Redes, Parque Natural de
Redes, Parque Natural de
Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.