"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 30 a 60 cm de altura, con follas alternas, carnosas, pinnatisectas, flores solitarias esbrancuxadas e de froitos en cápsula trivalva globosa. Medra nos terreos esteparios e en ermos secos da rexión mediterránea. Florece a partir do mes de abril no sur de España, algo máis tarde na conca do Ebro e centro do país, e prolóngase durante todo o verán. As súas sementes son ricas en distintos alcaloides e emprégase como planta antidepresiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento seco do L ou do NL que sopra durante a estación seca no Sáhara e en toda a África Occidental.
-
PERSOEIRO
Mozo da nobreza ateniense que dirixiu con Aristoxiton a conspiración contra Hipias e Hiparco (514 a C), fillos de Pisístrato, que dominaban Atenas trala morte de seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Perfecta adaptación das partes ou cousas que forman un todo.
-
harmonía preestablecida
Teoría elaborada por G. W. Leibniz para explicar a relación das mónadas, que nin poden relacionarse extrinsecamente, nin exercer ningún influxo físico unhas sobre outras, e evitar así o ocasionalismo.
-
-
Boa disposición ou correspondencia entre dúas ou máis persoas.
-
-
Combinación de sons acordes ou agradables ao oído.
-
Adecuada combinación das formas da linguaxe que resulta agradable ao oído.
-
-
-
Ciencia que ten por obxecto a formación e o encadeamento dos acordes. O estudo da harmonía pódese dividir en tres grandes partes: os acordes e as súas características, a forma de realizalos e o estudio das notas descoñecidas no acorde. A primeira trata da nomenclatura dos acordes e a súa clasificación. A realizacion refírese á posición e ao encadeamento dos acordes, e comprende os movementos melódicos, as cadencias, a modulación, as marxes, etc. A terceira estudia os acordes alterados, os ornamentos melódicos, os retardos, as notas, etc.
-
Estrutura dunha obra ou dun fragmento musical considerada desde o punto de vista dos acordes e das relacións entre eles para formar ideas musicais.
-
-
...
-
-
-
Instrumento aerófono formado por unha serie de lingüetas libres, colocadas en pequenos condutos aliñados nunha caixa dotada de aberturas. Este instrumento, que data do s XIX, está moi perfeccionado. Milhaud e Vaughan Williams escribiron obras para o virtuoso Lany Adler. Na clasificación organolóxica moderna, chámase harmónica aos aerófonos nos que o son se produce mediante a vibración de lingüetas metálicas cunha corrente de aire ilimitado. Neste grupo inclúense instrumentos como o harmonio ou o acordeón.
-
Instrumento idiófono que consiste nun conxunto de cuncas de vidro montadas de xeito coaxial sobre un eixe horizontal que xira dentro dunha cubeta chea de auga que as humedece constantemente, mentres unhas lingüetas de coiro, accionadas mediante un teclado, rozan o canto das cuncas e provocan unha vibración. Algúns compositores, como Gluck, Mozart ou Donizetti, escribiron pezas para este instrumento. Tamén se denomina glasspiel.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á harmonía.
-
Que produce ou ten harmonía.
-
-
Aplícase aos sons secundarios ou concomitantes nos que se descompón un son musical. Prodúcense en forma de serie ascendente que soa xuntamente co son fundamental; a miúdo non son identificables, agás por expertos, ou non son percibidos, por mor da súa debilidade.
-
Nome que, nun órgano, recibe un conxunto de tubos que teñen orificios que ocasionan unha división na columna de aire en vibración, que emite sons á octava ou á duodécima do son fundamental.
-
Cada un dos termos da serie de Fourier dunha función (análise de Fourier). O termo da serie, de frecuencia máis baixa, denomínase harmónico fundamental ou primeiro harmónico, termo que corresponde ao valor n=1 do índice de sumatorio; e os outros termos denomínanse harmónicos ou harmónicos do fundamental, por exemplo, o termo que corresponde ao valor n=k do índice de sumatorio é o K-ésimo harmónico ou harmónico de orde k. Todos os harmónicos admiten unha expresión sinuidal. As frecuencias dos harmónicos son múltiplos da frecuencia do harmónico fundamental, e fálase, ao considerar as frecuencias, da frecuencia fundamental e dos seus harmónicos.
-
Membro acústico simple que se integra con outros mediante unhas leis regulares para determinar unha onda composta. A fala humana maniféstase basicamente por ondas compostas, o seu primeiro harmónico cualifica o ton fundamental de cada individuo.
-
Aplícase ao dobramento que ten todos os estratos igualmente deformados de xeito que conservan o paralelismo. Só se produce se as capas son, máis ou menos, da mesma consistencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono da familia das harmónicas, de lingüetas abertas. Ten un dispositivo de aire e dous foles que, accionados polos pedais, producen unha corrente que fai vibrar as lingüetas cun son agradable. Atribúeselle a invención a Gabriel-Jospeh Grénier (1810).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten harmonía e resulta agradable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músico que domina a ciencia harmónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode harmonizar.
-
-
Acción e efecto de harmonizar.
-
harmonía vocálica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen harmoniza.
-
-
Facer que algo estea en harmonía.
-
-
Realizar os acordes que acompañan unha melodía.
-
Afinar os tubos dun órgano.
-
-
Estar en harmonía, adaptarse perfectamente entre si as partes ou as cousas que forman un todo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aluminosilicato hidratado de bario, de fórmula BaAl2Si6.O16·6H2O. Pertence ao grupo das ceolitas. Cristaliza no sistema monoclínico ou romboédrico, é incoloro, branco, rosa, gris ou verdoso. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,41-2,47.
-
PERSOEIRO
Xornalista, visconde de Northcliffe. En 1896 editou o Daily Mail, e máis tarde o Evening News e o Daily Mirror. Durante a Primeira Guerra Mundial, o grupo editorial Harmsworth converteuse na primeira empresa periodística no Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Göttingen. Foi profesor de química nas de St. Andrews (1912), Durham (1920) e Birmingham (1925). Estudiou a estrutura molecular de diversas moléculas coma a glicosa, a celulosa ou o glicóxeno. Determinou a constitución da vitamina C e sintetizouna por primeira vez no 1934, e deulle o nome de ácido ascórbico. Entre as súas obras destaca The constitution of sugars (1929). Compartiu o Premio Nobel de Química (1937) con P. Karrer, polos seus descubrimentos sobre a estrutura dos glícidos e a vitamina C.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que semella unha hedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos organos ou organismos que teñen a forma dunha cuncha de caracol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención e aproveitamento da enerxía calorífica do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á enerxía térmica da radiación solar.