"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Columnata, pórtico ou galería cuberta que se situaba ao redor da ágora, ou de lugares de concentración de xente, que servía de lugar de encontro e que resgardaba da intemperie.

    2. Edificio rectangular cunha columnata na fachada e con cuberta a dúas augas que orixinaba dous frontóns nos lados menores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e compilador grego. Escribiu sobre filosofía natural, lóxica, moral, política e arte. Conservánse só dúas das súas obras, fundamentais para o coñecemento das obras non conservadas doutros autores: Iοαννου Στοβαιου Aντολογιων (Antoloxía de Iohannes Estobeo) e Eκλογαι ϕ ισικαι και ετικαι (Églogas físicas e éticas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou ferida que se fai cun estoque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao azar.

    2. Proceso que estudia a evolución dun sistema, económico, biolóxico, técnico, cibernético ou doutro tipo, en que a lei de probabilidade é en función do tempo. En rigor, un proceso estocástico é unha familia de variables aleatorias {X t }, en que t varía nun conxunto chamado paramétrico, que pode ser o conxunto dos números naturais no caso de procesos discretos ou un intervalo da recta real no caso de procesos continuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Estocolmo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Estocolmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Suecia e do län homónimo, situado no lago Mälar, preto da costa do Mar Báltico, rodeado por unhas vinte illas (736.113 h [1999]; 1.624.987 h [1999] na aglomeración urbana). A cidade construíuse no continente e sobre un grupo de illas que están unidas por pontes. O núcleo primitivo é o Staden Mellan Broarna (‘cidade entre as pontes’), formado polas illas de Stadsholmen, Riddarholmen, Helgeandsholmen e Strömborg, onde se concentran a maioría dos órganos de goberno. A partir de 1952 o organismo urbanístico rexional que dirixe a expansión de Estocolmo e da área metropolitana planificou o crecemento da cidade por medio da creación de centros suburbanos con áreas industriais propias, equipadas xeralmente cun extenso centro comercial e de servicios. Entre estas aglomeracións destacan Wällingby ao O, Farsta ao S e Hägernästaden ao N. Estocolmo é o centro da vida económica do país, cunha grande actividade comercial e unha industria moi diversificada. Destaca a fabricación de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia, situado ao SL, no Mar Báltico (6.490 km2; 1.783.440 [estim 1999]). A capital é Estocolmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tea, xeralmente de seda, con labores ou debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica nacida a finais do s IV a C e que se desenvolveu ata finais do s III d C. Distínguense o estoicismo antigo, representado por Zenón de Citio, Cleantes e Crisipo; o estoicismo medio, representado por Panecio e Posidonio; e o estoicismo novo ou estoicismo imperial, representado polos filósofos romanos Séneca, Epic22teto e o Emperador Marco Aurelio. Das tres partes da filosofía, a ética é a que ocupa o lugar máis elevado. A súa teoría ética pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude ou eudemonia a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade; para iso, o home non debe procurar o pracer nin o benestar externo. Afirmaron que o máis importante mandato ético era vivir segundo a natureza, de acordo coa razón. Os seus estudios sobre lóxica foron a primeira teoría profunda sobre a linguaxe humana. Outros autores que seguiron esta doutrina foron Aristón de Quío, Hesilo de Cartago e Dióxenes...

    2. alor ou coraxe para soportar as desgracias e as adversidades con indiferenza ou conformidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estoicismo.

    2. Que ou quen é partidario ou seguidor do estoicismo.

    3. Que ou quen manifesta indiferenza ou conformidade ante a adversidade ou a desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de sucidade que se forma nas paredes e fondo dos potes ao cocer as papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En Grecia e Roma, vestido xeralmente longo que usaban as matronas. Púñase por riba da túnica e cinguíase ao corpo, por debaixo do peito, cun cinto que axudaba a que se formasen amplas dobras.

    2. Banda longa de tea que poñen ao redor do pescozo os presbíteros e diáconos nos actos litúrxicos.

    3. Banda ancha, normalmente de pel, que usan as mulleres como adorno ou abrigo, e que cobre o pescozo e os ombreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde vira o rodicio do muíño.

    2. Lugar da parede do muíño por onde sae a auga que fai virar o rodicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de estólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten problemas para comprender ou razoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

    2. Ascidia da orde dos estolidobranquios.

    3. Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos meridianos ben desenvolvidos que forman unhas costelas lonxitudinais e dividen a cavidade en subcámaras. Existen formas solitarias e coloniais. Dous dos xéneros máis comúns son o Styela e o Dendrodoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rebento lateral máis ou menos delgado que nace na base do talo de certas plantas herbáceas e que crece horizontalmente, sobre o chan ou subterráneo. Pode enraizar nos nós e dar orixe a novos individuos. A reprodución vexetativa mediante estolóns é importante en plantas como a amorodeira.

    2. Estrutura tubular que nas colonias de pólipos une os diversos zooides entre eles, feito que permite a unidade da colonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce estolóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequena abertura da epiderme dos órganos verdes, especialmente das follas das plantas superiores, rodeada por dúas células reniformes chamadas células oclusivas. Os estomas serven para o intercambio de gases coa atmosfera (CO 2 e O 2 ) e para a eliminación de auga nos procesos de transpiración. A forma e o número de estomas varía nas distintas especies.

      2. es-toma acuífero

        Abertura dun hidatodo que está formada por un estoma de células oclusivas grandes e pouco grosas. Está no ápice ou nos dentes de certas follas e serve para expeler a auga do epitema subxacente.

      1. Poro, orificio ou abertura pequena da superficie dun tecido.

      2. Orificio microscópico da superficie dos capilares que as células migratorias, como os leucocitos ou os eritrocitos, producen na diapedese.

    VER O DETALLE DO TERMO