"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Conxunto de restos de organismos mortos pertencentes a unha biocenose ou a máis dunha, tal como se atopan, xeralmente fosilizados, nas rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación entre dous organismos con beneficio só para un deles porque ese último se aproveita do cadáver do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de coñecementos relativos á morte, especialmente desde o punto de vista da medicina legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio destinado a velar os cadáveres antes dos funerais e do enterro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica do anión poliatómico que ten o tantalio como elemento central, e dos compostos que conteñen os mencionados anións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En tal cantidade, grao ou intensidade que se expresa.

    2. En correlación con canto indica no mesmo grao ou na mesma proporción.

    3. Seguido de peor, mellor, menor, maior, menos e máis, intensifica a comparación de desigualdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establece unha relación comparativa de igualdade.

    2. Expresa unha gran cantidade ou número elevado.

    3. Nunha cantidade ou número indeterminado, en determinados contextos hipotéticos.

    4. Expresa o valor en que se sobrepasa unha cantidade redonda.

    5. olume, extensión ou tamaño dunha cousa que son iguais aos de outra.

    6. Testemuño dun proceso xudicial cando segue responsabilidade contra unha testemuña polas súas declaracións, para instruír o sumario e deducir o carácter delituoso. Unha vez visto polo fiscal, constitúe a base para a interposición da querela.

    7. porcentaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divisa humanística persoal de Fernando II de Aragón que, combinada co xugo e as frechas, figurou no escudo dos Reis Católicos desde antes da conquista de Granada, en 1492. Este par de palabras parece ter xurdido do ambiente cultural do rei, referíndose á resposta atribuída a Alexandre o Grande cando cortou coa espada o nó gordiano: ‘tanto dá cortar como desfacer’, é dicir, liberdade de decisión para acadar o resultado desexado. A acepción posterior ‘monta tanto Isabel como Fernando’ pode deberse á fantasía política dos historiadores románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tapaburacos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cofundador en 1948 de Dau al Set, partiu dun figurativismo surrealista, a miúdo con influencias de Miró e Klee, e evolucionou da tónica máxica que vai desde o realismo minucioso de Nimfes, dríades, harpies (1950) ou de retratos que bordean o academicismo, como Josep Gudiol, ata a abstracción onírica do Verd sobre marró fosc das superficies envellecidas, que lembran os graffiti da rúa, como Pintura (1955). Na década de 1970, realizou obras con referencias políticas, a miúdo expresadas con palabras escritas sobre o soporte. Cultivou tamén a ilustración, a escenografía, o tapiz, o cartelismo, a ensamblaxe, a escultura en terra cocida e o bronce, en obras como Homenatge a Picasso (1983) ou a cerámica. Os seus artigos recolleunos en diversas obras como La práctica de l’art (1970), L’art contra l’estètica (1974), La realitat com a art (1982) e Per un art modern i progressista (1985) e a autobiografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de taponar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite a presentación de estímulos visuais por períodos de tempo moi breves e graduables. Emprégase en psicoloxía experimental e cognitiva e, tamén, na aptitude para a condución de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Puglia, Italia, situada no ángulo setentrional do golfo de Tarento (201.349 h [2001]). Colonia da Magna Grecia fundada polos espartanos no s VIII a C, foi conquistada por Roma en 272 a C. Conquistada polos godos en 549, pasou, sucesivamente, ás mans dos longobardos, do Imperio Bizantino e dos árabes, e foi liberada por Nicéforo II Focas. Capturada por Robert d’Hauteville (1063), converteuse no centro do principado de Tarento, ata que en 1465 foi incorporada á Coroa de Aragón. Ao comezo do s XIX foi conquistada e novamente construída polos franceses. En 1860 integrouse definitivamente en Italia. Destacan a catedral, románica (s XII) e a fachada románico-gótica da igrexa de San Domenico Maggiore (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Puglia, Italia (2.437 km2; 574.766 h [2001]). A súa capital é Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo das costas meridionais da Península Itálica, situado no Mar Xónico, entre o cabo Colonne (Calabria) e o de Santa Maria di Leuca (Puglia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Formado na University of Princeton, na súa obra, escrita con algúns trazos satíricos e románticos, amosou a súa versatilidade. Fíxose popular coa novela melodramática The Gentleman from Indiana (1899), e despois con Monsieur Becaire (1900) e The conquest of Canaan (1905, Premio Pulitzer 1922), posiblemente a súa obra máis exitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador ucraíno. Profesor na Universidade de Petrogrado desde 1918, escribiu numerosas obras, entre outras, A clase obreira na Revolución Francesa (1909-1911) e Europa na época do imperialismo, 1871-1919 (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Estevo de Culleredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección do tarso ou dalgún dos seus ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster do ácido tartárico.

    2. tártaro emético.

    3. cremor tártaro.

    4. Sal do ácido tartárico dextroxiro, que se presenta en forma de cristais incoloros, eflorescentes no aire, de gusto salino, solubles en auga e insolubles en alcohol. Obtense por precipitación con carbonato sódico dunha solución de tartarato de hidróxeno e potasio. OBS: Tamén se denomina sal de Seignette ou sal de la Rochelle.

    VER O DETALLE DO TERMO