Exeo, Mar
Exeo, Mar
Mar do Mediterráneo Oriental, situado entre a costa de Grecia e Turquía, que limita ao S coa illa de Creta. Os portos máis importantes son o Pireo, Salónica, Bólos, Mitilene, Hēráklion e Esmirna. Á parte do intenso aproveitamento turístico das súas costas, destaca a pesca de esponxas nas súas augas.