"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de pesca que se realiza ao amencer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bebido’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘emborrachar’.
-
PERSOEIRO
Trobador, probablemente catalán, do que se conservan dúas longas composicións en versos de seis sílabas, Ensenhament del scudier e Ensenhament de la donzela, nos que dá consellos interesantes para a coñecer a vida cotiá da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da orde dos amanitais, de cogomelos de sombreiro con láminas libres, esporas brancas e pé con volva na base que pode presentar anel. En Galicia son frecuentes: A. citrina, baixo arbores caducifolias, con sombreiro amarelo ou branco e cheiro a pataca, indixesta; A. gemnata, baixo caducifolias ou coníferas e inodora, non comestible; A. muscaria, de sombreiro vermello con restos brancos do velo, en bosques de bidueiros e coníferas, alucinóxena; A. pantherina, baixo caducifolias, con sombreiro de pardo a ocre con copos brancos, moi velenosa; A. phalloides, baixo planifolias, con sombreiro verde cobrizo, mortal; A. rubescens, presente tanto en bosques de coníferas como de caducifolias, con sombreiro pardo avermellado e numerosos copiños grisallos, excelente comestible; A. vaginata, baixo carballos, de sombreiro umbonado de cor grisalla e pé sen anel, bo comestible.
-
-
Fungo da orde dos amanitais.
-
Orde de fungos da subclase das agaricomicetídeas o que pertencen os xéneros Amanita e Limacella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas substancias extremadamente tóxicas, extraídas da Amanita phalloides, de estrutura polipeptídica, consideradas xeralmente como alcaloides malia non ter carácter básico.
-
-
Estado do Brasil (142.358 km2; 326.000 h [estim 1995]). A capital é Macapá. Atópase na rexión do N, entre a Güiana Francesa e o esteiro do Amazonas; é accidentado ao NO, pola serra de Tumucumaque, prolongación oriental do macizo das Güianas, constituíndo no resto unha gran chaira cunha elevación central, a serra do Navío, na que se descubriron en 1946 importantes xacementos de manganeso. O litoral, que se estende entre o río Oiapoque e o canal do Norte no esteiro do Amazonas, é moi pantanoso. O país está drenado polas concas do propio Oiapoque e do Jari, afluente do Amazonas, que marca a linde co estado de Pará. O clima é tipicamente ecuatorial (o ecuador atravesa a capital) e dá lugar a unha vexetación selvática, aproveitada para a extracción de madeiras nobres e caucho. A costa está poboada por vexetación de manglares. O territorio segregouse do estado de Pará no 1943 e estivo moito tempo en litixio entre Francia e o Brasil. Conseguiu o status de estado no 1990.
-
Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.
-
Acción e efecto de amañar ou reparar.
-
-
-
Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.
-
Acción e efecto de amañar ou reparar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus asturicense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba a área próxima de Asturica Augusta (actual Astorga, Castela-León), núcleo urbano principal deste pobo. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon do estudo dos populi, aparece ás veces citado co nome de amacos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de amansar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de amansar.
-
-
Eliminar dun animal as súas calidades de ferocidade ou un estado anormal de indocilidade, furia ou rabia, para tornalo manso.
-
Calmar a ferocidade, a ira, a malevolencia, o odio ou calquera manifestación violenta.
-
Deixar de ser violenta, adusta, arisca ou esquiva unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina empregada inicialmente como antivírico para a profilaxe da gripe A2. Posteriormente, observouse que ten certa eficacia no tratamento da enfermidade de párkinson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir(se) cunha manta ou algo semellante para gorecer do frío ou das malas condicións meteorolóxicas.
-
-
Que ama.
-
Que ten grande afección por unha cousa.
-
Home, respecto da muller, ou muller respecto do home, que ten relacións sexuais habituais fóra do matrimonio.
-
Persoa coa que outra mantén relacións sexuais.
-
Dúas persoas que se aman.
-
Aplícase ao viño que non ten aristas organolépticas. É o viño que “senta ben” ao corpo.
-
Nome xenérico de todo cabo groso ou cable asegurado, por un extremo, á punta dun pau ou dunha verga e, polo outro, a un aparello.
-
Especialmente, cable que ten por finalidade izar pesos, especialmente nas operacións de carga e descarga dos buques.
-
-
-
Lenda española creada a partir dun dos contos do Decamerón de Boccaccio, Girolamo e Salvestra, que relata os amores desafortunados entre Diego Marsilla e Isabel de Segura. Aparece documentada por vezprimeira en El peregrino curioso y grandeza de España (1577), de Villalba y Estaña. A primeira adaptación de teatro data do 1581, coa obra de Rey de Artieda Los amantes de Teruel, de grande éxito nas letras castelás a través, principalmente, da refundición que publicou Pérez Montalbán no 1638 e, sobre todo, do drama romántico do mesmo nome que Hartzenbusch estreou no 1837.
-
Drama histórico en cinco actos de Juan Eugenio Hartzenbusch, escrito no 1836 e estreado no 1837. Baséase na lenda tradicional e conta os amores contrariados entre a nobre Isabel de Segura e o plebeo Diego Marsilla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribente, persoa que escribe á man e ao ditado, ou copiando.
-
-
Que pertence á familia das amarantáceas.
-
Planta da familia das amarantáceas.
-
Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 65 xéneros que compoñen unhas 900 especies de plantas herbáceas e arbustivas, de distribución cosmopolita, especialmente, tropical e subtropical. Moitas cultívanse como plantas ornamentais e, nalgúns casos, como vexetais e herbas para cociñar. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e o xénero Leucojum.
-