"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á vida no campo e a todas aquelas actividades relacionadas coa agricultura, por oposición á vida na cidade. A definición de espazo rural é moi complicada debido á dificultade de establecer unha unanimidade na mesma que faga que posúa un carácter universal. Non obstante, pódense establecer criterios para concretar os elementos ou problemáticas que axuden á súa definición. Segundo algúns autores, estes criterios poden dividirse en obxectivos ou en normativos. É dicir, a visión obxectiva de que un municipio é rural pode deducirse da porcentaxe de poboación activa agraria ou dunha combinación de variables como a poboación, a densidade ou a presenza de servizos. Pola contra, a visión normativa, pode fundamentarse en consideracións subxectivas, como o número de habitantes que debe ter un municipio para ser considerado rural. Os criterios que se basean nesta última perspectiva para clasificar municipios ou núcleos de poboación como rurais chegan a situacións tan dispares...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de rural.
-
-
Relativo ou pertencente ao ruralismo.
-
Persoa amante do ruralismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de sachar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sacudir ou sacudirse.
-
PERSOEIRO
Arquitecto xaponés. Fixo prácticas con Le Corbusier (1931-1936) en París. Construíu o Pavillón de Xapón da Exposición Internacional de París (1937). Activo no CIAM, foi delegado de Xapón no CIRPAC. Das súas obras destacan o Museo de Arte Moderna de Kamakura (1951), a Casa Internacional de Toquio (1955), coa colaboración de Mackawa e Yoshimura, e o inmoble Tokyo-Kaikan (1953 -1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Chiba, na illa de Honshū, Xapón, situada ao S do lago de Inba-Numa (168.072 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de salgar.
-
Proceso de conservación dos alimentos mediante o emprego do sal, especialmente con certos tipos de carne e de peixe. Consiste en introducir os alimentos en sal común sólido (salgadura en seco) ou disolto en auga (salmoira) durante un período determinado que varía dependendo do alimento. Desta forma o sal impide, por ósmose, a proliferación de microorganismos e permite unha conservación prolongada do mesmo. Nun momento posterior introduciuse un novo proceso, o prensado, que permitía unha mellor e máis duradeira conservación. Os principais peixes que se someten a este sistema de conservación son as sardiñas, o bacallau, o xurelo, a xarda e a anchoa (semiconserva). Respecto das carnes destacan o xamón e o touciño, que mesturan o proceso da salgadura e o do secado na súa elaboración. OBS: Tamén se denomina salga.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Cavaliere Bivilacqua, formouse co seu pai, Arcangelo Salimbeni, e estivo influído por F. Barocci. Traballou en Florencia, Pisa, Perusa e Siena, e a súa produción, dentro da corrente manierista, caracterizouse por un ton cargado e melancólico, e por unha vulgaridade formal. Destaca Madonna col bambino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de salpicar ou salpicarse.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Araba, Euskadi, regado polo río Zadorra, situado a 25 km ao L de Vitoria-Gasteiz (4.006 h [2001]). Destaca a industria alimentaria, téxtil, madeireira e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da nobreza militar xaponesa que se caracterizaba polo seu profundo coñecemento das artes marciais e por ter como norma de conduta o bushido, ou código de honor do guerreiro. As súas normas eran a fidelidade de conduta e a coraxe. Non posuía terras, pero recibía do daimio, o seu señor, unha paga en arroz. Comezou a perder importancia a partir do s XVII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Basílica de Roma, unha das catro basílicas maiores. Está situada na Via Ostiense, preto da porta homónima. O primeiro edificio erixiuno Constantino (324) sobre o lugar tradicional da tumba de san Paulo. En 388 Valentiniano e Teodosio erixiron aí a gran basílica, completada en 395 por Honorio. Non sufriu cambios importantes ata o incendio de 1823. Da antiga só queda o arco triunfal cos mosaicos do s V. Reconstruída (1854) de acordo co plano antigo, consta de cinco naves longas e espazosas, separadas por catro fileiras de columnas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.
-
PERSOEIRO
Bióloga. Doutora en Ciencias Biolóxicas e catedrática de Xenética na facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora de Investigación e Relacións Científicas no vicerreitorado de Investigación e presidenta da comisión da Biblioteca e do Arquivo Histórico da universidade compostelá, en 2005 foi nomeada conselleira de Educación, en representación do PSdG-PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de sangrar.
-
flebotomía.
-
Corte ou fenda abertos nunha árbore para extraer resina.
-
-
MACIZO
Macizo montañoso de India, ao N do Deccan, entre os ríos Narmada e Tāpi. O seu cumio acada os 1.325 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero dramático romano relacionado, segundo Livio, coas formas de danza con acompañamento de frautas de óso, creadas en Etruria para a celebración dos xogos romanos de 364 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
saturable.