"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PENÍNSULAS

    Península de Europa suroriental, proclamada, despois da disolución da URSS, república autónoma dentro da estrutura administrativa de Ucraína, á que está unida polo istmo de Perekop (27.000 km2; 2.164.000 h [estim 1998]). A súa capital é Simferopol’.
    Xeografía
    Rodeada polo Mar Negro e o de Azov, no seu relevo distínguense tres rexións: ao N e ao centro, unha chaira dominada pola árida estepa; ao S e seguindo a liña da costa, unha cordilleira de pregamento alpino, as montañas de Crimea; e, finalmente, unha franxa costeira estreita, protexida dos ventos fríos do N. A economía é esencialmente agrícola (cultivo de árbores froiteiras, tabaco, trigo e avea) e gandeira (vacún e lanar). A escasa industria céntrase na elaboración de produtos químicos, fariñas e fertilizantes. O turismo, ademais, é un dos recursos económicos máis importantes. Os centros turísticos da costa meridional, Yalta, Sebastopol (356.000 h [1998]) e Feodosiya, xunto con Yevpatoriya,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que tivo lugar na península de Crimea entre Rusia e a coalición formada por Turquía, Francia, Reino Unido e, posteriormente, Sardeña (1855). Iniciouse o 23 de setembro de 1853 coa invasión dos principados turcos do Danubio por parte de Nicolao I de Rusia. En 1854 as forzas aliadas iniciaron o asedio a Sebastopol, cuartel xeral da flota rusa, que caeu en 1855, e que deu paso ás negociacións de paz. O congreso, iniciado en París o 25 de febreiro de 1856, culminou co tratado de paz do 30 de marzo de 1856, que supuxo a perda de territorios e influencia rusa na zona e o protectorado europeo sobre os turcos cristiáns. En España, esta contenda repercutiu nunha reactivación intensa da economía, ao quedar bloqueada a saída de cereais rusos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro, ebanista e tallista para despois estudar na Escola de Belles Arts de Barcelona. Participou en 1936 na Exposición Loxicofobista de Barcelona. A súa estética é surrealista e, aínda que cultivou a arte figurativa, realizou obras metálicas onde empregou materiais de refugo como ferros ou variñas dos paraugas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en agosto de 1894 como voceiro das asembleas pedagóxicas que se estaban a celebrar na cidade. Editáronse un total de dez números. Dirixida por Xosé Durán Alonso, contaba cun consello de redacción formado por E. Lorenzana, E. Couto Salcedo, Xosé López Otero e Xosé Juncal Berdulla. Pertenceu á Asociación de Maestros de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación escollida por Antonin Artaud para designar unha nova forma de entender e practicar a arte teatral, formulada polo escritor francés en dous manifestos que aparecen en 1932 e 1933, e que serán despois incluídos no seu libro máis importante, Le Théâtre et son double (O teatro e o seu dobre, 1938). Malia a denominación escollida, o que Artaud propoñía era unha reteatralización do teatro, de xeito que se puidesen recuperar vellas linguaxes, como o xesto, o movemento, a música ou a danza, desprazadas pola palabra, que predominaba na escena naturalista, dominante naquela altura. Influenciado polo teatro balinés e polas cerimonias e celebracións das comunidades tarahumaras de México, o teatro da crueldade propón unha volta ás orixes e unha recuperación da tradición teatral primitiva, tanto no plano da realización como da comunicación directa co espectador, de forma que o teatro puidese chegar a se converter nunha experiencia vital iniciática e mística onde os seres humanos fixesen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Áctor e Molíone. Xunto ao seu irmán Éurito, coñécense coma os Moliónidas. Ambos os dous foron asasinados por Heracles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de xaneiro de 1942 polo Instituto Antonio de Nebrija, dependente do CSIC. Dirixida por Joaquín de Entrambasaguas, figuraba como secretario José Simón Díaz. Tirou do prelo dezaoito monográficos dedicados á obra de diferentes autores. En xaneiro de 1947 pasou a denominarse Cuadernos de Literatura e, a partir de xaneiro de 1952, Revista de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión de reacción con catro motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cuartear.

    2. Aplícase ao campo do escudo dividido en catro partes ou cuarteis iguais mediante o partido e o truncado; tamén se lle chama cuarteado en cruz. Cando o campo se divide mediante o tallado e o tronzado denomínase cuarteado en aspa e cuarteado en escuadra cando a división dá lugar a unha cruz esvástica, de xeito que cada cuartel recorda a forma dunha escuadra. A orde para brasonar os cuarteis vai sempre cara á punta e do lado dereito ao esquerdo. O costume de cuartear as armas -moi común nos estados hispánicos- parece que comezou a finais do s XIII.

    3. Aplícase ao selo con fendas, xeralmente por mor da goma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir en cuartos, especialmente un animal.

      1. Dividir unha cousa en partes.

      2. Dividir unha casa.

      3. Realizar as divisións dun escudo en cuarteis.

    2. Facer regos nun campo para distribuír a auga.

    3. Aplicar, nos arrendamentos, unha cuarta parte máis sobre o primeiro axuste.

    4. Cantar ou dicir en voz alta, ordenadamente, as diversas cuartas da rosa náutica e a súa equivalencia en graos e minutos ou décimas de graos.

    5. Formarse gretas en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de pirólise de ésteres que se leva a cabo a temperaturas moi elevadas (400-500°C) e que conduce ao ácido correspondente e a unha olefina. Transcorre con bos rendementos e experiméntana os ésteres de ácidos fortes a temperaturas moi inferiores ás mencionadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Día no que se cumpren un ou varios anos dalgún feito ou acontecemento memorable.

    2. Día que se sinala como importante e que marca un período de tempo na vida dunha persoa.

    3. Oficio ou misa que se celebra en sufraxio da alma dalgún defunto o día que cumpre un ou varios anos da súa morte.

    4. Lote de bens que o testador deixa sinalados para que anualmente e en datas determinadas se celebren exequias pola súa alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘retellar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar atentamente algo ou alguén.

    2. Buscar datos para descubrir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía afeccionada de teatro creada pola Asociación de Mulleres Rurais de Noira e dirixida por Víctor Vez Villar. Conta cunha sección infantil e con outra de adultos, nas que se producen espectáculos cunha decidida dimensión popular a partir de textos de Eduardo Blanco Amor, Nicolás Bella, José Luís Alonso de Santos ou os irmáns Serafín e Joaquín Álvarez Quintero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Publicou entre outras obras: Les jeunes hommes (Os mozos, 1946), Les forêts de la nuit (Os bosques da noite, Premio Goncourt 1947) e Le mauvais choix (A mala elección, 1984). En 1972 obtivo o Premio de Literatura da Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición, descuberta por T. Curtius en 1894, coa que se obtén a formación de isocianatos e dos seus derivados por descomposición de acidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen corre coas custas ou custos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aboar o custo que algunha cousa lle ocasiona a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de diagnose inmunolóxica que consiste en pór en contacto un antíxeno sobre a pel, con ou sen escarificación previa da derme.

    VER O DETALLE DO TERMO