"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi fiscal da Audiencia de Madrid, membro do Tribunal Supremo de Guerra e Armada e ministro de Gracia e Xustiza (1858). Representou nas lexislaturas da segunda metade do s XIX a numerosos distritos como Madrid, Villanueva de los Infantes e Ponteareas (1864-1865). Foi colaborador de El Faro Nacional e da Enciclopedia española de Derecho y Administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Licenciado en Filosofía e Dereito, en 1946 rematou a carreira diplomática, que exerceu en diversas cidades europeas. Foi ministro de Obras Públicas (1970-1973). En 1975 creou a Unión Nacional Española, de carácter reaccionario e continuísta, que entrou en 1976 na federación de Alianza Popular. Vicepresidente de AP (1978) e deputado por Pontevedra na lexislatura constituínte (1977-1979), a finais de 1979 abandonou a formación, en desacordo co reformismo de Manuel Fraga, e integrou, con Silva Muñoz, o frustrado partido Derecha Democrática Española. Escribiu El crepúsculo de las ideologías (1960), Río arriba. Memorias (1995) e Sobre la felicidad (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e ensaísta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, foi destinado a Lugo como funcionario do corpo de Administración Civil do Estado. Nesta cidade desenvolveu un intenso labor cultural participando activamente en parladoiros e asuntos locais. Membro do grupo de pensadores da Xeración de 1936, xunto a Ramón Piñeiro, Xoán Rof Carballo e Domingo García-Sabell, foi un dos revitalizadores do ensaísmo galego no campo da antropoloxía filosófica. Na súa mocidade centrou os seus estudios na filosofía do dereito e na obra de M. Heidegger, para despois interesarse por K. Marx, a fenomenoloxía, F. W. Nietzsche e, nos últimos anos da súa vida, pola obra de K. R. Popper. Vinculado á editorial Galaxia, colaborou, entre outras publicacións, en El Progreso, La Noche, Galicia Emigrante e Grial. No campo da filosofía, a súa obra máis importante foi O segredo do humor (1963), en que tocou a temática humorística desde un punto de vista filosófico e onde definiu o humor como un sutil xogo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Encarcerado varias veces pola súa actividade política e literaria, asinou varias das súas obras co pseudónimo de El Pensador Mexicano. Da súa produción, destaca Noches tristes (1818), La Quijotita y su prima (1819) e Vida y hechos del famoso caballero Don Catrín de la Fachenda (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Progresista, trala Revolución de 1868 xestionou a candidatura da coroa española de Fernando de Portugal. Acusado de colaborar con Ruiz Zorrilla, foi desterrado (1876). Fundou La Soberanía Nacional e escribiu Estudio histórico de las luchas políticas en la España del siglo XIX (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi concelleiro (1983-1991) e primeiro tenente-alcalde do concello de Ferrol (1987-1989) polo Partido Popular. Deputado pola Coruña no Congreso na IV, V e VI lexislaturas, dende o 2000 foi delegado do Goberno en Galicia. Foi distinguido coa Gran Cruz ao Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, fillo de Nicolás Fernández de Moratín. De formación autodidacta, foi secretario de Francisco Cabarrús en Francia e protexido de Manuel Godoy, a quen lle presentou diversos proxectos relativos á necesidade de promover o ensino teatral e a constitución dun Teatro Nacional. Representante do neoclasicismo español, da súa produción destaca La derrota de los pedantes (1789), El viejo y la niña (1790), La comedia nueva o El café (1792), El barón (1803), La mojigata (1804) e El sí de las niñas (1806), textos en que propón unha fonda renovación das estruturas sociais dun país dominado pola forza e o peso da tradición e o inmobilismo. Tradutor de Shakespeare e Molière, tamén escribiu diversos tratados teóricos, como o seu estudo Los orígenes del teatro español, publicado en 1883.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, pai de Leandro Fernández de Moratín. Asiduo do parladoiro literario de La Fonda de San Sebastián, foi un dos promotores en España do neoclasicismo, como reacción fronte á permanencia do teatro clásico español. Escribiu, entre outras obras, La petimetra (1762), Lucrecia (1763), Hormesinda (1770) e o drama histórico e patriótico Guzmán el bueno (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva escudo cuarteado por unha cruz, de ouro, semellante á da orde de san Xoán: primeiro cuartel, de sinople, con dous castelos, de pedra, e saíndo das torres de homenaxe dos castelos, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, na man; segundo cuartel, en campo de azul, con dous crecentes tornados, de prata, rodeados de doce estrelas, de ouro; terceiro cuartel, de prata, cun león rampante, de goles, armado de ouro; cuarto cuartel, de sinople, cunha caldeira, de ouro.
-
PERSOEIRO
Mariño. Formado no seminario de Vergara, ingresou na mariña (1780). Dedicado desde 1784 á recuperación de manuscritos e documentos marítimos para o Museo de la Marina de Cádiz, foi o descubridor dos manuscritos das viaxes de C. Colón. É autor dunha Colección de documentos inéditos, Ortografía e Análisis del Quijote: vida de Miguel de Cervantes Saavedra (1834). Membro desde 1792 da Real Academia da Lingua e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi secretario (1815), e desde 1800 da Real Academia de la Historia, da que foi presidente (1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, naturalista e historiador. Secretario do Consello da Inquisición e de G. Fernández de Córdoba y de Herrera, marchou en 1514 a América, onde ocupou, entre outros, os cargos de gobernador de Cartagena (1526), cronista de Indias (1532) e alcaide da fortaleza de Santo Domingo (1536). Nos seus escritos considerou os indios como seres inferiores, idea que o enfrontou a Bartolomé de las Casas, e afirmou a necesidade de que a conquista se realizase por medio dunha organización de carácter militar. Da súa produción, destaca Don Claribalte (1519), novela de cabalería, Sumario de la Natural Historia de las Indias (1526), Historia general y natural de las Indias (1535-1880) e Catálogo Real de Castilla (1552).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, cinco teas ardendo, postas en aspa; bordo de prata, con seis minguantes de goles.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Frade agostiño, co pseudónimo de Liseno formou parte da escola salmantina e mostrou predilección pola prosa satírica. Publicou Crotalogía o Arte de tocar las castañuelas (1792) e editou as Poesías (1796) de J. Tadeo González.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Licenciouse en Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou traballos de investigación en Perú, EE UU e en España, onde fixo traballos de campo no Bierzo, en Monfero e na vila de Betanzos. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña, entre as súas monografías compre subliñar: Jerarquía, espazo y sociedad en tierras de Monfero (1982), Antropología de un viejo paisaje gallego (1984), Espacio y vida en la ciudad gallega (1992). En colaboración con Maria del Pilar Irimia publicou Betanzos frente a su historia: ciudad y patrimonio (2000). Dirixiu diversos proxectos de investigación entre os que destacan Mundo rural e mundo urbano en las villas gallegas e Dinámicas cidadás en Ferrolterra. Membro da Comisión de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega e da sección de etnografía do Instituto Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Activo en Santiago de Compostela, na catedral realizou o relevo do descendemento para o retablo da Prima, o retablo da capela de San Fernando (1728) e a estatua do Apóstolo Santiago a cabalo destinada a coroar a fachada da Quintana. Das obras realizadas fóra da catedral, destacan o antigo retablo maior de San Fiz de Solovio (1726) e o retablo de san Ramón Nonato na igrexa do Pilar (1727).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1286-1323), fillo de Álvaro Pérez de Soutomaior. Cóengo da catedral de Tui, elixírono prelado en 1286. Nomeado por Sancho IV notario maior de Andalucía, foi o chanceler da Raíña María de Molina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Arcos (Chantada) e en Cartelos (Carballedo). Unha rama pasou a Andalucía e deu orixe aos Fernández de Córdoba. As súas armas primitivas levaban cinco taus, pero as máis estendidas traen, en campo de goles, tres faixas de ouro, superadas por unha tau (ou cruz de santo Antón), do mesmo metal; ás veces, invirten os esmaltes, en campo de ouro, tres faixas de goles, superadas por unha tau, de goles. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres bastóns de goles, arrimados e postos en pao, superados dunha cruz de santo Antón, da mesma cor.
-
PERSOEIRO
Político, duque de Frías. Loitou contra Napoleón e aconselloulle a Fernando VII xurar a Constitución de Cádiz. Durante o Trienio Liberal foi embaixador en Londres e membro do Consello de Estado; vencidos os liberais, exiliouse a Francia (1823-1828). Foi embaixador en París (1834) e presidente do goberno (1838). Escribiu a oda La muerte de Felipe II (1843).
VER O DETALLE DO TERMO