"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Político e estudoso de Filoloxía, Química e Ciencias Naturais. Fillo de Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, foi deputado na Asemblea francesa (1848) e senador durante o Segundo Imperio.Trátase dun investigador interesado polas linguas minoritarias, especialmente polo éuscaro, o portugués, o asturiano, o saiagués e o galego, que desenvolvía a súa actividade solicitando información e textos aos eruditos das distintas áreas lingüísticas que estudiaba. Compilou as traducións de textos relixiosos como a Oración dominical, o Cantar dos Cantares e o Evanxeo de san Mateo. Carteouse co naturalista galego Víctor López Seoane entre os anos 1887 e 1888 para solicitarlle os nomes dos réptiles, co dialectólogo portugués Leite de Vasconcelos e con Gonçalves Viana, fonetista luso. Elaborou tamén o prólogo da tradución do Evanxeo de san Mateo (Londres, 1861), no que escribiu “Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón III.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Canino, irmán de Napoleón I. Presidente do consello dos Cincocentos (1789), preparou o golpe de estado do 18 de Brumario. Ocupou o ministerio do Interior e unha embaixada en Madrid (1800-1801). Escribiu unhas Memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón I Bonaparte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé I.
-
PERSOEIRO
Poeta occitano da escola de Aviñón, pertencente á familia imperial dos Bonaparte. É destacable o seu himno Coupe. Escribiu Li parpalhons blus (1868) e Li piadas de la princessa (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Corrente política francesa partidaria da volta dos Bonaparte ao trono.
-
Categoría político-social típica de conxecturas de desorganización política ou de crise xeral, cunha lexitimidade caracterizada por un executivo de tipo cesarista e paternalista que recibe o respaldo da pequena burguesía. Este concepto foi cuñado por Marx en Der 18 Brumaire des Louis Bonaparte (O 18 Brumario de Luís Bonaparte, 1852) a partir da forma de estado instaurada por Luís Bonaparte. Posteriormente, este termo foi aplicado por autores marxistas a certos réximes plebiscitarios e carismáticos e a certas democracias autoritarias.
-
-
-
Relativo ao bonapartismo.
-
Partidario do bonapartismo.
-
-
PERSOEIRO
Actor. En 1870 trasladouse a Arxentina, onde actuou en numerosos melodramas. De volta a Barcelona (1883), ingresou no Romea para seguir coa súa carreira. Ángel Guimerà elixiuno como protagonista das súas obras Mar i cel (Mar e ceo), L’ànima morta (O espírito morto), Rei i monjo (Rei e monxe) e Terra baixa (Terra baixa). Estreou tamén obras de Frederic Soler e de Josep Pin i Soler. Nos últimos anos especializouse en papeis cómicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao S da presa de Porma, no río Porma (2.664 h [1996]). A súa economía baséase na explotación das minas de carbón e de talco que hai no termo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. É autor do poema pastoral Fillo di Sciro (O fillo de Sciro, 1607).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao NL da capital e drenado polo río Tinto (5.056 h [1996]). As actividades económicas máis relevantes, ademais da agricultura e da gandería, son a fabricación de materiais de construción e a industria alimentaria (cooperativas panificadoras e hortofrutícolas). Entre os principais cultivos, xunto coa triloxía mediterránea (trigo, vide e oliveira), destacan as hortalizas e as froiteiras. A súa localización a 20 km da capital onubense, fai que se insira na área urbana desta, que exerce a súa influencia como centro de servicios administrativos e comerciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos tetraónidos ao que pertence a pita dos abeledos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosé ben Nahmán.
-
PERSOEIRO
Alpinista italiano. Entre as súas ascensións destacan a primeira que realizou de forma individual á cara SO do Drue e a primeira invernal individual á parede N do Cervin. Escribiu Le mie montagne (A miña montaña, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural dirixida por Xoán Manuel Carreira Antelo e cun consello de redacción integrado por Manuel Castelao, Luís Rei Núñez, Xesús M. Valcárcel, Ramiro Fonte, Xulio L. Valcárcel, Ánxel Rey Ballesteros e Lois Rodríguez Andrade. Editou o seu número 0 en Santiago de Compostela en 1979, cunha tirada inicial de 2.500 exemplares e con presentacións en Madrid e Barcelona, pero non tivo continuidade. As súas intencións eran contribuír a superar o minifundio cultural, rescatar textos e autores, publicar traducións, contribuír a internacionalizar a cultura galega e non coartar ningún tipo de colaboración por razóns ideolóxicas, literarias ou lingüísticas. A temática, segundo o proxecto inicial, era moi ampla: pensamento, arte, crítica literaria, teatro, imaxe, urbanismo, musicoloxía, poesía, relatos, etc. As ilustracións corrían a cargo de Alfonso Sucasas. Monolingüe en galego, anunciaba que incluiría textos en catalán e portugués como un claro boicot ao castelán. Nese primeiro e único número...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bernal de Bonaval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Santiago de Compostela no cruce das rúas de san Pedro e das Rodas, fóra da antiga Porta do Camiño. A tradición atribúe a súa fundación a san Domingos de Guzmán quen supostamente peregrinou a Compostela en 1219. Foi fundado ao redor de 1220 baixo a advocación de santa María, mais en 1498 apareceu xa baixo o nome de San Domingos. O templo segue a tipoloxía das igrexas mendicantes, sendo o primeiro templo galego en adoptala. Foi consagrado en 1230 aínda que a finais do s XIII foi reformado baixo a protección do arcebispo dominicano frei Rodrigo González de León, estendéndose as obras ata o último cuarto do seguinte século. A planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas poligonais, dúas capelas nos extremos dos brazos e dúas máis que se abren á nave. A cabeceira é característica do gótico mendicante: capela maior e dúas ábsidas colaterais de planta poligonal, bóveda de crucería e longos vans oxivais. En 1718 o artesoado de madeira das naves foi substituído...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Fidanza.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor italiano. Traballou en España dende 1731. Dirixiu as obras da renovación de Aranjuez e colaborou na construción do palacio real desta cidade, onde trazou a escaleira (1744) e remodelou a fachada. Realizou tamén o Teatro del Buen Retiro e a igrexa dos Santos Justo e Pastor, hoxe de San Miguel, en Madrid (1739-1746).
VER O DETALLE DO TERMO