"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • cuadrimotor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeración diploide das rodofíceas que orixina tetrásporas haploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao conxunto de moléculas con catro átomos.

    2. Aplícase ao composto cíclico que se orixina polo peche dunha cadea de catro átomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relevo nororiental do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Está constituído por un continuo de outeiros separados por profundas incisións de forma alongada e de pouca altitude (468 m), que se estenden desde Bad Lippspringe ata Rheine, preto do Ems.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos teutóns.

    2. Individuo do pobo teutón.

    3. Pobo xermánico, un dos primeiros que se trasladaron a Occidente. Habitaban na costa occidental de Slesvig (s IV a C). A causa das inundacións, xunto cos cimbros de Xutlandia, subiron polo Elba e chegaron a Bohemia, onde non foron admitidos en 120 a C. Pasaron ao S da Galia onde triunfaron entre 109 e 107. O máis prestixioso dos xenerais romanos, Mario, á cabeza dun forte exército, aniquilounos en Aquae Sextiae (Aix en Provence), en 102.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga Hanseática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde militar creada ao redor de 1190 en San Xoán de Acre, con finalidades hospitalarias, pero que asumiu deseguida un carácter militar. Chamados polo duque polonés Conrad de Mazovia, os cabaleiros teutónicos conquistaron Prusia (1233-1283). En 1309, cando o gran mestre da orde estableceu a residencia en Marienburg (Prusia), a orde creara un gran estado feudal, non só en Prusia senón tamén nos países do L do Báltico, coa axuda dos cabaleiros livonios, os que formaran a rama livonia da orde en 1237, coñecida antes co nome de Orde dos Portaespadas. En 1408, ao estalar unha rebelión contra a orde en Samoxitia, Polonia e Lituania uniron as súas forzas e derrotaron aos cabaleiros teutónicos en Grünwald en 1410. Desfeita a súa forza militar a autoridade e a posición financeira da orde declinou. En 1525 o gran mestre Alberto de Brandenburg-Ansbach disolveu a orde en Prusia e transformou o seu territorio nun ducado vasalo de Polonia. En 1561 o mestre da rama livonia, Gotthard Kettler, tamén disolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos teutóns.

    2. Relativo ou pertencente á orde Teutónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Contido dun escrito.

      2. Conxunto de palabras dun escrito que constitúe a parte orixinal, en contraposición ás notas, aos comentarios ou á versión, que hai adxuntos.

      3. Conxunto das palabras dun escrito en contraposición ás portadas, ás figuras ou aos índices.

      4. Pasaxe citado dunha obra literaria.

      5. Parte central dun diploma ou documento xurídico que expresa o feito documentado.

      6. texto crítico

        Texto restablecido para a crítica textual.

      1. Sentenza da Biblia.

      2. texto sagrado

        A Biblia.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Influído por santo Alberte o Magno e os neoplatónicos, opúxose á distinción tomista entre esencia e existencia. Escribiu De cognitione entium separatorum (Sobre o concepto da separación dos seres) e De intellectu et intelligibili (Sobre a intelixencia e o intelixible).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como El Greco, formouse nas ríxidas formas da arte bizantina. En Venecia (1560) parece ser que traballou no taller de Tiziano e puido coñecer a pintura de Tintoretto, Bassano e Schiavone, como amosan o tríptico da Galleria Estense de Modena, o Retrato de G. B. Porta, Expulsión de los mercaderes del templo e Milagro del cielo. En 1570 chegou a Roma, onde asimilou de Miguelanxo a concepción grandiosa do corpo humano e a tensión dramática: Retrato de Giulio Clovio, La curación del ciego e unha nova Expulsión de los mercaderes del templo. Ao redor de 1575-1576 chegou á Península Ibérica e estableceuse en Toledo, onde pintou o retablo maior de Santo Domingo el Antiguo (1577) e a Asunción, onde coa distorsión dos corpos dos personaxes tentou expresar o seu espiritualismo. O concepto do mundo exaltado polo páthos relixioso obsérvase particularmente en El expolio, da sancristía da catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor, fillo de El Greco. En Toledo, colaborou na construción da casa do concello, con N. Vergara e J. B. Monegro, e interveu na capela mozárabe da catedral. Como pintor traballou co seu pai en diversas obras. Das súas obras destaca Noli me tangere (1651?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado a María, nai de Xesús, e que significa literalmente Nai de Deus. Proclamouse no Concilio de Éfeso (431).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Anatole France, realizou diversas investigacións bibliográficas e ensaios críticos, como Génie latin (1913). Comezou a súa carreira como poeta parnasiano, que reflectiu en Poèmes dorés (1873). Recolleu unha mostra do seu periodismo literario en La vie littéraire (1888-1892) e plasmou os seus recordos de infancia nalgunhas novelas, como Le livre de mon ami (1885). Escribiu os cadros de costumes do s XVIII La Rôtisserie de la reine Pédauque (1893) e Les Opinions de M. Jerôme Coignard (1893), ademais das novelas Le Lys Rouge (1894) e Le jardin d’Epicure (1895), que lle abriron as portas da Académie Française (1896). A vea satírica contra a sociedade contemporánea amósase no ciclo de novelas sobre o caso Dreyfus, L’Histoire Contemporaine (1897-1901) e en diversas obras posteriores. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico francés. Profesor de filoloxía románica en La Sorbonne, é autor de numerosos traballos de crítica textual e de etimoloxía do francés e do provenzal medievais. Os seus Essais de philologie française (1887) e Nouveaux essais de philologie française (1904) son modelos de rigor científico e de erudición profunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador británico. Profesor na University of Reading (1966-1975), dirixiu o Centre for Policy Studies de Londres (1979-1991). Antigo militante laborista, máis tarde afiliouse ao Conservative Party e en 1981 entrou na Cámara dos Lores. Especialista en temas hispanos, escribiu The Spanish Civil War (1961, Somerset Maugham Prize), Cuba or The Pursuit of Freedom (1971), An Unfinished History of the World (1779), The Conquest of Mexico (1993), World History, The Story of Mankind from Prehistory to the Present (1996) e Slave Trade (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dun átomo, realizada por J. J. Thomson, que supón que a carga eléctrica positiva está repartida uniformemente nunha esfera dentro da que se distribúen os electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente do partido democrático en 1961, ocupou diversos ministerios e foi a un tempo primeiro ministro e ministro de Estado (1974-1979). Presidiu a Internacional Liberal (1970-1982), a Federación de Partidos Liberais e Democráticos da Comunidade Europea (1976-1980), a Comisión das Comunidades Europeas (1981-1984) e o Movemento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Strømø, capital das illas Feroe (16.673 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO