redentorista
redentorista
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos redentoristas.
-
s
[RELIX]
Membro da congregación do Santísimo Redentor fundada en 1732 por santo Afonso María de Liguori en Scala, preto de Amalfi (Italia), para realizar misións entre a poboación rural de Nápoles. Foi aprobada por Benedito XIV (1749) e estendeuse por Europa, América e India. En 1732 fundouse tamén a rama feminina, dedicada á vida contemplativa e organizada por Maria Celeste Crostarosa.