"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
-
Certeza clara e absoluta que se ten dunha cousa sen que sexa preciso demostrala.
-
Crenza, a miúdo obtida a través da observación, que serve de soporte para unha hipótese. Dise que un obxecto é evidente cando se presenta dunha maneira clara e sen dúbidas a un suxeito, ben sexa unha percepción sensible, ben sexa unha realidade intelectual. Unha proposición é evidente cando hai claridade inmediata sobre a súa verdade e non hai necesidade de remitila a ningunha clase de demostración para confirmala. É a primeira regra do método cartesiano, xunto á análise e á síntese, e esixe, por fóra da racionalidade, toda aquela proposición que non sexa evidente. Segundo o método, todo o que se deduza correctamente dunha verdade evidente será tamén evidente. Para R. Descartes foi un exercicio de intuición e afirmou que unha idea é evidente cando se nos aparece dunha maneira clara e distinta a todas as demais ideas. Trátase dun concepto directamente relacionado co que I. Kant chamaba a priori ou xuízos analíticos, verdades evidentes antes da experiencia e que non precisan demostración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demostrar a evidencia de algo, poñéndoo de manifesto sen que haxa lugar a dúbidas.
-
-
Calidade de excedente.
-
Situación xurídica do funcionario público que cesa temporalmente, de xeito forzoso ou voluntario, na prestación dos seus servicios por motivos non debidos a sanción, sen abandonar o corpo ao que pertence.
-
Situación laboral do traballador asalariado que, de acordo coa súa empresa, cesa temporalmente na prestación dos seus servicios, sen dereito á percepción salarial e coa perda dos dereitos de antigüidade correspondentes a ese período de excedencia.
-
-
-
Calidade de excelente.
-
Tratamento honorífico. Antigamente, outorgóuselles aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos. En España reciben este tratamento os grandes de España, os vicerreis, os ministros, os embaixadores, os capitáns xenerais, os legados, os cabaleiros do Vélaro de Ouro e os cabaleiros das grandes cruces.
-
Tratamento de cortesía que se lles dá ás persoas que teñen o título de excelencia.
-
-
-
Calidade de excelente.
-
Tratamento honorífico. Antigamente, outorgóuselles aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos. En España reciben este tratamento os grandes de España, os vicerreis, os ministros, os embaixadores, os capitáns xenerais, os legados, os cabaleiros do Vélaro de Ouro e os cabaleiros das grandes cruces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cociente entre o fluxo emitido por un elemento infinitamente pequeno dunha superficie emisora e a área deste elemento. Atendendo a se o fluxo é enerxético ou luminoso, distínguese unha excitancia radiante (Me) e unha excitancia luminosa (Mv).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación anormal de tecido que sobresae da superficie dun órgano ou doutro tecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos excrementos
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Exipto.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Exipto, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Exipto.
-
-
Tipo de letra de pau groso e hasta uniforme; na conxunción de ambas non se produce diferenza de grosor. Está inspirada na forza e na estrutura dos monumentos exipcios e difundiuse a partir do 1820.
-
Lingua falada no Antigo Exipto. Pertence á familia camito-semítica ou afroasiática. Está documentada dende o 3100 a C ao 473 d C, aínda que seguiu a falarse en forma de copto ata o s XVI. As súas orixes son controvertidas: para algúns é unha lingua semítica africanizada, mentres que outros opinan o contrario. Dende un punto de vista gramatical, presenta as seguintes características: na fonética, predominan as consoantes sobre as vocais; na morfoloxía triliteralismo (as palabras adoitan ter tres consoantes), consta de adxectivos nisbats e dun xenitivo indirecto formado por un n, e, ao mesmo tempo, contén unha gran riqueza no campo verbal, dos pronomes, da negación, das partículas e das preposicións; na sintaxe segue unha orde estrita das palabras na oración, aínda que frecuentemente sofre a ausencia de determinados adverbios (‘cando’, ‘aínda’), e de conxuncións (‘se’, ‘e’) que dificultan a súa comprensión. No léxico, está formado por un vocabulario...
-
Arte desenvolvida en Exipto. As manifestacións artísticas do Antigo Exipto caracterizáronse pola influencia da relixión e do centralismo político, e a importancia do máis alá. Os artistas eran anónimos e non asinaban as obras, aínda que tiñan un recoñecemento social. Foron manifestacións realizadas cunha intencionalidade utilitaria e non artística que non se modificaron ao longo dos séculos e que non recibiron influencias externas, pois estaban ao servizo do faraón. Os seus principios básicos foron a representación bidimensional, a frontalidade, a falta de perspectiva e a horizontalidade. A arquitectura definiuse polo colosalismo, o emprego dos perpiaños de pedra e o descoñecemento do arco e da bóveda, feito que provocou que fose arquitrabada. A columna tivo unha función estrutural e tamén decorativa. As primeiras foron troncos de árbore, aínda que co emprego da pedra os fustes se decoraron con estrías que reproducían as marcas dos troncos orixinais, e os capiteis acadaron diversas formas...
-
Arte cinematográfica realizada en Exipto. Nos seus comezos destacaron os irmáns libaneses Ibrahim e Badr Lāmā, con Qublah fi-l-ṣahrā’ (Un bico no deserto, 1926). En 1931 realizouse a primeira película falada, Awlādal-dawāt (Fillos de papá), do produtor, actor e director Yūsuf Wahbī. En 1934 Tawfik Miṣrāhī fundou os primeiros estudios, que funcionaron dun xeito regular, e no 1936 filmouse Widad (Desexo), de Fritz Kramp, que deu a coñecer o cantante Umm Kultum. Posteriormente, a produción cinematográfica aumentou, pero a calidade non mellorou. O triunfo da revolución do 1952 posibilitou que a liña social, iniciada por Kamāl Salīm con Al-’Aimah (A vontade, 1949) e abortada polo réxime de Fārūq, continuase con películas como Min ‘araq ǧabīnī (Coa suor da miña fronte, 1952) de Gianni Vernucio, e Sahra fī-l-wādī...
-
cruz exipcia.
-
Sistema gráfico empregado no Exipto Antigo, documentado dende o 3100 a C (paleta de Narmer ou Menes) ata o 473 d C (derradeiro texto demótico). Dunha certa complexidade (inferior, sen embargo, á do sistema sumerio-acadio), estivo influída, quizais por este no tocante aos principios que a rexen. Trátase dunha escritura pitórica, en que a palabra e a imaxe están estreitamente relacionadas. De aí a importancia dos ideogramas, ou signos-palabra, que reproducen fielmente aquilo que se quere designar (unha casa, un home). Outros elementos son os fonogramas, que poden ser triliterais (tres consoantes), biliterais e uniliterais, ou signos alfabéticos (24 en total); os determinantes de idea, que, a diferencia dos do sistema sumerio-acadio, van sempre despois da palabra e aclaran ou determinan o sentido desta, e os determinantes fonéticos, que precisan o son dun ou máis signos. Unha palabra exipcia pode ser escrita, polo tanto, con fonogramas ou cun ou dous determinantes...
-
Literatura do Exipto faraónico e do período grecorromano conservada en escritura xeroglífica, hierática e demótica. Os seus límites cronolóxicos abarcan dende o terceiro milenio a C ao s IV d C. Polo que se refire aos temas, existe un corpus de documentos estritamente literarios. Quedan fóra unha serie de fontes escritas (relixiosas, xurídicas, científicas) utilizadas ás veces no seu estudio. Entre os problemas que presenta, os máis complexos son a escaseza de materiais, a mala conservación dos textos, a transmisión defectuosa de determinadas pezas e a dificultade extrema dalgúns dos escritos. É unha literatura imaxinativa e directa en que representan un importante papel a relixión e a monarquía. Así mesmo, caracterízase pola fragmentación do material, que aparece tamén en textos non literarios; pola vertente histórica dalgunhas das pezas e pola relación existente entre literatura e arte, propicia, en parte, o carácter decorativo da escritura xeroglífica, feito que levaba a complementar...
-
...
-
-
-
-
Feito ou circunstancia de existir.
-
Realidade que existe, ou que é real. Tradicionalmente oponse ao concepto de esencia. San Tomé de Aquino afirmou que a existencia nas criaturas pode ser ou non coincidente coa esencia, agás no caso de Deus, en que os dous conceptos coinciden. No s XIX, G. W. F. Hegel definiu, en Phänomenologie des Geistes (A fenomenoloxía do espírito, 1806), as nocións de existencia como conciencia da vida e vida como a vida orgánica. Só a existencia é propia do home. Para os existencialistas, se se aplica a existencia ao ser humano, esta vén precisar que todo home é unha realidade concreta, cun corpo concreto e vinculado a un tempo concreto.
-
-
-
Vida e tempo que se vive.
-
Maneira de vivir.
-
-
-
Mercadorías e materias primas que unha empresa ten nun almacén á espera de vendelas ou de facelas entrar no proceso produtivo.
-
Calquera categoría de bens de que dispón unha empresa nunha data determinada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á existencia.
-
Psicoterapia que consiste en facerlle perder a consciencia ao paciente da propia problemática, relacionándoa cun absoluto (a morte, Deus, o ben, etc). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Doutrina filosófica que privilexia a existencia do home na súa realidade concreta e do individuo comprometido coa sociedade, antes que unha suposta esencia humana ideal. Afirma que o home existe antes que é e a existencia precede á esencia, e que o feito de existir é absurdo, carente de significación, polo que o home ten que encher a súa vida de sentido a través do compromiso, elixindo valores e condutas, para saír da nada e da angustia metafísica. Sitúase así nunha liberdade absoluta que non pode ser rexeitada ao estar o home condenado a ser libre. Naceu como reacción ao idealismo e ao racionalismo alemán e fundouno o danés S. A. Kierkegaard. Posteriormente, foi seguido por Jean-Paul Sartre, M. Heidegger, K. Jaspers, G. Marcel, Albert Camus e M. Merleau-Ponty, entre outros. O termo foi creado por M. Heidegger en Sein und Zeit (O ser e o tempo, 1927), e foi retomado despois por K. Jaspers en Existenzphilosophie (Filosofía da existencia, 1938). Desde un punto de vista relixioso...
-
Actitude filosófica que prima a existencia sobre a esencia e que subliña que o aspecto existencial complementa o aspecto esencial. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente ao existencialismo.
-
Que ou quen é partidario do existencialismo.
-
Persoa que, trala Segunda Guerra Mundial, mostraba desprezo por todas as convencións sociais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exorbitante.
-
-
-
Coñecemento directo dalgunha cousa adquirido polo uso, a práctica ou as propias vivencias.
-
Coñecemento da realidade, do mundo ou da vida.
-
Modo de coñecemento que procede da percepción sensible ou da intuición psicolóxica. A súa defensa fronte ao predominio da razón foi defendida polo empirismo. O recurso á experiencia é un método científico rexido polas regras do método experimental, a partir de hipóteses provócase a maneira de verificalas por medio de observacións e de rigorosos traballos de laboratorio. J. Locke distinguiu entre a experiencia externa e a interna. O concepto tamén pode aplicarse a outros eidos como o da experiencia moral, que se refire ao conxunto do adquirido ao longo da vida dun individuo ou de toda a humanidade. De tal xeito que a persoa que ten experiencia, propia ou porque coñece a historia, pode extraer ensinanzas válidas para a vida e dar consellos. Este tipo de experiencia foi defendida por I. Kant.
-
-
Situación ou suceso na vida de alguén, que lle proporciona coñecemento sobre a realidade, a vida ou o mundo.
-
Estudio para descubrir ou comprobar as características dun fenómeno mediante a súa observación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao expoñente.