"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura. Foi profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Cómpre destacar, no eido da rehabilitación arquitectónica, as intervencións no mosteiro de Santa María a Real de Oseira, galardoadas co premio Europa Nostra (1989), a igrexa de San Francisco de Santiago e as pallozas do Cebreiro. Traballou nas escavacións do castro de Elviña. Colaborou en Coruña, paraíso del turismo, Obradoiro e Abrente. Obtivo, entre outros, o Primeiro Premio no Concurso para a Rehabilitación Integral do Casco Antigo de Betanzos (1981) e no Concurso de Proxectos para a Ordenación do Val do Eume (1984). Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, da Academia de Doctores e do Comité Nacional de Icomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecario e historiador. Licenciado en Dereito, foi bibliotecario da Real Academia Española. Das súas obras históricas de tema galego destacan Recuerdos de un viaje á Santiago de Galicia, por el padre F. Fita y A. Fernández-Guerra (1880) e Las diez ciudades bracarenses nombradas en la inscripción de Chaves (1888); e entre as de historia medieval Historia de España desde la invasión de los pueblos germánicos hasta la ruina de la monarquía visigoda (1890), Las ciudades bastetanas Asso y Argos (1887) e Las ciudades bélicas Ulisi y Sabora. Pertenceu á Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Xefe de informativos e programas de RNE. Foi director de RNE en Vigo e Ourense, redactor de Marca, correspondente en Vigo de La Voz de Galicia e da axencia EFE, xefe de informativos de RNE en Vigo e xefe de deportes de El Pueblo Gallego. Escribiu La historia del Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Ramón Fernández-Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e escritor. Coñecido como Miguel Ángel Pacheco, acadou o doutoramento en Belas Artes pola Escuela de San Fernando de Madrid. Traballou como deseñador de cubertas de Anaya-Educación e na área de deseño da facultade de Belas Artes de Salamanca. O seu labor centrouse no eido da literatura infantil e xuvenil como autor, ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou en programas infantís de televisión e ideou e escribiu diversas series de libros infantís con J. L. García Sánchez. Entre outros premios recibiu o Premio Lazarillo de Ilustración (1973), por Maestros de la fantasía; Premio Nacional de Ilustración (1980), pola colección Gracias a...; Premio Nacional de Ilustración (1983), por La Bella y la Bestia; Premio Lazarillo de Literatura Infantil y Juvenil (1996), por Los zapatos de Murano; e Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María (2000) e Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (2001), por Verdadera historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Realizou estudios de solfexo, piano e violín. Fundador do coro Cantigas da Mariña, escribiu as pezas polifónicas Airiños aires, Pobre velliño, Alalá de Ribadeo e Miña ruliña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado en 1919, traballou como delineante con Antonio Palacios. Defendeu os postulados de Le Corbusier. A súa estación de servizo para Petróleos Porto Pi en Madrid (1927) está considerada como a primeira obra racionalista de España. Proxectou, entre outras obras, o aeroporto de Madrid e o faro de Cristóbal Colón en Santo Domingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidad de Deusto, desempeñou a súa actividade no sector marítimo, conserveiro e turístico. Foi presidente de diversas entidades, entre outras, Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) (1978-1985), Confederación Empresarial Independiente de Madrid (CEIM) (desde 1985); e desde 1986 vicepresidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE). Preside o grupo de empresas que encabeza Naviera F. Tapias, as empresas conserveiras Conservas Peña e Conservas Portonovo, así como Viajes Sandras, Maniber e Bureau Veritas España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista e cronista oficial de Tui. Colaborou nas publicacións Nós, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, e nos xornais La Noche, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. Publicou Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas a la importación y exportación de mercancías (1948) e Familias antiguas de Tuy (1958). Pertenceu ao Instituto Histórico do Minho, ao Seminario de Estudos Galegos, á Asociación de Arqueólogos Portugueses e á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arquiveiro e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, trasladouse a Pontevedra en 1931, onde exerceu como arquiveiro da Deputación e da delegación de facenda e como bibliotecario da Escola Naval de Marín, onde ordenou os fondos que chegaron desde a Escola de San Fernando de Cádiz, da Biblioteca Pública de Pontevedra e da Biblioteca Municipal de Vigo. Foi profesor de ensino medio, vogal da Comisión Provincial de Monumentos e secretario do padroado provincial de formación profesional. Foi concelleiro e desde 1943 tenente de alcalde de Pontevedra. En 1954 trasladouse a Madrid e foi secretario da oficina de Asuntos Generales del Servicio Nacional de Lectura, xefe do Servicio de Intercambio Bibliográfico da Biblioteca Nacional e xefe do Servicio da Oficina del Cambio Internacional de Publicaciones. Participou na creación do Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas, grazas ao cal se puxeron as bases para a creación das bibliotecas municipais de Vigo e da Estrada....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Octo Europa Estudios SL. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en Faro de Vigo, La Gaceta del Norte e El Correo Español-El Pueblo Vasco, neste último foi redactor xefe, e como director-adxunto de La Voz de Galicia. Profesor titular de Tecnoloxía da Información na Universidad del País Vasco. Dirixiu as coleccións editoriais “Reportaje-Documento” e “Ahora”. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla do Mérito Militar e a insignia de ouro da Sociedad Filatélica da Coruña. Publicou Estudio postal sobre el ejército y las guerras de España e La batalla de Elviña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Fernando VII.

    2. Partidario de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída pola vontade testamentaria de Fernando Blanco de Lema, o 2 de abril de 1875. Entre os seus obxectivos destacaban proporcionar ensino gratuíto a nenos e nenas da vila de Cee. Con este propósito sufragou as obras de construción dun colexio de primeiro e segundo ensino de nenos, que dotou de materiais e profesores, e comezou as clases en outubro de 1886, e dun colexio de ensino primario para nenas, inaugurado en 1882, pero que non iniciou a súa actividade ata 1887. Estes dous colexios, e singularmente o masculino, tiveron gran importancia na educación en Galicia: o de segundo ensino era centro modélico en España polo coidado pedagóxico, as riquísimas coleccións didácticas e os importantes medios dos seus laboratorios de física, química e historia natural e dos seus talleres para agricultura e outras ensinanzas. Ademais o colexio contaba cunha colección de cadros de Madrazo. O académico, político e culto lucense Vicente Vázquez Queipo actuou en calidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Aragón, fillo de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. En 1248, o seu pai cedeulle o Roselló, Cerdaña e Montpellier, ademais dos dereitos sobre a Galia meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Aragón e marqués de Tortosa, fillo de Afonso IV de Aragón e Leonor de Castela. As intrigas maternas obrigárono a fuxir a Castela (1336). En 1347, a petición dos nobres unionistas dos reinos de Aragón e de València, recrutou un exército no Reino de Castela e dirixiu a Unió contra Pedro IV de Aragón. Feito prisioneiro na Batalla de Épila (1348), retornou a Castela trala derrota definitiva da Unió e foi nomeado gran conselleiro de Castela. Declarada a Guerra dos Dous Pedros, cedeu a rexión de Alacant-Oriola a Pedro I o Cruel (1356), pero trala conquista desta por Pedro IV pasouse ao bando aragonés. En 1363, acusado de conspirar contra Enrique de Trastámara, aliado do monarca aragonés, e de roubar o tesouro real, foi asasinado e o seu sobriño, Pedro II de Urgell, herdou todos os seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (El Escorial 1609 - Bruxelas 1641) Infante, militar e eclesiástico, fillo de Filipe III e Margarida de Austria. Recibiu o capelo cardinalicio en 1619 de mans de Paulo V e, posteriormente, foi nomeado administrador perpetuo do arcebispado de Toledo, prior de Ocrato e abade comendatario do mosteiro de Alcobaça. En 1632, o seu irmán Filipe IV nomeouno vicerrei de Catalunya e despois gobernador de Milán (1633-1634). Trala morte de Isabel Clara Uxía, recibiu o cargo de gobernador dos Países Baixos (1634-1641). Participou na Guerra dos Trinta Anos, na que derrotou os exércitos suecos na Batalla de Nördlingen (1634) e os franceses en Corbie (1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela, fillo de Afonso VIII e de Leonor de Inglaterra. En 1210 tomou o hábito de cruzado e iniciou unha serie de campañas contra os almohades. Trala súa morte foi soterrado no panteón real do mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas en Burgos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela, fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón. Coñecido como o de la Cerda, foi proclamado herdeiro ao trono pero morreu durante a viaxe do seu pai a Roma para defender os seus dereitos ao trono imperial. Casou con Branca de Franconia, filla de Luís IX, coa que tivo dous fillos, Afonso e Fernando, coñecidos como os infantes de la Cerda.

    VER O DETALLE DO TERMO