"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
GALICIA
Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
correaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción arquitectónica situada en Santa Cristina de Vinseiro (A Estrada), ten planta de forma rectangular e dúas alturas: planta baixa e piso. Edificouse probablemente a finais do s XVIII, data na que pertenceu aos Leiro e aos Castro. Na parte central da fachada eríxese un segundo piso cun remate semicircular, baixo o que se sitúa un escudo cos extremos decorados con placas. Na parte esquerda da fachada localízase unha torre con pombal. A cornixa que percorre a fachada presenta diversas molduras. Conserva unha capela exenta moi deteriorada.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Foi catedrático de Grego, Caldeo e Hebreo na Universidad de Salamanca. Continuador da obra de Antonio de Nebrija, é autor de Arte de la lengua española castellana (1625), coñecida tamén co título de Arte grande de la lengua castellana (1626), que contén un avance da súa proposta ortográfica para o castelán coa inserción dun capítulo sobre unha “nueva i zierta ortografía kastellana”. Tamén escribiu un Trilingüe de tres artes de las lenguas castellana, latina i griega, todas en romance (1627), Vocabulario de refranes y otras fórmulas comunes de la lengua castellana (1627-1630) e Ortografía kastellana, nueva i perfecta (1630). Nesta última obra propón unha ortografía fonética para adaptar a escritura á pronuncia real. Propuña un rigoroso sistema de alfabeto fonético de 25 letras “para ke la ortograsfía salga de la esklavitud en ke la tienen los que estudiaron latín”. Substitúe a letra c e a q por k, e elimina...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de correas que forman parte de algo, especialmente as dos equipos militares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘aceitar’.
-
PERSOEIRO
Pacifista irlandesa. Fundou, en colaboración con Betty Williams, a asociación Community of Peace People, para promover a pacificación en Irlanda do Norte. Ambas recibiron o Premio Nobel da Paz en 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emitir o corvo a súa voz característica.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Profesor na École de Santé e no Collège de France, foi un dos primeiros en poñer en práctica a concepción anatomoclínica da enfermidade, que fora introducida por Bichat. Clinicamente, débeselle a recuperación e o desenvolvemento do método da percusión. É autor do Essai sur les maladies et les lésions organiques du coeur et des gros vaisseaux (Ensaio sofre as enfermidades e as lesións orgánicas do corazón e dos vasos grosos, 1806) e dunha tradución francesa do Inventum Novum, de J. L. Auenbrugger, titulada Nouvelle méthode pour reconnaître les maladies internes de la poitrine (Novo método para recoñecer as enfermidades internas do tórax, 1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. De ideoloxía anarquista, variou cara ao socialismo reformista tralo seu contacto con Anna Mijáilovna. Fundou diversas organizacións e xornais socialistas. Foi o primeiro deputado socialista de Italia (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Navegar unha embarcación preto da costa sen perdela de vista.
-
Rodear algún lugar ou algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Achandar un terreo antes de sementalo.
-
-
Dar cabezadas a causa do sono.
-
Dar golpes cos cotelos dos dedos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das rosáceas, de ata 5 m de altura. De pólas finas e arqueadas, presenta follas enteiras e elípticas, e flores hermafroditas de cor branca que dan lugar a froitos ovoides de cor vermella. A especie C. granatensis constitúe un endemismo de barrancos avesíos do S da Península Ibérica. En Galicia está presente a especie C. lacteus como arbusto ornamental.
-
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou en Bucarest e Viena. Destacou como intérprete do repertorio de Mozart. Retirouse a finais de 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dar couces un animal. Na tradición oral recóllense ditos como: “Faco que coucea, mérqueo quen o queira”.
-
Tirar do carro a xugada de animais que abordela.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Trasladouse a París en 1839 coa intención de estudar dereito, pero axiña se dedicou á pintura. Rexeitou asistir a escolas oficiais e aprendeu no Louvre copiando as obras de Caravaggio ou Velázquez. As súas primeiras obras teñen un carácter romántico, como Guitarrero (1845) ou L’homme à la pipe (O home da pipa, 1846). No Salon de 1844 admitíuselle o autorretrato Courbet au chien noir (Courbet cun can negro, 1842). O seu estilo cambiou en 1850 cando presentou ao Salon dese ano tres obras de grandes dimensións, iniciadoras do realismo: Un enterrement à Ornans (Enterro en Ornans, 1849), Les paysans de Flagey revenant de la foire (Os campesiños de Flagey regresando da feira, 1850) e Os picapedreiros, que foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial. Identificado polo pobo co socialismo revolucionario, colaborou con Pierre-Joseph Proudhon na súa obra Du principe de l’art et de sa destination sociale (Os principios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés. Coñecido como o Vello, realizou os tapices La légende de Saint Mammès (A lenda de san Mamés, 1543). Atribúenselle as vidreiras da catedral de Sens e o lenzo Eva Prima Pandora. Escribiu diversos tratados, entre os que destaca Livre de perspective (Libro de perspectiva, 1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés, fillo de Jean Cousin o Vello. Coñecido como o Novo, traballou en Sens e París. Da súa autoría só se documenta unha única pintura: Jugement dernier (Xuízo final). Ilustrou, entre outros, o libro de emblemas Livre de Fortune (Libro da Fortuna, 1568), as Metamorfoses de Ovidio (1570) e as Fábulas de Esopo (1582). Posiblemente rematou o Livre de portraiture (Libro do retrato, 1571), comezado polo seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO