"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Psicólogo social. Despois de doutorarse en psicoloxía na University of Iowa (1942), traballou no Massachusetts Institute of Technology. En 1968 trasladouse ao New School for Social Research. Foi coñecido polos seus traballos sobre a comunicación informal, a comparación social e, especialmente, a disonancia cognitiva. Cómpre destacar as súas publicacións A Theory of Cognitive Dissonance (1957), onde expón a súa teoría da disonancia cognitiva, que revolucionaría o campo da psicoloxía social e que tivo múltiples aplicacións en áreas como a motivación e a dinámica de grupos, e Conflit, Decision and Dissonance (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo francés. Destacou como escritor de farsas, comedias, bufonadas e pezas propias do teatro de vaudeville, xénero no que mostrou unha considerable habilidade para construír tramas e situacións nas que os personaxes sempre semellan estar no lugar inapropiado no momento menos axeitado, e que en moitas ocasións están relacionadas coas aventuras amorosas da burguesía acomodada. Entre os textos máis coñecidos destacan Tailleur pour Dames (Xastre para señoras, 1886), Le Dindon (1896), La Puce à l’oreille (Unha pulga na orella, 1907) ou Occupe-toi d’Amélie (Ocúpate de Amelia, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Coñecido tamén como Leonardo de Pisa, puxo fin á numeración romana e deu pleno desenvolvemento á utilización dos números árabes e hindús na súa obra Liber abbaci (1202). Estudiou a sucesión que logo recibiu o nome de sucesión de Fibonacci. Aplicou a álxebra aos problemas xeométricos e desenvolveu a trigonometría na súa obra De practica geometricae (1220) e realizou traballos sobre as ecuacións cuadráticas, recollidos en Liber quadratorum (1225).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fío de pasta de fariña que se come cocido e acompañado de moi diversos alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense, coñecido como Henry Hathaway. Con dez anos debutou como actor de cine e, posteriormente, foi o encargado do gardarroupa dos estudios Universal. Nos anos vinte foi axudante de dirección de Victor Fleming, Josef von Sternberg e outros. Entre 1932 e 1934 rodou oito westerns para os estudios Paramount, compañía para a que traballou en exclusiva durante a década dos trinta e para a que produciu películas como The Lives of a Bengal Lancer (Tres lanceiros bengalís, 1935) ou Souls at Sea (Almas no mar, 1937). Posteriormente dirixiu The Real Glory (A xungla en armas, 1939) para o produtor independente Samuel Goldwyn. Durante a década dos corenta e cincuenta traballou en exclusiva para os estudios 20th Century Fox. Do resto da súa produción destacan: Kiss of Death (O bico da morte, 1947), The Desert Fox (Rommel, o raposo do deserto, 1951), Niagara (Niágara, 1953), Legend of the Lost...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela e León, señor de Ribera e Cabrera, fillo de Sancho IV e María de Molina. Ocupou desde 1302 os cargos de Adiantado de Galicia, Merino e Pertegueiro Maior da catedral de Santiago. Desafiou o poder dos bispos de Santiago e Lugo e favoreceu os intereses da burguesía destas cidades. Como resultado das disputas chegou a ocupar os cargos de encomendeiro da cidade de Lugo e tenente das igrexas da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filisteos.

    2. Individuo do pobo filisteo.

    3. Pobo de orixe indoeuropea que, despois de fracasar no intento de invadir Exipto (1175 a C), se estableceu na rexión costeira de Palestina, situada entre o Monte Carmelo e Gaza. Organizaron unha confederación de cinco cidades estado formada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gath e Accarón, gobernada cada unha delas por un seran (soberano). Pasaron por tres fases, unha de expansión cara ao interior, en detrimento dos israelitas (s XI a C); outra de apoxeo (finais do s XI a C); e, finalmente, outra de decadencia, que se iniciou coa chegada ao trono de Xudá e Israel do Rei David, ata ese momento vasalo do rei de Gath. Trala derrota dos filisteos en dúas ocasións na chaira de Refaïm, preto de Xerusalén, durante o reinado de David foron sometidos polos israelitas e pouco a pouco diluíronse como pobo trala súa incorporación polos sucesivos imperios asirio, neobabilónico e persa. Coñécese o nome de dúas das súas divindades, Astarte e Dagón. Consérvanse escasas mostras da súa cultura, entre outras,...

      1. Que ou quen ten un gusto artístico vulgar.

      2. Que ou quen só ten en conta os intereses materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (1353-1354 e 1364-1376). Ingresou como monxe no monte Athos e aceptou a doutrina do hesicasmo. Dende o 1347 foi bispo de Heraclea e, co apoio de Xoán Cantacuceno, accedeu á sé de Constantinopla. Aliouse cos occidentais fronte ao peligro turco, pero rexeitou a unión e defendeu o palamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Tracia. Posuidor de dotes de adiviñación, preferiu perder a vista con tal de vivir unha longa vida. Isto espertou a cólera de Helio, quen lle enviou, como castigo, as harpías para que lle roubasen e ensuciasen a comida. Cando os argonautas lle preguntaron cál era a ruta que debían seguir para chegar a Cólquide e atopar o vélaro de ouro, díxolles que os axudaría se o libraban do tormento das harpías; de espantalas, ocupáronse os dous fillos de Bóreas, Calais e Zetes, que perseguiron os monstros alados ata obrigalos a fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e escenógrafa. Realizou unha obra de carácter surrealista somerxida nun mundo feminino. Destacan, entre outras, A pastora de esfinxes (1941) e Festa secreta (1965). Deseñou decorados e vestiarios para teatros, entre outros Berenice para a compañía Renaud-Barrault. Ilustrou obras de Baudelaire e de E. Allan Poe, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e alquimista italiano e conde Fioravanti. Descubriu un bálsamo para a curación dos envelenamentos con arsénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury e primado de Inglaterra (1945). Impulsou a renovación da Igrexa Anglicana, presidiu as conferencias de Lambeth (1948 e 1958) e animou a creación do Consello Ecuménico das Igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se desenvolveu durante o primeiro período da Ilustración, que relaciona a perfección do mundo coa existencia de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fitolacáceas.

    2. Planta da familia das fitolacáceas.

    3. Familia de plantas, pertencente á superorde das cariofilais. Presenta follas alternas, flores, as máis das veces unisexuais, pouco vistosas, de cinco tépalos, e ovario súpero de 5 ou 10 carpelos; e froitos en cápsula, aquenio ou baga. A esta familia pertencen o ombú e a Phytolacca americana, denominada comunmente como herba carmín, que está presente en Galicia como naturalizada, en lugares despexados e bordos de camiños, e que durante un tempo se cultivaba para empregar os froitos como colorante do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paleobotánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da bioxeografía que estudia a distribución territorial dos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en fitoxeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi profesor na Universidade de Dublín e membro da Royal Society de Londres. Realizou investigacións sobre as ondas electromagnéticas e a teoría do éter. Interpretou a famosa experiencia de Michelson sobre a determinación da velocidade da luz e en 1895 enunciou a teoría da contracción lonxitudinal dos corpos en movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Recreou nas súas pezas a natureza máxica das lendas, contos e tradicións populares da Irlanda gaélica. Entre as súas obras destacan The Country Dressmaker (Un xastre de aldea, 1907), The Magic Glasses (Os vasos máxicos, 1913) ou The Enchanted Land (A terra encantada, 1957), nas que desenvolve unha visión entre máxica e grotesca do drama de costumes irlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás flacourtiáceas.

    2. Leñosa da familia das flacourtiáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das violais, de follas dispostas de xeito alterno e con estípulas caducas; flores hermafroditas, actinomorfas, coa corola formada por numerosos pétalos libres, androceo de moitos estames e xineceo de 2 a 10 carpelos; e con froitos en cápsula ou baga. Existen unhas 800 especies orixinarias das rexións tropicais. Os principais xéneros son Pangium e Taraktogenos.

    VER O DETALLE DO TERMO