"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Calidade de navegable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atracción morbosa pola morte e todo o relacionado con ela.

    2. Perversión sexual da persoa que atopa pracer erótico ou sexual cos cadáveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é ou resulta negociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Gravobo, Penza 1894 - Moscova 1964) Economista ruso. Utilizou o método matemático na súa análise económica. É autor de numerosas obras, das que destacan O uso das matemáticas na investigación económica (1959) e O valor e o prezo na economía socialista (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos, da clase dos monoplacóforos, que teñen unha soa cuncha de cor branca, que presenta, na cara interna, as pegadas das seis parellas de insercións musculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Filipe Neri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos minerais do grupo dos silicatos caracterizados polo feito de ter unha estrutura en que os tetraedros de SiO4 se dispoñen individualmente e só están ligados entre eles por catións. Os nesosilicatos presentan un empaquetado denso que lles confire moita densidade e dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi bispo en Panfilia (actual Turquía) e morreu crucificado durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afectación sifilítica do sistema nervioso tanto polo que respecta ao parénquima ou ao mesmo tecido nervioso como ao mesénquima (os vasos sanguíneos e as meninxes). Prodúcese no período terciario da enfermidade, e nela destacan a tabe dorsal e a parálise xeral progresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do número de neutrófilos en sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro concilio ecuménico, convocado en 325 polo Emperador Constantino I e ratificado por Silvestre (314-335), coa finalidade de combater o arianismo. Condenou a tese de Ario, insistiu no concepto teolóxico do homoousios, segundo o que o Fillo é consubstancial co Pai, e fixou a data de Pascua no domingo seguinte ao primeiro plenilunio de primavera. Durante a súa celebración aprobouse a declaración de fe coñecida como Símbolo Niceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo concilio ecuménico, convocado pola Emperatriz Irene en 787 por iniciativa do patriarca de Constantinopla. Reuniuse en Constantinopla pero foi disolto polos soldados e volveuse reunir en Nicea. Rematou coa controversia iconoclasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que nega radicalmente a posibilidade do coñecemento. A corrente nihilista, dogmatización do escepticismo e vinculada a miúdo co pesimismo, caracterízase por unha actitude negativa respecto a todo. Segundo Nietzsche o nihilismo é a consecuencia da interpretación da existencia dada pola Europa cristiá e moderna.

    2. Doutrina segundo a que non se recoñece ningunha autoridade, nin no terreo social nin no político. Neste sentido político, o vocábulo foi empregado e divulgado polo escritor ruso Ivan Turgenev. Poden ser considerados como manifestacións de significado nihilista os atentados terroristas contra persoas consideradas representativas da orde social vixente, como tamén a indisciplina estrutural entendida como rexeitamento do rigor da organización e da acción programada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nihilismo.

    2. Seguidor do nihilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado nitrato da anilina, que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, orto e para. A forma meta obtense por nitración da anilina e emprégase como intermediaria na obtención de colorantes. A exposición aos seus vapores produce cianose e metahemoglobinemia. As outras dúas formas presentan propiedades semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a nobreza e a súa xenealoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á nobreza ou aos nobres.

    2. Texto de intención historiográfica que aspira a consignar as xenealoxías de liñaxes nobres dun país determinado e outros datos que nel se refiren. Na fin do s XV, ao tornarse a nobreza unha clase máis pechada fronte á burguesía, tentouse fixar e regular a súa nómina, como tamén o brasón. Así, orixináronse os nobiliarios, os armoriais e os tratados de heráldica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dedicada ao estudo da nobiliaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito alemán. Naturalizado brasileiro, é coñecido polos seus traballos en filoloxía portuguesa, e foi un dos primeiros editores dun cancioneirinho individual galego-portugués. Destacan os seus artigos “As Cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade, Trovador do Século XIII” (1907) e “Introdução ao estudo da mais antiga poesia portuguesa” (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO