"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Santo André de Comesaña.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico portugués. A súa obra poética está recollida en Alvoradas (1865) e Outonais (1882), onde se reflicten moitos dos tópicos do progresismo portugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor español. Activo en México entre 1575 e 1612, foi autor de numerosos retablos, dos que só se conserva o de Yanhuitlán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Emigrante na Arxentina, colaborou en diversos xornais e cofundou, xunto con Teodoro Campos e Eliseo Alonso, a revista Mundo gallego. Pertencente á Xeración do 36, publicou, Penas son cantares (1951), Nouturnio de soedades (1952), Muiñada noitébrega (1955), Canto y grito (1956), Terra aluciada (1959), Desde el tiempo (1966), Otoño en soliloquio (1972) , España en lonjas (1975) e Os meus cantiles (1981). Como pintor, expuxo na Galería Lucense de Bos Aires. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e empresario. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en asuntos marítimos en Alemaña, Francia e Inglaterra. Axente de aduanas, titulouse en dirección de empresas e actividades turísticas. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vigo (1984-2001), vicepresidente da Xunta do Porto e Ría de Vigo, do primeiro comité executivo da organización territorial pontevedresa da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e do Grupo Corporación Noroeste. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Fernando Conde y Compañía, Antonio Conde Hijos-Canarias, S A e Promociones Vigo, S A, e pertenceu aos consellos de administración das empresas do Grupo Corporación Noroeste, S A. Fundou a Asociación Provincial de Agencias Marítimas (1977) e colaborou na fundación, en 1977, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo. Traballou en numerosas montaxes de grupos galegos como Teatro da Mari-Gaila, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, así como no Centro Dramático Galego. Entre as súas escenografías poden contarse as dos espectáculos Woyzeck (1984), Xoana (1985) e Rei Lear (1990). No ano 1997 recibiu o Premio María Casares á mellor escenografía polo espectáculo Noite de Reis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que vai recibir o sacramento da confirmación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula empregada nos autos e sentencias xudiciais que serve para enumerar os parágrafos separados e que vai ao inicio de cada un. Neles, aprécianse os fundamentos xurídicos aplicables ao caso polas partes, que forman parte do siloxismo xurídico que se completa co fallo ou parte dispositiva. Foi obrigatoria ata 1985, cando, coa publicación da Lei Orgánica do Poder Xudicial, se substituíu polos fundamentos de dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banda dividida en dúas partes iguais e cada unha cun esmalte diferente, unha de cor e outra de metal; sitúase ao contrario da banda, isto é, da dereita á esquerda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo bandado e partido, cortado, tronchado, no que as bandas de cada parte levan opostos os esmaltes para indicar estas divisións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar ao contrario da banda do escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dedicarse ao contrabando.
-
-
Relativo ou pertencente ao contrabando.
-
Que ou quen se dedica ao contrabando.
-
-
-
Delito ou infracción tributaria consistente na importación ou exportación de mercadorías, lícitas e suxeitas a un réxime fiscal determinado, que non son presentadas nas oficinas de aduanas; no tráfico ou na posesión de artigos importados ilegalmente; na exportación de efectos prohibidos; e na exportación, sen autorización, de obras ou obxectos de interese histórico ou artístico. De xeito específico, consiste na trasfega e no comercio de xéneros prohibidos ou estancados. O contrabando é un feito universal e está tipificado como tal en todas as lexislacións, xa que se considera un delito contra a facenda e a saúde públicas.
Lexislación española
A lexislación vixente no 2001 en materia de contrabando é a Lei Orgánica 12/1995, do 12 de decembro, de Represión do Contrabando, que revisa a Lei Orgánica 7/1982, do 13 de xullo, que modifica a lexislación vixente no ámbito do contrabando e regula os delitos e infraccións administrativas na materia, e a Lei Orgánica 3/1992,... -
Conxunto de mercadorías que se introducen, venden ou fabrican clandestinamente.
-
Comercio ou industria ilegal.
-
Calquera cousa que cómpre ocultar por ser ilegal ou ilícita.
-
Envío de armas, municións e outros materiais bélicos dun estado neutral a outro belixerante. Representa unha violación dos dereitos de neutralidade e pode ocasionar, como penalización, o secuestro e a confiscación dos bens transportados. O delito de presa só se pode exercer sobre material bélico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demanda efectuada polo demandado contra o demandante. Trátase dunha reclamación de algo que por dereito pertence ao demandado, en oposición ao dereito do demandante.
-
GALICIA
Compositor e director de bandas militares. Realizou estudios musicais con Rafael Salazar e foi músico do rexemento de Castela na campaña de Marrocos (1859-1860). Recibiu o título de Cabaleiro da Orde de Carlos III e a Medalla de Honor da Guerra de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Coñecido como Andrea Sansovino, formouse no ambiente florentino do último terzo do s XV. Recomendado por Lorenzo o Magnífico ao monarca portugués Manuel I o Afortunado, residiu en Lisboa (1491-1500). A súa obra influíu na elaboración do repertorio manuelino en Portugal grazas á súa intervención, entre outras obras, na fachada da igrexa de Belem, na catedral de Coimbra e na igrexa da Conceição de Tomar. Antes do seu regreso a Italia estivo en Toledo, onde se lle atribúe a traza do Sepulcro del Cardenal Mendoza (1500). Representante dun estilo marcado polo clasicismo renacentista, realizou os sepulcros dos cardeais Basso e Sforza para Santa Maria del Popolo (1505), encargados por Xulio II, así como o grupo escultórico do Bautismo de Xesús que coroa a porta do Paraíso de Santa Maria dei Fiori de Florencia (1513).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica franco-británica realizada en 1988. Dirixida por Peter Greenaway, interpretárona Richard Bohringer, Michael Gambon, Helen Mirren, Alan Howard e Tim Roth, entre outros. Os temas centrais do filme son o sexo, a violencia e a gastronomía, que se desenvolven na cociña e no comedor dun restaurante de luxo, durante dez comidas. O realizador moldea a imaxe utilizando unha estética pictórica na que destaca o vermello intenso. Tamén son importantes os deseños de Jean-Paul Gaultier e a música de Michael Nyman, que conseguen amplificar as imaxes.