"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento e doutrina dos cuáqueros.
-
-
Relativo ou pertencente aos cuáqueros.
-
Membro da seita protestante denominada Sociedade dos Amigos. Recibiron esta denominación por mor da énfase que puxeran os primeiros predicadores ao dicir que había que “tremer” diante de Deus e polos tremores que amosaban nas súas manifestacións relixiosas. Fundada en Inglaterra por George Fox no s XVII, caracterízase pola doutrina da palabra interior do Espírito Santo, ausencia de dogmas, supresión de todos os sacramentos, prohibición do xuramento e do dereito á lexítima defensa, e polo rexeitamento do culto externo e da xerarquía eclesiástica.
-
-
GALICIA
Químico. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou a cátedra de Química Orgánica da facultade de Farmacia da mesma universidade e a dirección do Laboratorio Municipal de Santiago de Compostela. Recibiu a medalla de Afonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que se dedica á fabricación e venda de cuncas.
-
Estante ou moble situado nunha parede da cociña no que se coloca a louza, especialmente as cuncas, para gardala ou para que escorra.
-
-
GALICIA
Notario e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962), colabora en distintas publicacións sobre temas políticos e literarios. Como escritor publicou o relato curto “A morte de Nancy Reagan” (1989), a novela Beatum Corpus (1993) e o poemario Mtesis (1998). Tamén sacou ao prelo Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Fillo dun farmacéutico nacido en Cambados, Xoaquín, casado con Pepita -da estirpe dos Moirón de Cachán-, parente dos Valle-Inclán e tamén dos Vicetto, instalouse coa súa familia fronte á Fonte Vella mindoniense. Cunqueiro dende cativo compaxinou a súa paixón pola lectura co contacto coa máxica realidade que lle proporcionaron as terras natais, paisaxe omnipresente nas súas ficións e nas súas reflexións sobre a vida; e foi nesta época cando escribiu en castelán unha novela de vaqueiros na que os indios se expresaban en galego. Era un texto no que os indios vencían os brancos pero que revelaba unha clara comprensión do noso conflito lingüístico. Trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e alí frecuentou a miúdo a Biblioteca Provincial e entrou en contacto con Ánxel Fole, os irmáns Correa Calderón e co poeta Luís Pimentel. Xa en Santiago de Compostela matriculouse, desde o curso 1927-1928, en Filosofía e Letras, na sección de historia, e tomou parte activa na intensa vida cultural...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. No ano 1936 exiliouse a Arxentina. Instalouse en Bos Aires en 1941, onde exerceu un importante labor para o desenvolvemento do galeguismo. Participou na Federación de Sociedades Galegas e foi nomeado presidente da Irmandade Galega de Bos Aires. Ocupou tamén a secretaría xeral do Consello de Galicia, logo de ser un dos promotores da súa remodelación en 1960. Foi director da revista Orzán e A Nosa Terra, e escribiu as obras Xornes (1987) e Galiza de Alem Mar (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de cobre e níquel, este último nunha porcentaxe dun 25% a un 45%. Ten unha forte resistencia mecánica á corrosión e é moi maleable. Emprégase na cuñaxe de moeda e na fabricación de maquinaria naval.
-
PERSOEIRO
Historiador latino. Escribiu a Historiae Alexandri Magni Macedonis (A historia do macedonio Alexandre Magno), obra en dez volumes dos que se perderon os dous primeiros. Malia o seu pouco rigor histórico e crítico, presenta un gran sentido dramático e manifesta a influencia de Séneca. Durante a Idade Media tivo unha gran difusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación quincenal que se editou por vez primeira en 1911 en La Habana e que cesou en 1914. Subtitulouse “Órgano de la Sociedad Pro Cesures, Ares y Souto”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual bilingüe que apareceu en La Habana o 1 de agosto de 1944. Actuaba como voceiro da sociedade do mesmo nome que reunía os naturais do partido xudicial de Celanova. Dirixida por Antonio Tonda Doltz, actuaba como xefe de redacción Jorge Amador e como administrador Jesús L. Antuñano. Contaba coa colaboración de Ramón Marcote, Ramón Blanco, Jesús Peynó e Enrique González, entre outros. Incluía información sobre as actividades da sociedade, novas relacionadas con vodas, nacementos e aniversarios. Ademais, incluíronse algúns poemas de Curros Enríquez e cantigas populares en lingua galega, recensións de libros, entrevistas e algunhas narracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A fundación constitúese o 6 de maio de 2004 co apoio do Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Consellería de Cultura, a Consellería de Educación, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres universidades e as dúas caixas de aforro galegas, para facerse cargo da antiga casa familiar do poeta Curros Enríquez, que foi nomeada Monumento histórico-artístico de interese local en 1976. A restauración da casa foi subvencionada polas tres primeiras institucións xunto co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, e na actualidade alberga un museo sobre a vida e obra de Curros Enríquez e doutros escritores celanovenses, como Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices ou Méndez Ferrín. As instalacións, chamadas por este motivo Casa dos Poetas, preséntanse como un edificio típico da Galicia vilega de mediados do século XIX, cun patio interior que o conecta a outra vivenda de estrutura máis rural. Na parte posterior ubícase unha horta anexa onde se organizan actividades...
-
GALICIA
Escritor. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán natural de Melide, e de Petra Enríquez Nogueira, oriúnda de Vilanova dos Infantes, pasou a súa infancia e primeira mocidade na súa vila natal marcado pola tiranía e o integrismo católico do pai, home despótico e violento. Rematados os estudios elementais na escola de Manuel Rebollo, comezou a traballar como escribente para o seu pai, ao tempo que se impregnou da literatura clásica e romántica. A situación entre pai e fillo acabou por facerse insufrible e Manuel, con quince anos, fuxiu da casa paterna cara a Ourense onde o acolleu un antigo compañeiro de escola. De Ourense partiu para Madrid (entre 1866 e 1867); alí instalouse na casa do seu irmán Ricardo e iniciou os estudios de bacharelato xunto cos de dereito, que non rematou. Na capital atopou a protección e favor do ourensán Modesto Fernández González, delegado de Facenda e xornalista que o iniciou nesta última profesión. Participou na Revolución de Setembro de 1868, denominada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, fillo de Manuel Curros Enríquez. Pasou a súa infancia en Celanova e Ourense, e estudiou Filosofía e Letras, sen chegar a rematar a carreira. Dirixiu e anotou as Obras completas de seu pai e traduciu ao castelán O divino sainete (1918). É autor da zarzuela El traje misterioso, con música de Saco del Valle, que se estreou no Teatro Eslava de Madrid, e xunto con Manuel B. Caballero escribiu a zarzuela nun acto La Muiñeira, con música de Arturo Lafuente, da que só se publicou en 1904 un fragmento baixo o título de Jan na Revista Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor, fotógrafo e pintor. Estudiou arquitectura e traballou como decorador en montaxes de óperas. En 1882, xunto con Bouton, inaugurou en París o diorama, un amplo decorado de varios planos e cun xogo de luces que lle ofrecía ao espectador unha sensación de perspectiva. Entre 1829 e 1833 traballou con Joseph Nicéphore Nièpce no perfeccionamento do proceso heliográfico para fixar as imaxes. En 1835 descubriu o revelado da imaxe mediante a exposición da placa aos vapores de mercurio, cunha redución do tempo de exposición. En 1837, despois de somerxer a proba nunha solución de cloruro de sodio, desenvolveu un método para fixar a imaxe. Trala morte de Nièpce, en 1839 foi presentado o invento diante da Academia das Ciencias de Francia por parte do físico François Arago. Nese mesmo ano, cedeulle o seu método, bautizado co nome de daguerrotipia, ao Estado francés e publicou un manual.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cóctel clásico que se lle atribúe ao norteamericano Jennins Cox, que en 1896 vivía na cidade cubana de Daiquiri e convidou os soldados que alí desembarcaron a ron con limón. A partir deste momento, comezou a estenderse a súa popularidade por todo o mundo; mesmo Ernest Hemingway divulgou a súa fama. Elabórase con ron branco, lima ou zume de limón, xarope ou azucre e, opcionalmente, marrasquino, todo sobre xeo frappé, e adoita acompañarse dunha oliva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
James Andrew Broun Ramsay.
-
PERSOEIRO
Escritor salvadoreño. Militante activo contra a opresión política do seu país, publicou, entre outras obras, La ventana en el rostro (1961), Los testimonios (1964), Taberna y otros lugares (Premio Casa de las Américas, 1969) e Pobrecito poeta que era yo (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario colectivo publicado en 1983 por Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manuel Romón, membros do grupo Rompente. Apareceu catro anos despois do momento da súa creación, cando xa se desfixera o grupo. Componse de vinte e un textos que alternan prosa e verso, nos que a literatura se concibe como un instrumento de intervención ideolóxica que pode conducir ao cambio social. O seu obxectivo fundamental é a superación da tradición socialrealista e ofrece unha visión de Galicia que incorpora elementos marxinados ou rexeitados polos canons estéticos: mestura a cultura tradicional máis enxebre coa cultura popular viva, de xeito que a tradición literaria interacciona coa publicidade, co cine, co imaxinario colectivo e mesmo con fotonovelas, cómics ou panfletos. Emprega o humor, a ironía e a parodia para centrarse nos elementos contraditorios que conforman o día a día no espazo galego e, en particular, na cidade de Vigo, aínda en transición entre o mundo rural e o urbano, de aí o protagonismo conxunto...