar 1918) Xeneral ruso. Foi comandante supremo do exército ruso durante a Primeira Guerra Mundial e   intentou o golpe de estado de agosto de 1917. Durante a guerra civil que sucedeu á Revolución de Outubro, dirixiu o exército branco do S de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Žhytomyr 1906 - Moscova 1966) Científico e técnico ucraíno. En 1933 interveu na creación do grupo de estudios GIRD, onde traballou no desenvolvemento do cohete de propergol líquido GIRD-09. Ocupouse tamén dunha gran parte dos proxectos cósmicos da URSS. Foi membro da Academia de Ciencias da URSS e recibiu o Premio Lenin. Deu á URSS os primeiros e máis notables éxitos espaciais. O seu nome, sen embargo, quedou no anonimato ata despois da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vladimir 1854 - Moscova 1900) Neurólogo ruso. Describiu a polineurite de orixe alcohólica que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ellwangen, Baden-Württemberg 1945) Lingüista alemán. Estudiou romanística nas universidades de Göttingen, Montpellier e Tübingen. Dedicou unha longa serie de traballos ao occitano, especialmente de sociolingüística e historia da lingua (Versuche zur Kodifizierung des Okzitanischen, 1974; Das Okzitanische, 1981; Entfremdung, Selbsbefreiung und Norm, 1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (8.458 km2; 176.639 h [estim 2000]). A súa capital é Växjö.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Los Angeles 1912 - Connecticut 3.10.1996) Historiador da arte estadounidense. Profesor da Yale University (1938-1983), especializouse en arquitectura moderna española. Publicou, entre outras obras, Arquitectura de los siglos XVII e XVIII, na colección Ars Hispaniae, Art and Architecture in Spain and Portugal and their American Dominions, 1500-1800 (1959), con Martín S. Soria, Studies in Classic Maya Iconography (1962) e Building the Escorial (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima de Rusia, situada na beira esquerda do río Tobol (363.000 h [1997]). É un núcleo industrial de construción de máquinas e industria lixeira e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’de Rusia (71.000 km2; 1.102.300 h [1999]). A capital é Kurgan.

    VER O DETALLE DO TERMO