"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Guntín e construída no s XVII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular, á que se engadiron posteriormente dúas capelas formando unha cruz. No interior destaca a capela dereita, construída en 1613, cuberta cunha bóveda de casetóns e na que se atopan, baixo un arcosolio, os restos de Álvaro de Taboada. No seu exterior destaca a espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. Da primitiva construción románica só conserva a porta principal de dúas arquivoltas e flanqueada por dúas columnas acobadeladas con bases toscanas e capiteis de entrelazos; o tímpano non ten decoración. Ten nave rectangular e capela maior cuadrangular; á súa esquerda engadíuselle unha sancristía. No interior destaca o retablo maior neoclásico e, no exterior, o reloxo da torre procedente da catedral de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello cabeceira da comarca urbana de Ferrol, situado na provincia da Coruña no NO da comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao O co Océano Atlántico, ao L co concello de Narón e ao S coa ría de Ferrol. Abrangue unha superficie de 83,1 km 2 nos que acolle unha poboación de 75.181 h (2007), distribuídos nas parroquias de Brión, A Cabana, Covas, Doniños, Esmelle, Ferrol, A Graña, Leixa, Mandiá, Marmancón, San Xurxo da Mariña, Santa Cecilia de Trasancos e Serantes. A capital, a cidade de Ferrol, localízase a 43° 29’ de latitude N e 8° 14’ de lonxitude O, 95 km ao N de Santiago de Compostela. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol, da que é sé xunto coa cidade mindoniense dende 1959. O seu desenvolvemento industrial favoreceu a expansión dos municipios limítrofes e a formación da área urbana da Ferrolterra.
    Xeografía física
    Climatoloxía
    A disposición do termo municipal de Ferrol no litoral atlántico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un sol de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol a partir de novembro de 1985 e subtitulada “Boletín de información municipal”. Dirixida por Xosé Lorenzo, serviu como medio para difundir datos de carácter político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ferrol. baixo a advocación de .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ferrol a partir de setembro de 1990 polo Club de Prensa da cidade departamental. Dirixiuna Germán Castro Tomé (1990-1999) e Julia Díaz Sixto (2000). Patrocinada polo Concello de Ferrol e por diversas empresas, o seu obxectivo principal é servir como medio de reflexión e debate sobre os avances da ciencia e tecnoloxía, a cultura e o saber, cunha atención especial á propia cidade. Deste xeito, incluíu análises históricas referidas a Ferrol e a súa importancia na historiografía galega contemporánea, a realidade lingüística da comarca ferrolá, os problemas de contaminación das rías, a crise industrial, o comercio, o urbanismo, a sanidade, etc. Na súa elaboración colaboran destacados xornalistas e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na cidade de Ferrol a partir de 1892.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Ferrol a partir do 4 de xullo de 1920. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego. Incluía, ademais de información deportiva, algunha sección literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de información xeral aparecida en Ferrol a partir do 12 de xullo de 1969. Editada por Ferrol Ediciones SL (FESA), ao longo dos anos dirixírona Alejandro L. Outeiriño, Eugenio Pontón, Juan Mª Gallego, David Corral e Arturo Lezcano. Inicialmente, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región, en Ourense. A partir do 4 de xuño de 1972 saíu cunha nova imaxe; daquela contaba xa con talleres propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Inicialmente dedicouse á fotografía de nenos xunto con J. Castuera, influenciado pola obra de Pla Janini. En 1952 estableceuse en Ferrol como retratista e logo trasladouse á Coruña. Durante eses anos formou parte do equipo de rodaxe de Rafael Gil. En 1955 realizou unha reportaxe sobre a emigración e en 1958 marchou a Alemaña para estudar fotografía en cor no Hamburger Photo Schule. Ao ano seguinte foi correspondente de TVE en Galicia e algunhas das súas imaxes expuxéronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984). Expuxo a súa obra no Centro de Arte Reina Sofía, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no Palacio Tokio de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter político aparecida na cidade de Ferrol a partir de 1931. Foi a voceira dos republicanos federais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en La Habana a partir de febreiro de 1911. Trátase do voceiro oficial da sociedade homónima. Impresa nos obradoiros tipográficos Siglo XX, era gratuíta para os socios da entidade. Ademais da información societaria, incluía poemas, ilustracións fotográficas e nela colaboraron destacados galeguistas instalados en Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca urbana situada no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e O co Océano Atlántico, ao S coas rías de Ferrol e Ares, e ao L coas comarcas de Ortegal (concellos de Cariño, Ortigueira e Cerdido) e O Eume (As Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas). Abrangue unha superficie de 625,4 km2 nos que acolle unha poboación de 161.739 h (2001), distribuídos nos concellos de Ares (18,3 km2; 5.003 h), Cedeira (85,4 km2; 7.500 h), Fene (27,4 km2; 14.496 h), Ferrol (83,1 km2; 77.950 h), Moeche (48,5 km2; 1.489 h), Mugardos (12,8 km2; 5.718 h), Narón (67 km2; 32.204 h), Neda (24 km2; 5.958 h), San Sadurniño (99,9 km2; 3.220 h), As Somozas (70,9 km2; 1.396 h) e Valdoviño (88,1 km2; 6.805 h). A cidade de Ferrol é o centro funcional indiscutible, aínda que nos sectores máis afastados se producen significativas superposicións de influencia entre a cidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira setentrional da ría de Ferrol, de interese xeral do Estado, xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. As súas instalacións esténdense polo espazo sudoccidental do litoral da parroquia de Ferrol. A súa localización no interior da ría, plenamente resgardada, propiciou unha grande actividade portuaria como refuxio dos buques que navegaban entre o Mar Cantábrico e as costas occidentais da Península. No s XVI, Filipe II potenciouno aínda máis ao escollelo en varias ocasións como base temporal da flota real. Non obstante , a definitiva consolidación do porto como un dos máis importantes de España produciuse no s XVIII, cando a administración da nova dinastía borbónica o designou capital dun dos tres departamentos marítimos nos que dividiu o litoral peninsular español. Nun principio as instalacións da Armada ocuparon o litoral da parroquia da Graña, pero en 1730 o Marqués de la Ensenada ordenou buscarlles unha nova localización: en 1747 decidiuse a construción do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría do litoral noroccidental da Comunidade Autónoma de Galicia, a máis setentrional do Golfo Ártabro, que se abre entre o cabo Prioriño, ao N, e a punta Coitelada, ao S, e baña os concellos de Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol. Cunha dirección NL-O, a súa boca correspóndese cunha estreita abertura modelada sobre un batolito de granidiorita, inserido nun contexto de xistos, que caracteriza o resto da ría. O Grande de Xubia e o Belelle son os principais ríos que desembocan nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ferrol. Construíuse no 1757 en terreo que ocupara o convento franciscano construído por Fernán Pérez de Andrade o Bo (s XIV). Ten planta rectangular inscrita nunha cruz latina e divídese en tres naves separadas por piares con pilastras acaroadas de orde toscana. A cúpula do cruceiro ten tambor circular con óculos. Sobre as naves laterais sitúase unha tribuna aberta por arcos carpaneis e na entrada un coro alto. A cúpula é de tambor circular con óculos. No interior destaca o retablo de Xosé Ferreiro. A fachada divídese en tres rúas por medio de pilastras toscanas pareadas, apoiadas en grandes bases. Na rúa central ábrese a porta arquitrabada e con frontón triangular e, sobre ela, un óculo. Remata cun entaboamento e cunha cornixa sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no barrio da Magdalena en Ferrol. Dende 1959 ten o rango de concatedral. Substituíu a antiga igrexa situada en Ferrol Vello e construíuse segundo os planos de Julián Sánchez Bort. Ten planta de nave única, separada por pilastras xónicas das capelas laterais, cubertas con bóvedas de canón e bóvedas esvaídas, que lle conceden o aspecto de cruciforme; sobre o cruceiro eríxese unha cúpula nervada apoiada en catro piares. A fachada está dividida en dous corpos: o inferior consta de dúas ás laterais e un corpo central con tres arcadas de medio punto que dan acceso ao pórtico; na central destacan dúas columnas xónicas que sosteñen un entaboamento sobre o que se sitúa un frontón curvo; no segundo corpo destaca un ovo pétreo flanqueado por dúas ventás sobre o que se sitúa un frontón triangular. As torres están recuadas respecto á fachada. Na parte superior ábrense catro vans de arco de medio punto que acollen as campás; o remate é cupulado.

    VER O DETALLE DO TERMO