Tanto monta

Tanto monta

Divisa humanística persoal de Fernando II de Aragón que, combinada co xugo e as frechas, figurou no escudo dos Reis Católicos desde antes da conquista de Granada, en 1492. Este par de palabras parece ter xurdido do ambiente cultural do rei, referíndose á resposta atribuída a Alexandre o Grande cando cortou coa espada o nó gordiano: ‘tanto dá cortar como desfacer’, é dicir, liberdade de decisión para acadar o resultado desexado. A acepción posterior ‘monta tanto Isabel como Fernando’ pode deberse á fantasía política dos historiadores románticos.

Palabras veciñas

tantaxe | 1 tanto | 2 tanto -ta | Tanto monta | Tantra | tántrico -ca | tantrismo