"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Ablación cirúrxica, total ou parcial, da glándula tiroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento da glándula tiroide cara ao tórax, que se observa nas persoas afectadas de bocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador ruso. Coñecido como Erté, estableceuse en París e en 1912 comezou a traballar co modista Paul Poiret. Os seus primeiros debuxos en branco e negro deixan patentes influencias dos vasos gregos e das miniaturas persas e hindús. Traballou para diversas revistas de modas e ilustrou interiorismo. En 1917 colaborou no espectáculo Les mamelles de Tirésias, creado, entre outros por G. Apollinaire e Pablo Picasso. En 1977 comezou a cultivar a litografía e seguiu traballando para o teatro, a ópera, as revistas musicais e o cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Garofalo, decorou os palacios de Ferrera. En Roma, influenciado por Rafael, pintou Madonna e santi, e por Dosso Dossi, co que traballou, San Sebastiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal que contén o anión TiO3-2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Titus, un dos máis antigos e difundidos dos prenomes usados polos romanos. Ten orixe discutida, quizais sexa o nome común latino titus ‘pombo bravo’ ou un nome nacido das formas cariñosas infantís como Tatius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (79-81), fillo de Vespasiano. Foi tribuno militar en Xermania e Britania, en 69 obtivo o título de césar, co seu irmán Domiciano, e en 71 o poder proconsular e o poder tribunicio. Tomou parte na guerra contra Xudea, converténdose no seu correxente (71) e ocupou Xerusalén (70). Herdou de seu pai o cargo de prefecto do pretorio e en 80 tomou o consulado co seu irmán. Durante o seu goberno tivo lugar a erupción do Vesubio (79).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco triunfal construído en Roma pouco despois da morte do Emperador Tito Flavio Vespasiano, no ano 81. Atópase no Foro Romano, consta dun só van e conserva, na cara interna, diversos relevos que conmemoran a toma de Xerusalén polo emperador no ano 70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo e colaborador do apóstolo san Paulo. Pagán de orixe, non foi circuncidado ao converterse cristián. Acompañou a Paulo ao Concilio de Xerusalén. A tradición identifícao co xefe da igrexa de Creta, destinatario dunha das epístolas pastorais. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que foi coñecida a cidade de Podgorica entre 1945 e 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceira etapa e idade do Xurásico Superior, situada sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos titónidos.

    2. Ave da familia dos titónidos.

    3. Familia de aves, da orde dos estrixiformes, duns 45 cm. Presentan discos faciais moi marcados, arredondados na parte superior, e unidos un ao outro formando un só disco, codiforme. Habitan arredor do mundo, excepto en zonas polares, Escandinavia, o centro e o N de Asia e Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa a quen se encomendou a tutela doutra persoa ou dos bens que lle corresponden, por ser esta menor de idade ou declarada legalmente incapacitada para administrarse por si mesma. O cargo outórgase por testamento ou por decisión xudicial.

    2. Protector ou defensor de alguén.

    3. Profesor encargado de orientar e axudar a un alumno ou grupo de alumnos nalgunha materia do curso, na súa educación ou durante un proxecto de investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou función de titor.

    2. Tempo dedicado polo profesor a atender as necesidades dos alumnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Códice de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz que se emprega para chamar o can ou as vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tronada.

    2. Tormenta con tronos e alustros.

    3. Corda que serve para tirar as redes e levar a embarcación desde terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición métrica para ser cantada.

    VER O DETALLE DO TERMO