"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Que ten competencia comunicativa e gramatical en varias linguas.

    2. Que está escrito en varias linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de plurilingüe.

    2. Situación lingüística que caracteriza as comunidades en que coexisten distintas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten varios lobos ou lóbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten diversos lóculos ou cavidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concirne ou compete a varias nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito múltiple integrado por moitas núculas e xeralmente por partes engrosadas do eixe ou do receptáculo, como por exemplo os amorodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • plurivitelino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político en que varios partidos políticos con concepcións ideolóxicas e estratéxicas diferentes participan legalmente na democracia parlamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pluripartidismo.

    2. Partidario do pluripartidismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á corola que posúe varios pétalos ou ás flores que teñen estas corolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polivalencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos xemelgos que proceden da fecundación de máis óvulos por máis de dous espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘máis alá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo verbal do modo indicativo que expresa anterioridade a un referente pasado (Cando chegou ao concerto, xa empezara a actuación). Pode expresar un valor modal de cortesía (Quixera pedirlle un favor), un desexo (Quen me dera poder viaxar polo mundo adiante!), unha acción que cumpría ter feito (Se non o remataches, rematáralo) e tamén se pode empregar para indicar un distanciamento (Xura que llo levara). Morfoloxicamente presenta, nos verbos regulares, un sufixo modo temporal /ra/ para as tres conxugacións (and-a-ra-s, varr-e-ra-s, part-i-ra-s); este sufixo é tónico na P4 e P5 (and-a-ra-mos, and-a-ra-des). OBS: Tamén se denomina antepretérito de indicativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mellor marca obtida por un deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deportista que posúe a mellor marca nunha disciplina atlética.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aumento no valor dun obxecto por causas externas, sen que se lle fixese ningu-nha mellora.

      2. Aumento de valor dun inmoble por causa de investimentos efectuados polos entes públicos.

      3. Aumento do valor corrente dun inmoble o día en que remata o período de imposición en relación ao valor que tiña ao inicio do período.

    1. Expresión monetaria do valor incorporado á produción do traballo da que se apoderan os propietarios dos medios de produción, sen ningunha contrapartida. Este concepto, elaborado por Karl H. Marx, baséase no modelo de produción capitalista do intercambio de mercadorías efectuado segundo a cantidade de traballo socialmente necesario incorporado nelas, é dicir, polo seu valor de cambio. Para organizar a produción dunha mercadoría, o capitalista adquire os elementos necesarios, a maquinaria, as materias primas, a enerxía e forza de traballo, polo seu valor de cambio (c e v) e véndeos ao valor V, superior ao dos elementos utilizados para producila. Esta diferenza é a plusvalía (m). Isto explícase debido a que a mercadoría forza de traballo ou capacidade de traballar do obreiro ten un valor de uso especial, pois produce máis valor do que custa. O valor da forza de traballo non é máis ca o traballo socialmente necesario para que o obreiro viva e se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Viaxou por todo o Imperio, pero a maior parte da súa vida transcorreu na súa cidade natal. A súa casa foi lugar de reunión dun círculo de amigos interesados por diversas cuestións, especialmente pola filosofía. Esta variedade de intereses reflíctese no conxunto dos seus escritos coñecidos como Moralia, onde hai diatribas de xénero retórico e outras que pretenden unha discusión filosófica máis seria, como as que analizan a doutrina platónica da alma ou polemizan con estoicos e epicúreos. Á súa preocupación relixiosa pertencen os diálogos referentes aos oráculos e o escrito Sobre Isis e Osiris. O Banquete dos setes sabios e os Libros simposíacos reúnen os temas que máis lle interesaban. Escribiu Vidas Paralelas, das que se conservan vinte e dúas, onde se equiparan un grego e un romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antepeito decorado, de calquera material, móbil ou non, que, na igrexa paleocristiá e medieval, compartimentaba espazos ao redor do presbisterio ou do coro, coma se fose unha cancela ou un facistol.

    2. Ménsula que, a xeito de repisa, serve para colocar unha estatua ou como apoio a unha columna.

    3. Antepeito que pecha a parte inferior do intercolumnio.

    4. Cada un dos caixóns, estantes ou táboas que compoñen un moble para libros.

    VER O DETALLE DO TERMO