boneco

boneco

(< boneca)

  1. s m

    Figura de rapaz, de home ou de animal, de pequeno tamaño, que serve como xoguete ou adorno.

    Ex: Agasallouna cun boneco dun oso panda.

    Sinónimos: moneco.
  2. s m

    Persoa de carácter feble que se deixa manipular ou que resulta ridícula.

    Ex: É un home que nunca opina e asume sempre o que din os demais, un boneco.

    Sinónimos: marioneta, monicreque, monifate.

Frases feitas

  • Traballar unha persoa para o boneco. Traballar sen recibir nada a cambio.

Palabras veciñas

Bondy, Luc | boneca | Boneca | boneco | Bonellia | Boner, Ulrich | Bonesana, Cesare