"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Última das grandes novelas de Dostojevskij, publicada por vez primeira entre 1878 e 1880. É a historia dun parricidio, e constitúe a “novela síntese” do pensamento e da arte de Dostojevskij.
-
-
Relativo ou pertencente aos kazakh ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo kazakh.
-
Pobo turánido do grupo dos kirguizos que recibiu unha importante achega de elementos de orixe mongol. Habitan principalmente en Kazakhstán, en Xinjiang e nos núcleos industriais de Siberia. Tradicionalmente dedicáronse á gandería nómade de cabalos e ovellas, pero durante o s XX boa parte da poboación sedentarizouse.
-
Lingua da familia turca do phylum altaico, falada en Kazakhstán. Ten tradición escrita desde mediados do s XIX. Inicialmente serviuse do alfabeto árabe e, desde mediados do s XX, do cirílico.
-
Literatura baseada na poesía popular e en cancións, e cultivada por improvisadores espontáneos, semellantes aos bardos, dos que o máis coñecido foi Zambul Žabajev (1846?-1945). Na literatura moderna destaca Abai Kunanbajev (1845?-1909), que se inspirou en patróns rusos, e Mukhtar O Evesov (1897?-1961), autor de narracións e de obras dramáticas, ademais de filólogo.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia central que limita con China ao L, con Kirguizistán e Uzbekistán ao S, co Mar Caspio e unha pequena parte de Turkmenistán ao O e con Rusia ao N (2.724.900 km2; 14.842.000 [estim 2001]). A capital é Astana (313.000 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte do territorio do país está ocupado por chairas, depresións e altiplanos; as do Caspio e Turan ao O, o deserto de Betpak-Dala no centro e no S, e a chaira de Siberia occidental ao N. Nos extremos oriental e occidental érguense elevadas aliñacións montañosas, as cordilleiras de Altai e Tarbagataj, o Alatau de Jungaia e as cadeas montañosas setentrionais e occidentais do Tian Shan, onde se rexistran altitudes superiores aos 4.500 m. Os sedimentos de area depositados polos ríos que drenan a chaira de Turan deron lugar á formación dos desertos de Barsuki, Karakumy e o Kyzylkum. A rede fluvial do país está integrada por máis de 7.000 cursos, que, na súa maioría, desembocan nas concas endorreicas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakstán (117.300 Km2; 1.976.689 h [1999]). A capital é Symkent (360.100 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (151.300 km2; 617.624 h [1999]). A capital é Uralsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (283.300 km2; 1.530.792 h [1999]). A capital é Ust’-Kamenogorsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (123.200 km2; 725.932 h [1999]). A capital é Petropavlovsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elia Kazanjoglou.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Viviu, de neno, a insurrección de Creta contra os turcos. Casou coa escritora Galatia Alexiu (1911) e interveu en política (1919). Amosou sempre paixón polo home e os seus condicionantes, e tentou conciliar cristianismo, paganismo e budismo co comunismo, anarquismo e ascetismo. As súas dúbidas e contradicións reflíctense na súa obra, composta por novelas, como Zorba, o Grego; traducións, como A divina comedia; libros de viaxes, obras filosóficas e o poema “Odissea”, continuación da epopea homónima de Homero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro piso e idade do Pérmico Superior, situado sobre o Ufimiano e baixo o Tatariano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kazaniano.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Elia Kazan, destacou como un gran director e un excelente manipulador da linguaxe cinematográfica. En 1947 fundou, con Cheryl Crawford, Robert Lewis e Lee Strasberg, o Actor’s Studio, escola de interpretación fundamentada no método Stanislavskij. En 1948 conseguiu dous Oscar pola película Gentleman’s Agreement e en 1954 obtivo outros dous polo filme On the Waterfront. Outras producións destacadas foron Panic in the Streets (1950), East of Eden (1955), Viva Zapata! (1952), Splendor in the Grass (1961), The Arrangement (1968) e The Last Tycoon (1976). En 2000 recibiu un Oscar honorífico pola súa traxectoria cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Haskovo, Bulgaria (54.021 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a tumba tracia, decorada con pinturas murais, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da República de Tatarstán, Rusia (1.090.000 h [2000]). É un importante porto fluvial e conta con industria de construción de máquinas, metalurxia e química. Trasladada no s XIV, máis ao NL, onde fora fundada un século antes polos mongois, no s XV foi capital dun khanato independente. No s XVI foi sometida por Iván IV ; de Rusia (1552). Desta época consérvase a cidade amurallada coa torre de chanzos de Sumbeki.
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMES
Cume da serra lateral da parte central do Gran Cáucaso. Constitúe o cono dun volcán de 5.047 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Máximo expoñente do período da Ilustración en Hungría, foi encarcerado (1794-1801) pola súa relación cos xacobinos húngaros. O seu traballo de renovación foi esencial para o desenvolvemento das letras húngaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo kházaro.
-
Individuo do pobo kházaro.
-
Pobo de orixe incerto que cara ao s VI formou un imperio entre os mares de Azov e Caspio e os ríos Volga e Don. Despois de numerosos enfrontamentos cos musulmáns (661-730) o Cáucaso converteuse no límite entre ambos os dous imperios. A partir do s IX entraron en conflito cos rusos, ata que Vladimiro I de Kiev rematou coa súa hexemonía en 1016, e pasaron a depender de Bizancio. Experimentaron diversas influencias relixiosas: cara ao 740 un dos seus líderes converteuse ao xudaísmo e en 860 recibiron as predicacións de Cirilo de Salónica. Outros núcleos conservaron o seu carácter pagano ou foron islamizados. Ao parecer, as últimas referencias aos kházaros producíronse no s XII.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Chiba, na illa de Honshū, Xapón (124.774 h [1991]). A súa economía baséase na industria química e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).