"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e director teatral. Desde a súa primeira obra, The Pope’s Wedding (A voda do Papa, 1962), resucitou a figura do dramaturgo con mensaxe política. En Saved (Salvado, 1965), prohibida pola censura, a extrema violencia da situación e da linguaxe deu unha visión da pobreza cultural británica. Continuou con Narrow Road to the Deep North (Estrada estreita cara ao norte profundo, 1958), Early Morning (Mañá cedo, 1968) e Bingo (1974), na que se asiste ao suicidio de Shakespeare para non caer na sociedade sen principios dos seus contemporáneos. En Lear (1971) reescribiu O Rei Lear shakesperiano coa súa propia mensaxe, mentres que The Fool (O parvo, 1975) ambiéntase nos inicios da revolución industrial en Inglaterra. Tamén tratou temas contemporáneos como en The Worlds (Os mundos, 1979) ou en Summer (Verán, 1982), localizada nun país socialista europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe protagonista da serie creada polo escritor inglés Ian Fleming, que deu vida ao axente 007.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Debutou baixo as ordes de John Ford xunto a John Wayne. Soía interpretar papeis de home rudo, especialmente en coñecidos westerns. Entre a súa filmografía destacan as películas: Salute (Saúdo, 1929), You Only Live Once (Só se vive unha vez, 1937), Gone With the Wind (Foise co vento, 1939), The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941), Ten Gentlemen from West Point (Dez heroes de West Point, 1942), It´s A Wonderful Life (Que fermoso é vivir, 1946), Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), Only the Valiant (Só o valente, 1951), The Searchers (Centauros do deserto, 1956) e Rio Bravo (Río Bravo, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo norteamericano. Descubriu un cometa en 1811. Foi o primeiro director do observatorio do colexio de Harvard, obtivo a primeira fotografía dunha estrela (Vega, 1850). Antes, en 1848, co seu fillo George Phillips Bond (Dorchester 1825 - 1865), descubriu o oitavo satélite de Saturno, Hiperion, estudiou o anel C deste planeta e formulou a hipótese de que os aneis de Saturno son fluídos. Fixou o valor do albedo da Lúa en 0,073.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de quen é bo para outro, que ten inclinación a facer o ben.

    2. Mostra de favor, atención ou deferencia.

    3. Boa calidade.

    4. Referido a un instrumento de medida, exactitude ou precisión do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza por manifestar ou posuír bondade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico ucraíno. Como realizador consagrouse coa triloxía tolstoiana de Vojna i mir (Guerra e Paz). En 1980 rodou en México o filme Campanas Rojas, biografía cinematográfica do xornalista norteamericano John Reed.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva como armas: en campo de goles, dúas barras de ouro; bordo tamén de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e cosmólogo. É un dos autores da teoría do estado estacionario ou steady-state do Universo, que parte do “principio cosmolóxico perfecto” segundo o que o universo presenta estatisticamente o mesmo aspecto independentemente do lugar e do instante da observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (10.040 km2; 174.251 h [1988]). A súa capital é Bondoukou (19.021 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Sena Saint-Denis, na Île-de-France, Francia, situada ao NL de París, sobre o canal Ourcq (46.676 h [1990]). É un dos centros da industria do automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e de ópera. Estudiou pantomima con Jacques Lecoq. Desde 1971 dirixiu producións en Frankfurt, Berlín e Colonia. A súa montaxe de Terre étrangère (Terra estranxeira) de Schnitzler polo Théâtre des Amandiers de Naterre, (1984) foi galardoada pola asociación de críticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de trapo, louza, madeira, plástico, goma ou outro material que imita unha forma feminina e serve como xoguete para os nenos ou como adorno.

    2. Armazón con figura de muller para probar vestidos e traxes.

    3. Pequena bóla de trapo impregnada con tinta e alcohol, que se emprega para vernizar, puír ou abrillantar.

    4. Muller de corpo pequeno e ben feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, unha boneca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de rapaz, de home ou de animal, de pequeno tamaño, que serve como xoguete ou adorno.

    2. Persoa de carácter feble que se deixa manipular ou que resulta ridícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de vermes mariños da clase dos equiuroideos. As femias, cun corpo cilíndrico de ata 15 cm de lonxitude, mantéñense no interior de fendas rochosas das que sobresae só unha longa probóscide de ata 2 m de lonxitude co extremo bifurcado e cunha canle media na que viaxan, mediante movementos musculares e ciliares, ata a boca ventral as pequenas partículas das que se alimenta o animal. Os machos non sobrepasan os 2 mm de lonxitude e viven sobre as femias. As larvas de vida libre son sexualmente indiferenciadas; as que entran en contacto coa probóscide dunha femia convértense en machos, mentres que o resto se desenvolven como femias nunha nova fendedura. Unha femia pode chegar a vivir con máis de 20 machos á vez. A especie B. viridis vive en fondos rochosos das costas atlánticas e mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor dunha colección en verso de cen fábulas titulada Der Edelstein (A pedra preciosa, 1340?), foi o primeiro libro escrito en alemán impreso en Alemaña (1461).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Beccaria. Xurista e economista interesado polas ideas dos ilustrados e enciclopedistas franceses. No tratado Dei delitti e delle pene (Sobre os delitos e as penas, 1764), incluído no índice de libros prohibidos pola Inquisición no 1766, atacaba o dereito penal da época e os procedementos xurídico-policiais. Consideraba que o dano causado á sociedade era o criterio para determinar a responsabilidade penal do criminal; xa que logo, a pena debería ter unha finalidade preventiva e non represiva. Combateu a pena de morte e contribuíu decisivamente á progresiva desaparición das penas corporais, ademais de ser o primeiro defensor da educación como medio para reducir o crime. O núcleo central das súas ideas foi incorporado ao artigo VIII da “Declaración dos dereitos do home e do cidadán”, redactado e aprobado pola Asemblea Nacional Francesa en 1789. Así mesmo, foi profesor de Dereito Público e Economía na Universidade Palatina de Milán (1768-1770). No ano 1792 escribiu un traballo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1948) e doutor pola Universidad Central de Madrid (1957). Foi axudante de cátedra de Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela (1949-1951). Obtivo a diplomatura en Museoloxía pola Escola do Louvre (1951-1952) e exerceu como axudante da cátedra de Historia da Arte da Idade Media na Universidade da Sorbonne ata 1957. Nese ano defendeu a súa tese Arquitectura en Galicia durante el siglo XVII, obtendo o Premio Nacional Menéndez Pelayo, o que lle valeu a súa publicación polo Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en 1965. Foi axudante de Historia Xeral da Arte da Faculdad de Filosofía e Letras de Madrid (1957-1959), investigador do Instituto Diego Velázquez do CSIS (1963-1965), profesor interino no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid (1957-1959), profesor adxunto á cátedra de Historia da Arte na Universidad Central (1959-1962)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Autodidacta de formación, a súa obra caracterízase polo forte cromatismo en temas de tradición folclórica e paisaxística. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1960). Ten obra no Museo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO