"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Físico e óptico alemán. Inventou diversos aparatos ópticos e fotográficos como o refractómetro, coñecido como refractómetro de Pulfrich, destinado a medir índices de refracción, o estereocomparador, e, xunto con Zeiss, o fotómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador. Publicou caricaturas en distintos xornais, como La Voz de Galicia, onde tivo unha sección fixa, e La Región, con temas de Ourense antigo, ademais de revistas como Leer. Cultivou a pintura ao óleo, esencialmente abstracta ou surrealista, e o retrato. Participou en diversas mostras colectivas, realizou tamén gravados e augafortes, pergameos para organizacións oficiais e ilustracións para libros, como Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), de Pura e Dora Vázquez; Oráculos para Cavalinhos-do-demo (1986), de Manuel María; e La obra narrativa de Vicente Risco (1987), de Antón Risco. Director da obra social de Caixa Ourense, foi o creador da Bienal Internacional de Gravado Julio Prieto Nespereira. A segunda edición da Bienal da Caricatura (1994) dedicoulle unha mostra antolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, presidiu a Comisión de Arquitectura do Consello de Cultura Galega e dirixiu a revista Tectónica. Asociado con Cristóbal Crespo González e Antonio Raya, as súas obras caracterizáronse pola economía de recursos empregados, a austeridade de volumes e a integración das construcións no contorno. Destacan a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993, Premio COAG en 1994 e Premio Julio Galán Carvajal en 1995), as piscinas para a deputación da Coruña (Premio COAG, 2000) e a piscina cuberta da Laracha (Premio COAG en 2000 e Premio Julio Galán Carbajal en 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Desde 1983 é catedrático numerario de Lingua e Literatura Galegas do Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña. Foi secretario da comisión lingüística da Associaçom Galega da Língua (1980-1988) e formou parte do consello de redacción de Agália ata 1995. Publicou varias obras, tanto de tipo gramatical como pedagóxicas. Entre as primerias cómpre destacar Língua: gramática metódica da língua galega (1980) e Nova gramática para a aprendizaxe da língua (1988), ambas as dúas en colaboración; Normas ortográficas do idioma galego. Texto íntegro, guia e comentários (1980) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983). En canto ao material pedagóxico publicou, en colaboración, Língua galega 2 (1981) e E non chegou a ser palabra (1995); Actividades de léxico 1 (1990) e Actividades de léxico 2 (1990), que tamén dirixiu e coordinou; Actividades de expresión oral e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karl Sobelsohn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar austríaco de orixe húngara, conde de Radetz. Distinguiuse na guerra contra Napoleón e deseñou a estratexia da Batalla de Leipzig (1813). Foi xefe das forzas austríacas en Italia desde 1831 e gobernador xeral do Reino Lombardo-Véneto (1850-1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador da arte italiano. Recibiu a influencia de B. Croce e K. Fiedler. Cofundou, xunto con R. Longhi e R. Bianchi Bandinelli, a revista La Critica d’Arte (1935), que tamén dirixiu. Promoveu e organizou institucións dedicadas á arte e publicou I Carracci e la critica d’arte nell’età barocca (1933), Cinema, arte figurativa (1952) e L’arte nella paleostoria dell’uomo (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Nacionalizado austríaco, ordenouse xesuíta (1922) e sacerdote (1932). Foi discípulo de M. Heidegger (1934-1936). Das súas obras destacan Geist in Welt (Espírito no mundo, 1939), Hörer des Wortes (Oínte da palabra 1953), Sendung und Gnade (Misión e graza, 1959) e Kirche und Sakramente (Igrexa e sacramentos, 1961). Os seus escritos recolléronse en Schriften zur Theologie (Escritos de teoloxía, 1954-1956) e en Quaestiones disputatae (1958). Na obra Grundkurs des Glaubens (Curso fundamental da fe, 1977) sintetizou a súa bagaxe teolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Columbia Británica, Canadá, situado no Océano Pacífico, ao NO da illa de Vancouver. Está separado de Alasca, ao N, pola Dixon Entrance, e do continente, ao L, polo estreito de Hecate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de G. L. Bernini, foi o autor da igrexa de Santa Maria in Campitelli de Roma (1663-1667) e colaborou con Domenico Fontana nas dúas igrexas de Santa Maria del Montesanto e Santa Maria dei Miracoli na Piazza del Popolo de Roma. O seu pai, Girolamo Rainaldi (Roma 1570-1655), tamén arquitecto, traballou en Boloña, Parma, Modena e no Palazzo Pamphili de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e sociólogo. De orixe galega, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais na Universidad de Montevideo. Especialista en temas latinoamericanos, participou en diversas organizacións galegas e españolas en América. Escribiu Ideología, regiones y clases sociales en la España contemporánea (1963), Historia del movimiento obrero y social latinoamericano contemporáneo (1967) Sociología de América Latina (1970) e La Historiografía como ciencia histórica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Agás unha obra de carácter histórico, toda a súa produción incide nunha problemática de tipo social, que reflectiu en It is Never Too Late To Mend (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación sociocultural asemblearia fundada en 2001 cun ideario baseado no nacionalismo de esquerdas. Este colectivo pretende achegar a crítica ao mundo cultural galego e participar activamente na sociedade. Publicou un libro de poesía, Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), con textos de vinte e catro poetas da asociación, e a revista de pensamento crítico Suxeito Activo. Ademais de promover o Foro Social Galego e de crear o Premio Roberto Vidal Bolaño, outorgado a persoas que contribúan á emancipación política de Galicia, promoven as campañas “Un debate, mil repúblicas” e “Lugo, coa forza do poema revolucionario”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Con Butch Cassidy and Sundance Kid (1969), de G. Roy Hill, impúxose como un dos actores galantes máis destacados do momento. Dos seus filmes como actor destacan Jeremiah Johnson (1972), The Great Gatsby (1973), All the President´s Men (1975), Out of Africa (1985), Havana (1990) e Un Unfinished Life (2005). Dirixiu os filmes Ordinary People (1980), co que obtivo catro Oscar, un deles á mellor dirección; The Milagro Beanfield War (1987) e The Legend of Bagger Vance (2000). Recibiu un Oscar honorífico (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo austríaco. Na liña kantiana buscou unha unidade fundamental do coñecemento cun particular recurso no estudo da linguaxe. Escribiu Briefe über die kantische Philosophie (Cartas sobre a filosofía kantiana, 1786-1787), Versuch einer neuen Theorie des menschlichen Vorstellungsvermögen (Busca dunha nova teoría da facultade de representación do home, 1789), Über das Fundament des philosophischen Wissens (Sobre o fundamento do saber filosófico, 1791) e Menschliches Erkenntnisvermögen aus dem Gesichtspunkt des durch die Wortsprache vermittelten Zusammenhangs zwischen der Sinnlichkeit und dem Denkvermögen (A facultade humana do coñecemento desde o punto de vista da conexión entre sensibilidade e pensamento proporcionada pola estrutura verbal, 1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista austríaco. Líder do Partido Socialdemócrata, foi chanceler (1918-1920 e 1945) e presidente (1945-1950) da República de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi un dos principais representantes do neocriticismo en Francia que, despois de Kant, defendeu as teses da liberdade e do personalismo e negou a posibilidade da metafísica como ciencia. Publicou Essais de critique générale (1854-1864), Introdution à la philosophie analytique de l’histoire (1896) e Historie et solution des problèmes métaphysiques (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo alemán. Estudou as condicións de especialización climática nos animais, a fauna das illas da Sonda, a psicoloxía animal e a filosofía natural. Escribiu Evolution Above the Species Level (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. De formación autodidacta, home culto e europeizante, no estilo foi un esteta dentro de correntes modernistas, e na temática, un realista de tendencias naturalistas e psicolóxicas. Ideoloxicamente seguiu a Schopenhauer e Nietzsche. Da súa obra destacan Primitivo (1896), El embrujo de Sevilla (1921), El gaucho Florido (1932), El ideal nuevo (1903), La muerte del cisne (1910), Diálogos olímpicos (1918-1919), Incitaciones (1936) e Ego sum (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO