"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Coiro (Mazaricos). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Logrou o éxito internacional polos seus traballos en Francia. Gañou o premio César 1998 ao actor máis prometedor por Western (1997), e o premio ao mellor actor europeo por Harry, un ami qui vous veut du bien (2000). Tamén traballou en Arde, amor (1999), Solo mía (2001), Dirty Preety Things (2002) e Chemins de traverse (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartógrafo. Estudiou cartografía e técnica de gravado en París. Da súa produción destacan Atlas geográfico de la América Septentrional (1758) e Atlas geográfico de España (1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador. Comezou como nadador no Club Natació Sant Andreu e pasou posteriormente ao Club Natació Montjuïc. Gañou a medalla de bronce nos 200 m braza nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi cuarto nos de Barcelona (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto de motociclismo. Fillo dun mecánico que lle fixo a súa primeira moto aos tres anos, aos seis xa tiña licenza e competía en distintas especialidades. Aos 10 anos xa fora campión de Baleares oito veces. En 1998 gaña a Copa Aprilia 50cc, converténdose no piloto máis novo en gañar un campionato. Con só 13 anos permítenlle competir no Campionato de España de 125cc, e na seguinte tempada consegue o título de Campión de Europa desa mesma categoría. Pasa a 250cc no ano 2005, e acada o título de Campión do mundo en 2006 e 2007. No ano 2008 pasa á categoría de MotoGP coa escudaría Yamaha, acadando o seu primeiro título ese mesmo ano no Gran Premio de Portugal. En maio do 2010 triunfa no circuíto de Xerez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo brasileiro. Pioneiro en Brasil no sector da psicoloxía da aprendizaxe, foi director (1938-1946) do Instituto Nacional de Estudos Pedagógicos, do Ensino Público en São Paulo, membro do Conselho Nacional de Educação (1937) e director xeral do Departamento Nacional de Educação. En 1944 colaborou na reforma do ensino en Paraguay. Organizou e dirixiu o Seminário Interamericano de Alfabetização de Adultos (1949). Das súas obras destacan Juazeiro do padre Cícero (1926), Introdução ao Estudo da Escola Nova (1930), en que presenta os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos das novas doutrinas pedagóxicas do s XX, Tendências da educaçao brasileira (1940), A pedagogia de Rui Barbosa (1954) e Cartilha do povo (1954), en que intentou adecuar a alfabetización ás características do medio social do alumno. Recibiu o título de Maestro de las Américas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, situada en Alemaña (81.700 h [1990]). Forma parte da aglomeración de Stuttgart, e é un centro industrial, con industria téxtil, alimentaria, de maquinaria e porcelana.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo marxista e crítico literario húngaro. Participou na Revolución Húngara de 1919 e foi comisario de Instrución Pública no goberno de Béla Kun. Trala súa caída exiliouse en Viena e publicou Geschichte und Klassenbewusstsein (Historia e conciencia de clase, 1923), intento de aproximación ao auténtico pensamento de Marx, cun certo antileninismo, do que se retractou en Lenin (1924), e manifestou un idealismo elitista, criticando a burocracia do partido e o sectarismo. Combateu filosoficamente a comprensión mecanicista da dialéctica e estudiou as relacións coa economía en Uber die Biziehungen von Dialektik und Ökonomie (Relacións entre a dialéctica e a economía, 1948) e Der junge Hegel und die Probleme der kapitalistischen Gesellschaft (O mozo Hegel e os problemas da sociedade capitalista, 1954). Tratou sobre o existencialismo e elaborou unha ontoloxía do ser social, ademais de facer importantes achegas ao campo da estética e da literatura en obras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kananga.
-
PERSOEIRO
Economista sueco. Estudiou os cambios cíclicos como inherentes ao sistema económico e defendeu que a intervención do estado na economía debe limitarse a casos de emerxencia nacional. As súas obras máis importantes son Studies in the Theory of Economic Expansion (1937) e Busines Cycles and Economic Policy (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baixa Saxonia, situada en Alemaña (61.500 h [1990]). En 1429 entrou a formar parte da Liga Hanseática. Nela asinouse, o 4 de maio de 1945, a primeira rendición dos alemáns, fronte ao xefe das forzas británicas do mariscal Montgomery. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Sankt Johannes (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente revolucionaria e teórica marxista. Militante marxista desde 1888, defendeu a folga xeral política como lección da experiencia rusa de 1905 e afirmou que a revolución proletaria non podía deterse na etapa burguesa. En Sozialreform oder Revolution? (Reforma social ou revolución?, 1899) combateu as teses de Bernstein, retomando a análise económica en Die Akkumulation des Kapitals (A acumulación do capital, 1913), importante estudo da fase imperialista. Xunto con K. Liebknecht, C. Zetkin e o seu compañeiro L. Jogiches fundou o Spartakusbund, núcleo do Partido Comunista Alemán en 1919. Nese mesmo ano interveu na insurrección de Berlín. Detida, foi executada xunto con K. Liebknecht.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do Gran Ducado de Luxemburgo e do cantón homónimo (76.833 h [2001]). A cidade antiga, fortificada, érguese sobre un meandro que se eleva a 70 m de altitude sobre os profundos vales do Alzette e do Pétrusse. É un importante centro comercial, financeiro e industrial (industria mecánica, téxtil, de tabaco, alimentaria e cerámica). En 1244 a condesa de Luxemburgo Ermesinda outorgou á cidade unha grande autonomía, que lle foi abrogada en 1443 por Filipe III de Borgoña, como represalia pola resistencia dos luxemburgueses. Foi ocupada por Francia (1684-1697), Prusia (1815-1867) e Alemaña (1914-1918 e 1940-1945). Sede de moitos organismos internacionais, desde 1952 é sede da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e da Unión Europea (secretariado do Consello de Europa, Tribunal Europeo de Xustiza). As súas antigas fortificacións foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo (238 km2; 125.055 h [2001]). A súa capital é Luxemburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia situda ao SL de Bélxica (4.440 km2; 246.820 h [estim 2000]). A capital é Arlon. Está regada principalmente polos ríos Semois e Ourthe, e o clima é continental rigoroso. A poboación atópase dispersa. Os principais recursos da rexión son a gandería bovina e a explotación forestal. Nos vales cultívanse froiteiras. Posúe minas de ferro, que dan lugar a tres aglomeracións mineiras e siderúrxicas importantes: Athus, Musson e Halanzy.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental, situado entre Bélxica, ao O e ao N, Alemaña, ao L, e Francia, ao S (2.586 km2; 439.764 h [2001]). A capital é Luxemburgo.
Xeografía física
É un país de relevo ondulado, con dúas rexións naturais ben diferenciadas: a setentrional, o Ösling, cun terreo cuberto de bosque e no extremo norte, de landas e turbas; e a rexión centromeridional, o Gutland. O dominio climático é continental e presenta diferencias térmicas entre o N e o S durante o inverno, mentres que no verán as temperaturas son case uniformes ao longo de todo o país. As precipitacións son abundantes. Destacan os ríos Sûre, Our, Clerf e o Wiltz, todos eles na rexión setentrional.
Xeografía económicaEconomía e sectores de actividade
VER O DETALLE DO TERMO
Os cultivos principais son os cereais (cebada, trigo, avea, centeo), as patacas, a ferraxe, a viña, as froiteiras (maceiras e ameixeiras) e as rosas. A gandería... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe soberana do condado e, a partir de 1354, do ducado de Luxemburgo, do que saíu a familia dos Salm. Tivo como fundador a Giselberto I , conde de Luxemburgo desde 1019 e de Salm, que morreu cara a 1067. A súa neta, a condesa Ermesinda I , que morreu en 1143, transmitiu o condado ao seu fillo Enrique IV, conde de Namur. O seu neto Enrique V , que morreu en 1281, dividiu os bens entre os seus dous fillos. O fillo máis novo, Valeran I , formou a liña dos condes de Ligny, de Saint-Pol e de Conversano, condes e despois duques de Brienne, duques de Pinney e príncipes de Tingry, que se extinguiu en 1680. O fillo máis vello continuou a liña principal, que accedeu ao trono de Bohemia (1310) con Xoán I , ao solio imperial con Carlos I (Carlos IV, 1346-1378), e ao trono de Hungría con Sexismundo I (1387). A derradeira representante da liña principal foi...
-
-
Relativo ou pertencente a Luxemburgo, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Luxemburgo.
-
ariante lingüística do alemán, do subgrupo occidental da familia xermánica, que, desde 1984, é lingua oficial de Luxemburgo, xunto co francés e o alemán.
-
Arte desenvolvida en Luxemburgo. A pesar de non ter unhas características propias ben definidas, e aínda que está producida normalmente en colaboración con artistas doutras nacionalidades, deu nomes como os dos escultores barrocos Albert Hames e Bathélemy Namur (1728-1779). A finais do s XIX sobresaíron os pintores Jean Zens, Pierre Blanc e Jean Jacoby, así como o escultor P. Federspiel. No s XX destacaron os arquitectos Pierre e Paul Funk, o enxeñeiro A. Rodenge, os escultores Claus Cito e Auguste Tremont, e os pintores Max Ersfeld, Edmond Goergen, Joseph Probst, Mathiss Wildannger, Jean-Pierre Beckius e Joseph Kutter. Destacan tamén Robert Lentz e a parella Michel Mousel e Gaston Witry, autores do Centre Européen (1962-1966).
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Tivo unha formación autodidacta como fotógrafo. En 1925 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo e fixo as súas primeiras exposicións con Julien Levy (1932). Instalouse en Nova York (1933), onde traballou para Harpe’s Bazaar e Vogue, para a que fixo retratos de actores en Hollywood. Aínda que destruíu gran parte do seu material, algún quedou recollido no libro George Platt Lynes: Photographs 1931-1955 (1981).
VER O DETALLE DO TERMO