"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • tetrasporofilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás estiracáceas.

    2. Leñosa da familia das estiracáceas.

    3. Familia, da orde das ebenais, composta por árbores ou arbustos de follas alternas, enteiras ou dentadas, de flores regulares, tetrámeras ou pentámeras, e froitos en drupa, baga ou cápsula. É unha familia tipicamente tropical que ten como xénero máis característico o Styrax.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento rápido da estatura dunha persoa.

    2. Acción de saltar e estender o corpo e os brazos canto se pode para deter o balón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estirar ou estirarse.

      1. Operación de calibrar barras ou tubos metálicos, laminados en quente, por redución da súa sección facéndoos pasar a través dunha fileira ao mesmo tempo que se someten a un esforzo de tracción. Co estiramento, obtense unha gran precisión dimensional, un aumento do límite elástico e da resistencia á tracción, e unha diminución da estrición e da resiliencia. Xeralmente realízase en frío.

      2. banco de estiramento

        Máquina de estrutura pesada e robusta empregada no estiramento de barras e perfís. Consta basicamente dun cabezal, fixado ao banco, que contén unha ou máis fileiras que determinan as dimensións da peza estirada ao pasar a barra ou o perfil por elas. O carro de tracción suxeita a peza cunhas mordazas e, mediante a forza que lle comunica un rotor, estíraa e obrígaa a pasar pola fileira mentres se despraza ao longo do banco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer unha cousa máis longa tirando dela. Na tradición oral recóllense ditos como: “O moito estirar fai ás veces crebar ou rachar”.

      2. Facer que algo aumente de lonxitude ou de tamaño.

    1. Estender o que estaba dobrado ou encollido. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén estire a perna ata onde a manta non chegue”.

    2. Alisar o que está engurrado ou pasar o ferro lixeiramente.

    3. Facerse máis longa unha cousa.

    4. Medrar unha persoa.

    5. Estender alguén o corpo ou os membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Hidrocarburo aromático líquido, facilmente polimerizable, de aspecto oleoso, cor amarela, olor penetrante, inflamable, lixeiramente tóxico, e soluble en alcohol, éter e benceno. É un dos produtos básicos da industria petroleoquímica, que se emprega na fabricación de polímeros e copolímeros para a preparación de diversos materiais plásticos e cauchos. Obtense principalmente a partir da deshidroxenación do etilbenceno, feito que supón o 97% da produción mundial:
    GRAFICO
    Nesta reacción faise pasar o etilbenceno a 600-650°C sobre un catalizador de óxido de ferro ou de cinc. A reacción é endotérmica. Sepárase o estireno formado (un 40%) dos outros produtos da reacción por destilación fraccionada a presión reducida, co fin de chegar a unha concentración superior ao 99,8%, necesaria para a polimerización. O estireno adquiriu importancia en 1925, cando a I. G. Farben se lanzou á fabricación do polistireno, que se empregou durante a Segunda Guerra Mundial como materia prima para a obtención...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land do SL de Austria, situado na cadea alpina de Niedere Tauern, que actúa como divisoria de augas (16.388 km2; 1.203.062 h [1999]). A capital é Graz. A parte occidental está constituída polos vales dos ríos Enns e Mur. O principal recurso económico é a explotación do bosque, que cobre un 49% do territorio e produce madeira, en gran parte para a exportación. A agricultura ten escasa importancia. A presenza de xacementos de ferro (Eisenerz), lignito e magnesio favoreceron o desenvolvemento dunha destacada industria siderúrxica e metalúrxica. Habitada polos celtas e os ilirios, formou parte das provincias romanas de Nórica e Panonia. Integrada na Marca Carinta do Imperio Carolinxio (788), a familia Steyr controlou o territorio dende mediados do s XI. Ducado independente desde 1180, en 1192 pasou a Austria. O Emperador Carlos V herdouno de Maximiliano I e cedeulla ao seu irmán Fernando (1521). A poboación converteuse maioritariamente ao protestantismo (1530),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical de fórmula C6H5-CH=CH- que deriva formalmente do estireno por eliminación dun átomo de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estirar de maneira brusca ou violenta algo.

    2. Crecemento rápido da estatura dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de antepasados e descendentes dunha familia.

    2. Grupo de individuos emparentados e cunhas características comúns que os diferencia doutros grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de actividade vital reducida, inducida pola calor, que se presenta na época máis cálida do ano. O motivo é a reacción protectora do organismo fronte ás condicións desfavorables producidas polas altas temperaturas, e é propio de animais de rexións desérticas tropicais.

    2. Fenómeno polo que certas plantas non xerminan ata que reciben o estímulo de temperaturas elevadas, propias do verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labor que consiste en rozar un anaco de monte e queimar os terróns e a broza para obter borralla, que se estende despois polo terreo para ser labrado e cultivado.

    2. Terreo, nun principio cuberto de bosque ou matogueira, preparado para o cultivo temporal segundo un elemental sistema de cavado. Antigamente, cultivábase durante catro ou cinco anos ata o esgotamento do solo, e despois abandonábase. A cava practicada en zonas despoboadas ou comunais constitúe unha forma característica do cultivo itinerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavar e rozar un anaco de monte e queimar os restos de terróns e broza, para despois cultivar nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estío.

    2. Aplícase á planta anual que florece no verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bosque en que se alternan períodos de xerofilia e de higrofilia, e en que as árbores perden as follas durante a época de días curtos e baixas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de terras de labor cercadas que pertencen a varios donos.

    2. Cereal que se cultiva neste terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río dos infernos. Segundo a Teogonía de Hesíodo, fillo máis vello de Océano e Tetis, e segundo Hixino, fillo da Noite e do Érebo. Adoita presentarse como muller de Palante e nai de Zelo, Nice, Cratos e Bía, é dicir, o Celo, a Victoria, o Poder e a Forza. Axudoulle a Zeus na loita contra os xigantes e, como recompensa, dispuxo que os xuramentos solemnes que pronunciasen os deuses nas súas augas fosen inviolables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo pertencente ao Estixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Xoán Bautista.

    VER O DETALLE DO TERMO