"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Matemático, físico, enxeñeiro e filósofo. Discípulo de J. Bernoulli na Universidade de Basilea, foi profesor de física e matemáticas na Academia de Ciencias de Rusia en San Petersburgo; traballou tamén na Academia Prusiana de Ciencias de Berlín. Foi membro da Royal Society e da Acadèmie Française des Sciences. Fixo numerosos descubrimentos no campo do cálculo, da xeometría, ou da álxebra, incluso despois de quedar cego. Débenselle moitos teoremas e fórmulas como o de Euler-Lagrange, o teorema sobre as órbitas dos cometas, o teorema sobre os poliedros, a fórmula de Euler ou a introdución das notacións f(x) para as funcións, o número π, o número e como a base de logaritmos, o i para representar a unidade imaxinaria, e o símbolo Σ para a suma dunha serie. Traballou en topoloxía e deulle a forma moderna á xeometría esférica. Integrou a ecuación diferencial lineal con coeficientes constantes, definiu as funcións alfa e beta, denominadas de Euler, e introduciu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Europa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Tamén coñecido como Eustachio, foi profesor de anatomía en Roma e un dos impulsores da anatomía comparada. Estudiou diferentes partes do corpo humano, sobre todo o oído interno e a farinxe, nos que describiu a estrutura coñecida como trompa de Eustachi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uxío/Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo fundamental da fe cristiá. A palabra evanxeo, que significa ‘boa nova‘, pasou a entenderse como o conxunto das ensinanzas e o testemuño de Xesús de Nazaret.

    2. Cada un dos catro primeiros libros do Novo Testamento nos que se contén a mensaxe cristiá. As proclamas evanxélicas fixéronse, en orixe, de viva voz. As primeiras predicacións axiña foron recollidas por escrito na lingua dos apóstolos, o arameo. Posteriormente, diversas tradicións e sucesivos conxuntos redaccionais xurdiron nas distintas comunidades cristiás (san Lucas, na introdución ao seu Evanxeo, alude a esta pluralidade de escritos). Entre os diversos relatos que apareceron no s I, houbo catro que se impuxeron oficialmente dende a Igrexa, que os recoñece como canónicos: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. Segundo as investigacións bíblicas, o máis antigo é o Evanxeo segundo San Marcos. O autor deste Evanxeo parece que foi un curmán de Bernabeu, Marcos, que puxo por escrito a predicación en arameo de san Pedro aos membros da Igrexa de Roma; cabe situar a redacción a finais dos anos sesenta. Algúns eséxetas sinalan que corresponde a unha comunidade xudeocristiá...

    3. Parte da liturxia eucarística que consiste na lectura dun fragmento dos Evanxeos.

    4. Lado esquerdo do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia á situación do misal cando se lía o Evanxeo na misa segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monárquico-absolutista aparecida na Coruña en novembro de 1810. Cesou probablemente o 22 de maio de 1815 por prohibición real. Na súa primeira época (ata marzo de 1811) dirixiuno frei Juan Chacón, e nel predominou un carácter marcadamente antiliberal. Imprimiuse nos talleres de Francisco C. Pérez Prieto. Na súa segunda época (dende o 2 de abril de 1811) editouno frei Juan Chacón e frei Nicolás de Castro, e dirixiuno frei Manuel Martínez. Inicialmente, saía dos obradoiros tipográficos de Pérez Prieto e, dende xullo de 1811, dos de Antonio Rodríguez; logo contou con imprenta propia. En xaneiro de 1812 modificou a súa cabeceira e pasou a titularse El Exacto Diario; posteriormente, volveu cambiala pola de Exacto Diario en La Coruña. Dende o 3 de novembro de 1814 publicou un suplemento titulado El Postillón del Exacto Correo. Foi substituído polo Diario Exacto de España en La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lendario rei de Atenas e pai de Teseo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Mar Exeo, ás súas illas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante das illas do Exeo.

    3. Conxunto de culturas que se desenvolveron nas costas e nas illas do Mar Exeo durante a Idade do Bronce (2700 a C-1100 a C), e que precederon a civilización grega. Comprende a cultura minoica de Creta; a cultura heládico-micénica no Peloponeso, a Grecia continental e as costas de Asia Menor; a cultura tesalia na Tesalia; e a cultura cicládica nas Illas Cícladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas situadas no Mar Exeo, Grecia, divididas en dúas rexións: Exeo Meridional formado polos arquipélagos das Cícladas e do Dodecaneso (5.286 km2; 257.481 h [1991]); e Exeo Setentrional, formado polos arquipélagos de Khíos, Lesbos e Samos (3.836 km2; 199.231 h [1991]). Cada arquipélago constitúe á súa vez un nomós de Grecia. Abundan as erupcións volcánicas e os terremotos. As súas principais actividades económicas son as agropecuarias, especialmente a agricultura, a gandería e a sericultura. Na industria destaca a construción naval. Tamén son importantes a pesca de esponxas e o turismo. Trátase do núcleo onde se desenvolveu a civilización exea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Mediterráneo Oriental, situado entre a costa de Grecia e Turquía, que limita ao S coa illa de Creta. Os portos máis importantes son o Pireo, Salónica, Bólos, Mitilene, Hēráklion e Esmirna. Á parte do intenso aproveitamento turístico das súas costas, destaca a pesca de esponxas nas súas augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é impropio do momento ou tempo en que sucede.

    2. Que é inoportuno ou impropio da ocasión en que se produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio de territorios non pertencentes á zona mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Discípulo de Albrechtsberger e de Haydn, foi kapellmeister da corte (1824-1833). Compuxo misas, oratorios, cantatas, cancións e unha ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fabáceas.

    2. Planta da familia das fabáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, gabeadoras, arbustos e árbores. Posúen flores hermafroditas, zigomorfas, de corola papilonácea pentámera e de cores vivas, dispostas en inflorescencias en acios e de polinización principalmente entomófila. Caracterízanse por presentar o froito en legume. Teñen nas raíces nódulos nos que están presentes, establecendo unha simbiose, bacterias do xénero Rhizobium con gran capacidade para fixar nitróxeno atmosférico. Gracias a isto a planta hospedeira pode vivir en ambientes moi pobres neste elemento, ademais de permitirlle dispor de gran cantidade de proteínas que son de interese para os consumidores destes vexetais. Teñen unha grande importancia económica xa que moitas especies son esenciais na alimentación humana -como é o caso de fabas, ervellas, garavanzos, lentellas e cacahuetes-, na alimentación do gando -como os trevos e a alfalfa-, e tamén como ornamentais e medicinais. As fabáceas constitúen unha das familias máis numerosas cuns 440 xéneros e 12.000 especies....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Elixido cónsul no 245 a C, foi nomeado ditador no 216 a C coa misión de cubrir as vacantes que se produciran entre os senadores despois da derrota de Cannas. Introduciu no Senado os maxistrados curuis, os edís e os tribunos da plebe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fagáceas.

    2. Planta leñosa da familia das fagáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos á que pertencen castiñeiros, carballos, aciñeiras, sobreiras e faias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás faláceas.

    2. Fungo da familia das faláceas.

    3. Familia de cogomelos saprofíticos caracterizada por presentar cogomelos de aspecto fálico e cheiro desagradable. Engloba fungos que reciben as denominacións populares de caralláns e caralletes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Courbet e amigo de Monet e Whistler, ao seu estudo acudían os impresionistas. Expuxo no Salon des Refusés en 1868. A súa pincelada é curta e minuciosa. Realizou tamén litografías. Entre as súas obras destacan Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864) e Un atelier á Les Batignolles (Un estudo en Les Batignolles, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO