Redes Escarlata
Redes Escarlata
Asociación sociocultural asemblearia fundada en 2001 cun ideario baseado no nacionalismo de esquerdas. Este colectivo pretende achegar a crítica ao mundo cultural galego e participar activamente na sociedade. Publicou un libro de poesía, Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), con textos de vinte e catro poetas da asociación, e a revista de pensamento crítico Suxeito Activo. Ademais de promover o Foro Social Galego e de crear o Premio Roberto Vidal Bolaño, outorgado a persoas que contribúan á emancipación política de Galicia, promoven as campañas “Un debate, mil repúblicas” e “Lugo, coa forza do poema revolucionario”.