"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
GALICIA
Historiador e arqueólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1930). Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, trasladouse a Puerto Rico, onde foi decano da Universidad de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Membro do Seminario de Estudios Gallegos, participou xunto a F. López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Domaio, Santa Tegra, Taboexa e San Cibrán de Las. Colaborou de forma asidua con distintas publicacións O tesouro de Foxados (1933), La Población de Nueva España en el siglo XVI e El colegio de San Clemente de Pasasantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Fanny Garrido, empregou o pseudónimo de Eulalia de Liáns. Colaborou na prensa da época (El Correo e Galicia) e da súa produción destaca Escaramuzas (1885). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Comezou a desenvolverse no mundo da fotografía con vinte anos, en Regla, acollido pola familia de Germinal González. Alí simpatizou cos políticos comunistas, polo que tivo que vivir na clandestinidade. Nas súas imaxes, de grande interese etnográfico, apareceron reflectidos os aspectos da vida cotiá da illa, así como a loita sindical e obreira da Cuba prerrevolucionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Residente en Barcelona desde 1966, onde traballa como produtor de programas de Radio Nacional de España, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destaca Antoloxía da poesía surrealista de expresión francesa (1981), Ucronía. Os anos agochados de Manuel-Antonio (1988), co pseudónimo de Carlos Posada, Álvaro Cunqueiro, tradutor (Premio Literario Ánxel Fole, 1990), Manifesto das vangardas europeas (1995), Teatro e surrealismo (1999), O Teatro de Charles Baudelaire. Proxectos. (2000), Unha montaxe de “Os vellos non deben de namorarse” en español (2001), A lingua secreta (2002) e A novela policial (2002). Así mesmo, traduciu Antígona (1989), de Salvador Espriu; Poncio Pilatos (1992), de Roger Caillois; O tesouro dos Xesuítas (1996), de Louis Aragón e André Bretón; Nun pregue de veludo (2001), de Alexandre Ballester; Desertos (2002), de Josep Pere...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amando.
-
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información e redactor de Radio Nacional de España, dirixiu Radiocadena Española en Ourense, Radio Nacional de España na Coruña, o centro territorial de TVE en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia. Ademais, foi delegado territorial de RTVE en Galicia. É autor da obra Cáncer: verdad y esperanza e dun apéndice do libro El mercado de la soledad humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Graduouse (1974) en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciatura A fala do Incio e doutorouse en Filoloxía Románica coa tese O xugo e o carro. Contribución ao estudo das denominacións dos apeiros de labranza en Galicia. Catedrático de Filoloxía Románica na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago e director (1988) dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros, forma parte do equipo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG), do que tamén foi secretario (1991-1996). As súas áreas de investigación e especialización céntranse na lingüística e, sobre todo, na lingua galega. Os seus estudios sobre o galego abranguen diferentes áreas filolóxicas. En dialectoloxía e xeografía lingüística, destaca o seu labor como coautor do Atlas Lingüístico Galego e do Atlas Lingüistique Roman. En lexicografía, coordinou o Dicionario da Lingua Galega (1990) da Real Academia Galega (RAG) e o ILG,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario. Coñecido como El Campesino, foi mineiro e afiliado do PCE. Durante a Guerra Civil estivo ao mando da 46ª División na Batalla de Brunete e durante a Batalla do Ebro integrou a súa brigada no 5º Corpo do Exército. Acabada a guerra, trasladouse a Alxeria e despois exiliouse na URSS, onde pola súa posición crítica foi encarcerado nun campo de concentración. Tras fuxir a Francia, regresou a España en 1978. Publicou Vida y muerte en la URSS, 1939-1949 (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Catedrático de Literatura Norteamericana da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Asociación Española para el Estudio de los EE UU (SAAS), da súa produción destacan La novelística de Carson Mc Cullers (1986) e El mundo novelesco de Carson Mc Cullers: soledad, amor e identidad (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. No taller paterno aprendeu a forxa e a ourivería. Co seu irmán Joan González i Pellicer (Barcelona 1868-1908), pintor e escultor, trasladouse a París. En 1927 comezou a dedicarse de cheo á escultura en ferro e atopou solucións lineais para os problemas de masas na escultura de pranchas retalladas, das que destacan Pequeña maternidad retallada (1927) e Roberta al sol (1927). Cara a 1930 fixo unha serie de máscaras, entre outras, Pequeña máscara de don Quixote (1930), Cabeza del tío Joan (1930), La Montserrat (1932) e Máscara, sombra y luz (1934-1935), obras nas que inseriu solucións pitóricas do cubismo. No seu camiño cara á abstracción realizou unha serie de obras filiformes, entre outras, El arlequín (1930), Gran maternitad (1930-1934) e Màscara de Montserrat gritando (1936), nas que recolleu o impacto do surrealismo. Cara a 1934 retornou á tradición figurativa, ao tempo que facía...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Director xeral do gabinete de comunicación da ONCE. Foi director dos servicios informativos de Radio Miramar, fundador de Radio Minuto, director da revista Nova Cultura, delegado de OTR/Press en Catalunya, director xeral de Ondas Galicia e director de estudios de Onda Cero, de Radio España en Barcelona e de Onda Cero en Catalunya, ademais de director de expansión de Onda Cero. Foi galardoado co Master de Oro da comunicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gaiteiro. Coñecido como Moxenas, foi profesor de gaita e percusión e compositor de pezas para gaita. Formou parte de grupos como Os chavales de Sárdoma, Vento das Cíes, Lembranzas Galegas e Muxicas. Das súas obras destacan Pasodoble de Sárdoma, Cereixas de beade, Foliada para Andrea. Foi nomeado Vigués Distinguido.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. As súas primeiras obras, mariñas, bodegóns e paisaxes de Castela, amosaron unha paleta de azuis, sienas, ocres e amarelos. As súas viaxes por Europa e o N de África contribuíron á asunción dunha paleta quente. Co paso do tempo foi asumindo unha abstracción ata chegar ao informalismo. Foi un dos integrantes do grupo Nueve Expresiones (1994) e ilustrou o libro Galicia, de E. Rivera Chevremont (1994). En 1974 participou na Exposición ao Aire Libre de Vigo e en 1978 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid e, desde entón, realizou numerosas mostras por toda España, das que destacan as antolóxicas celebradas no Museo do Pobo Galego e en 2001 na Casa das Artes de Vigo. A súa obra está, entre outras, nas coleccións Caixanova, Xunta de Galicia e na Fundación Camilo José Cela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña. Membro do PSOE desde 1977, foi tenente de alcalde da Coruña de 1980 a 1982, e director xeral de Ordenación Pesqueira e Relacións Pesqueiras Internacionais do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1982 e 1985. Parlamentario galego na II e III lexislaturas (1985-1993) polo PSOE e senador pola Comunidade Autónoma de Galicia desde a III á VI lexislaturas (1986-2000), ostentou a presidencia da Xunta de Galicia entre 1987-1990. Foi membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa, da Unión Europea Occidental e da Internacional Parlamentaria. É autor de Estrutura Económica de Galicia (1992), Os desafíos económicos de Galicia (1996), Galicia, un camiño aberto á renovación (1997), e entre os seus textos sobre temática pesqueira destacan Estrutura da pesca costeira galega (1977),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan as pezas de teatro Refuxio, ou por que as volvoretas non podían pousar (II premio no Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do Concello de Xove 1984) e Festa no xardín (I premio no Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do Concello de Xove 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Doutorouse en Historia Natural (1870) e foi nomeado catedrático (1872) da facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Foi separado da súa cátedra (1875) e encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña, ao se negar a cumprir o decreto ministerial de Orovio (ensinar a moral católica e defender a monarquía) e defender as ideas evolucionistas e darwinistas, que chocaban co pensamento tradicional filosófico. Foi discípulo de Francisco Giner de los Ríos e membro fundador da Institución Libre de Enseñanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e debuxante. Coñecido como Ánxel Johán, en 1918 ingresou no corpo de telégrafos e en 1929 destinárono ás Palmas de Gran Canaria, onde permaneceu ata 1948 e onde o condenaron a morte por apoiar a República. Conmutáronlle a pena logo de cumprir cadea en Las Palmas (1937-1942). De regreso a Lugo, foi profesor de debuxo no colexio Fingoi e no Círculo das Artes e director e fundador da colección de poesía Xistral. Colaborador na prensa escrita, empregou tamén o pseudónimo de Vicente Prado. Como poeta inclúese na Xeración de 1925, e dentro desta no grupo lucense. Vinculado con Luís Pimentel, Ricardo Carballo Calero e Ánxel Fole, espallou a súa produción por xornais e revistas, e publicáronse postumamente os volumes recompilatorios Sonetos de vida e morte (1991) e Obras reunidas (1993). Así mesmo, destaca o seu traballo “Notas encol dos pintores galegos”, publicado en 1951 en Grial. Incorporouse ao grupo A Gadaña e participou con eles na exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e historiador. Catedrático de Dereito Penal en varias universidades españolas. Durante a Segunda República foi deputado a Cortes nas tres lexislaturas (1931-1936) e en 1938 foi nomeado cónsul xeral de España en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións. Ao rematar a Guerra Civil marchou a París, Anveres e logo a Nova York, onde se incorporou ao Hunter College como profesor de Literatura e Historia de España. Das súas numerosas obras destacan Emilia Pardo Bazán: novelista de Galicia (1944), Galicia, su alma y su cultura (1954), El arte dramático de Valle Inclán. Del decadentismo al expresionismo (1967), Historia de la literatura española (1965-1972), Historia de Galicia (1980), La Galicia de los Austrias (1980), El reinado de Isabel II en Galicia (1984) e Castelao, propagandista da República en Norteamérica. Pertenceu a diversas academias e foi nomeado doutor honoris causa pola...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, director e frautista. Foi fundador do grupo de música de vangarda Aticus 16, co que estreou a súa obra Crisis, para dous recitadores e catorce instrumentos. Como frautista tocou, entre outras agrupacións, coa Orquesta de Cámara de Vigo, coa Orquesta de Cámara de Pontevedra, coa Orquesta Clásica de Vigo, coa Banda Municipal de Tui e coa Banda Municipal de Santiago. Da súa produción destacan Céret, No ferro do rail, Spectro I, Caminar 7.3, O longo Camiño de Santiago, Gregorianus 1 en Sib e Aquaedutus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cambiou o segundo apelido polo de Cando e colaborou nas revistas Galicia e Revista Gallega. Escribiu varios poemas en galego e publicou obras de teatro en colaboración con A. López Álvarez e Perosterena como De visita (1898), El suicidio de anoche (1899) e La leva (1900).
VER O DETALLE DO TERMO