"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Nome que reciben as bolboretas do xénero Bombix.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombícidos.

    2. Bolboreta da familia dos bombícidos.

    3. Familia de bolboretas nocturnas á que pertence o xénero Bombix.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombicílidos.

    2. Ave da familia dos bombicílidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes que comprende especies terrestres de pequenas dimensións, de plumaxe sedosa e delicada e co bico curto e forte. Son propias dos bosques setentrionais de coníferas e bidueiros. Denomínanse comunmente como gaios norteños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. É coñecido polo teorema que leva o seu nome, segundo o que existe unha infinidade de números primos p tales que p+2 ten, como máximo, catro divisores primos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombílidos.

    2. Mosca da familia dos bombílidos.

    3. Familia de moscas da suborde dos braquíceros que na fase adulta son grosas e cubertas dunha densa pilosidade semellando un pequeno abellón, polo que se coñecen como moscas abellón. As ás están coloreadas e algunhas especies, como a Bombylius major, presentan unha longa probóscide que lles serve para libar nas flores sen necesidade de pousar nelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso estreito que servía para gardar os ungüentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios anuros da familia dos discoglósidos, coñecidos co nome de sapos de ventre de lume ou sapiños de ventre coloreado. Son sapiños de ata 5 cm de lonxitude, acuáticos e diúrnos, coa parte inferior do corpo escura e con áreas marelas, laranxas ou vermellas, e a superior escura e verrugosa. Teñen as pupilas en forma de corazón, arredondada ou triangular. Cando se ven ameazados, arquean o dorso e levantan as patas anteriores ou mesmo dan a volta para amosar o ventre coloreado, co que os depredadores potenciais están previdos da toxicidade da súa pel. Distribúense pola maior parte de Europa e están ausentes da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de percusión presente en case todas as culturas. Está composto por un aro de madeira central e dous laterais máis estreitos que serven para aguantar e tensar a pel, habitualmente de cordeiro, sobre a que se golpea cunha maza de madeira, normalmente tamén forrada de pel ou dalgún tipo de tea. Trátase dun instrumento rítmico, antigamente moi empregado en determinados tipos de festas, como as chamadas treboadas, que se adoitaban levar a cabo na zona comprendida na raia do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Hoxe é un instrumento básico na formación dos grupos de gaitas tradicionais, así como nas máis modernas baterías empregadas en todo tipo de músicas, aínda que aquí xa se atopa moito máis evolucionado, con tensores metálicos, parches plásticos, e accionado a través dunha maza con pedal que permite liberdade nas mans para poder tocar o resto dos elementos que a compoñen.

    2. Músico que toca o bombo.

    3. Caixa xiratoria, cilíndrica ou esférica, que contén as bólas numeradas ou fichas dun sorteo.

    4. Loanza excesiva que se fai dalgunha cousa ou dunha persoa, especialmente para atraer a atención da xente. OBS: Con esta acepción tamén pode formar parte da construción dar(se) + bombo.

    5. Tapadeira de madeira que cobre a moa do muíño.

    6. Almofada de pequeno tamaño que empregan as mulleres para facer os encaixes ou puntillas de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico aparecido probablemente en 1906 en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce pequeno, de formas moi diversas, recuberto ou con base de chocolate. Ás veces pode levar como recheo froita seca ou confeitada, fondant, licores, caramelo ou crema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Garrafa grande, de vidro groso, utilizada para transportar certos líquidos (ácidos, disolventes, etc). Son de formas máis arredondadas ca as garrafas e poden ir protexidas por palla, tiras de ferro ou plástico.

    2. Recipiente metálico empregado para envasar gases en estado líquido. As bombonas están deseñadas para resistir presións elevadas, son xeralmente de aceiro, e os seus orificios de saída están regulados por válvulas de seguridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa para gardar bombóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de abellóns da orde dos himenópteros, co corpo robusto e moi peludo, de ata 3 cm de lonxitude, e de cores claras e raiadas ou escuras. Os abellóns deste xénero viven en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), fundadas na primavera por femias fértiles que sobreviviron ao inverno anterior. Constrúen os niños no chan con brións e follas, aproveitando a miúdo buratos de ratos. Na Península Ibérica é común a especie B. terrestris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos bombicílidos ao que pertencen os gaios nórdicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas da familia dos bombícidos ao que pertence a especie B. mori, coñecida como bolboreta ou eiruga da seda, suxeita dende antigo á cría en catividade por parte do home para obter seda ( sericultura). Esta especie, orixinaria da China, xa non se atopa en estado salvaxe; a cría selectiva ao longo de séculos conseguiu que de cada casulo se obteñan máis de 600 m de seda continua e fixo que as bolboretas teñan perdido a capacidade de voar. As eirugas aliméntanse de follas de moreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (1.955 km2; 67.300 h [1986]). A súa capital é Tubmanburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso de Liberia, ao O do país, onde se explotan importantes filóns de ferro desde 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral cartaxinés. Durante a invasión de Cartago por parte de Agatocles de Siracusa foi nomeado xefe do goberno xunto con Hannón. Posteriormente tentou erixirse en tirano, pero non o conseguiu e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transcrición defectuosa do texto grego Bωμόι Σεστίου (debería transliterarse como Bomoi Sestiou), que se encontra en Ptolomeo (Xeogr, II, 6, 3), equivalente ás Aras Sestianas ou “tres arae quae Sestianas vocant” de Mela (Chorogr III, 13), e tamén citadas por Plinio (Nat Hist, IV, 111): “tres arae Sestianae Augusto dicatae” quen di que lle foron dedicadas a Augusto. Seguramente o nome de Sestianas fai referencia a Lucio Sestio, cónsul romano que tomou parte nas guerras galaicas como legado de Augusto. O profesor Luis Monteagudo situounas nas Illas Sisargas, tras demostrar que a palabra ara en latín ademais do sentido de ‘altar’ ten tamén o significado de ‘escollo, rocha mariña’. Seguindo o fío desta opinión, o Bωμόι de Ptolomeo sería, xa que logo, unha tradución incorrecta de ara. Esta hipótese cobra maior forza se aceptan que tralo nome Sisargas agóchase a palabra Caesaricas. Non obstante , outros estudiosos como...

    VER O DETALLE DO TERMO