"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cedeira (Redondela). Consta dun corpo rectangular do s XVIII ao que se lle engadiu polo S unha escaleira e unha terraza e, no s XIX, unha nova á polo O, obra de Pacewicz, autor tamén dos xardíns que rodean a vivenda. A este conxunto engadíuselle un novo corpo en 1913. Realizado en cantaría, ten dúas plantas e o corpo principal remata con ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que tomou o condado de Pardo-Bazán en 1916.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.519 h [2001]). Ten cultivos de cereais, vide e oliveiras, gandaría, industrias papeleiras, do metal, do calzado e da alimentación.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha (1.506 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario, principalmente na elaboración de viños e na destilación de alcol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada nas Ribeiras do Sor (Mañón). Construíuse no lugar dunha antiga fortaleza. Ten forma de L e na fachada conserva un brasón coas armas dos Teijeiro. Na propiedade acolle en 30 ha a maior plantación de camelias de Europa con 200 variedades cultivadas nela e outras 400 coleccionadas procedentes doutros lugares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Carlos II a Pedro Tomé de Oxea Ulloa e Enríquez (?-1710), señor da xurisdición de pazo-torre de Penela (Alongos, Toén), da casa forte de Riobó (Rodeiro) e do pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (Antas de Ulla). Sucedeuno o seu fillo Antonio de Oxea Rojas , II conde de Torre Penela e, ao morrer este sen descendencia, o título pasou a súa irmá María Ignacia de Oxea Rojas , III condesa de Torre Penela. O título seguiu a liña primoxénita ata que o VII conde de Torre Penela, Xosé María de Puga Miranda (?-1846) morreu sen descendencia. O título pasou en 1848 ao seu curmán Carlos de Puga Valbuena (?-1855), VIII conde de Torre Penela. Sucedeuno a súa sobriña Clotide Flórez de Losada , IX condesa de Torre Penela, sucedida pola súa filla María de la Asunción Sanjurjo y Flórez de Losada , X condesa de Torre Penela. A esta sucedérona o...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado nos montes de León (2.782 h [2001]). Ademais da industria química, a agricultura, a gandaría e a extracción de antracita son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao O da capital provincial (13.185 h [2001]). A economía está baseada na agricultura e na industria alimentaria como a elaboración de aceite, viño e embutidos. Ten manufacturas de madeira e a fabricación de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Nápoles, situada no golfo de Nápoles e ao pé do Vesuvio (90.255 h [2001]). A súa economía baséase na industria alimentaria e na gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Colaborador de RNE e redactor do diario Pueblo desde 1944, fundou e dirixiu a revista Airiños, Aires e colaborou en Lar. Publicou Panxoliñas (1956), Camelias brancas (1958) e Cocina gallega enxebre (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e farmacéutico. Realizou un importante labor investigador no campo da xeoloxía e da xeomorfoloxía galega, e describiu o papel da erosión fluvial e dos restos fósiles do Cuaternario. Foi membro fundador da Academia Galega das Ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía, foi creador, director e presentador dos programas En Familia (1975), Tiempo de vivir (1976-1982) en RNE, e Nuestros hijos (1980) e Vivir para vivir (1987-1989) en Radio Cadena Española. En televisión conduciu Escuela de Salud (1976-1979), Voces sin voz (1981-1982) e Usted por ejemplo (1983-1984), en TVE; e Boa Saúde e Meigas Fóra (1990-1995) na TVG. Desde 1997 dirixe e presenta Saber vivir, traballo polo que recibiu diversos premios. Colaborador habitual da prensa especializada, como Salud total e Natura, publicou Comida sana (1999). Membro fundador da Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, recibiu o Premio Ondas (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escuela Superior de Dibujo y Pintura de Madrid e con Arturo Mélide, con quen colaborou no mausoleo de Cristovo Colón na catedral de Sevilla. En 1900 obtivo a cátedra de Debuxo e trasladouse ao instituto masculino de Santiago de Compostela. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios desde 1902 e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá desde 1904. A súa obra é ecléctica, fundamentalmente obras relixiosas e funerarias, e modernista, con obras decorativas. Destacan as portas da entrada principal de San Francisco el Grande de Madrid con A. Varela, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, o Santo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo), diversos panteóns en Vigo e os retablos da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral de Santiago de Compostela. Obtivo, entre outros galardóns,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1852 a Manuel María Vázquez de Quiroga e Queipo de Llano (San Cristovo do Real, Samos 1800 - Quiroga 1859), senador e deputado, polos servizos prestados polo seu pai, Antonio María Vázquez de Quiroga e Arias, na Guerra da Independencia. Sucedeuno o seu fillo Vicente María Vázquez de Quiroga-Queipo de Llano e Quiroga (Quiroga 1827-Santiago de Compostela 1867), II conde de Torre Novaes de Quiroga e I vizconde de Espasantes. Morreu sen descendencia e e o título pasou ao seu irmán Francisco Javier Quiroga-Queipo e Pardo-Balmonte (?-Quiroga 1897), III conde de Torre Novaes de Quiroga, sucedido polo seu fillo Francisco Javier Vázquez-Queipo e Montoto (?-Espasantes 1949), IV conde de Torre Novaes de Quiroga. Herdou o título a súa filla María del Pilar Vázquez-Queipo e del Río (?-Madrid 1975) V condesa de Torre Novaes de Quiroga, sucedida pola súa filla ...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada enVilamartín de Valdeorras. Ten planta próxima a un rectángulo con dúas torres aos lados e outra aos pés. Por un lado das torres ábrese un paso con bóveda de canón. O corpo principal ten dous niveis e cóbrese a dúas augas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Cristina de Castro de Amarante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lantaño (Portas). Ten planta en forma de L cunha torre con ameas de orixe medieval no ángulo. Na fachada conserva unha escaleira exterior e un patín cuberto.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Martiño, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO