tántrico -ca
tántrico -ca
(< Tantra)
-
adx
Relativo ou pertencente aos Tantra ou ao tantrismo.
-
arte tántrica
[ARTE]
Sincretismo de elementos de orixe budista e hinduísta, con achegas propias dos países onde se desenvolve o tantrismo. Os vestixios máis antigos remóntanse ao s VIII. Arte anónima, segue fielmente a tradición canónica e deixa pouco espazo á creatividade. Tanto a pintura como a estatuaria consisten en gran parte na representación iconográfica das numerosas deidades do panteón tántrico, nos aspectos pacífico ou iracundo. Entre as pinturas destacan as denominadas t’angka (desenrolables), achega típica da arte tibetana.