"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Miniaturista e pintor. Irmán de Samuel Cooper, cultivou o debuxo e a acuarela. Viviu nos Países Baixos (1631?) onde realizou miniaturas. Posteriormente instalouse en Suecia (1647) e traballou para a Raíña Cristina e o Rei Carlos X.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
coandro.
-
-
GALICIA
Historiador, naturalista, economista, político e poeta ilustrado. Membro dunha familia fidalga, non seguiu as directrices paternas de realizar estudios de dereito e dedicouse á investigación histórica. De formación autodidacta asentada solidamente nas humanidades, é o prototipo de home ilustrado e polifacético e, xunto con Sarmiento, Feijoo e Sobreira, unha das figuras máis sobresaíntes do s XVIII en Galicia. Como escritor, a súa cultura enciclopédica e a súa curiosidade levárono a tratar numerosos temas que responden aos principais focos de interese da Ilustración, dende a xeografía e a historia ata a economía e as ciencias naturais, pasando polo dereito, a lingua e a educación. En 1755 presentou o traballo “Disertación geográfica histórica sobre cuál hubiese sido el antiguo asiento de la ciudad Límica o Lémica, señalada por patria de Idacio en el prólogo de su Cronicón” á Academia de Historia, que o nomeou membro de mérito. Dende esa data e ata 1802 desempeñou diversos cargos na Academia....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Galicia entre 1520 e 1547, introduciu un estilo situado a medio camiño entre o gótico borgoñón e o primeiro Renacemento. En Castela traballaron outros dous escultores do mesmo nome. A súa presenza en Ourense está documentada en 1521, cando traballou no sepulcro de Gutierre de Sandoval na igrexa de San Francisco, aínda que previamente xa traballara no retablo maior (1516-1521) da catedral ourensá. Atribúenselle tamén, a el ou ao seu obradoiro, o retablo de San Pedro de Moreiras e a imaxe de santa Lucía do museo da catedral de Ourense. Ademais puido dar a traza do retablo da colexiata de Xunqueira de Ambía. En 1524 chamárono a Santiago de Compostela para realizar un retablo para o Hospital Real. O seu estilo evolucionou entón fusionando o naturalismo borgoñón co decorativismo plateresco. Entre as obras compostelás que se lle atribúen destacan o retablo, do que se conserva na capela da Prima da catedral unha imaxe da Virxe co Neno e o sepulcro do cóengo Antonio Rodríguez...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés de Chō ḷ aman ḋ ala.
-
FAMILIAS
Familia de arquitectos e escultores do s XVI naturais de Villalpando (Zamora), formada polos irmáns Jerónimo, decorador, e Juan, arquitecto. Coñecedores das técnicas de traballo do xeso, empregaban moldes que reproducían os diferentes motivos decorativos que despois modelaban sobre o xeso aínda húmido. Entre as súas obras destacan: a capela dos Benavente na igrexa de Santa María (1544-1556) e as tribunas da igrexa de San Francisco (1536), ambas as dúas en Medina de Rioseco; a capela maior e a nave do hospital de Tordesillas; a capela de San Pedro na catedral de Palencia e a Casa Blanca de Medina del Campo (1556-1563).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista norteamericano. Coñecido como Chick Corea, está considerado un dos compositores de jazz máis innovadores e influentes do último terzo do s XX. Trasladouse a Nova York, onde coincidiu con figuras do mundo do jazz, como John Coltrane ou Miles Davis. En Boston formou parte da orquestra de Phil Barbozza e, posteriormente, da banda de Mongo Santamaría e do grupo de Willie Bobo. A partir de 1965, colaborou, entre outros, con Herbie Mann, Pete La Roca, Stan Getz, Sarah Vaughan e Miles Davis. Nos anos setenta, xunto con Dave Holland, Barry Altschul e Antony Braxton, creou as formacións Circle e Return to Forever, coa que elaborou unha corrente “electrificada” do jazz, mestura de rock e con raíces na música brasileira, denominada fusión. A finais dos setenta e ao longo dos oitenta compaxinou a súa experiencia en solitario con duetos na compañía de figuras do jazz, como Keith Jarrett, Herbie Hancock ou John McLaughlin; con formacións de músicos, como Joe Henderson,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. En 1991 debutou no circuíto profesional. En 1997 gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP (Estoril, Roma e Stuttgart). En 1998 proclamouse campión mundial oficioso ao vencer no Masters (ATP Tour Championship). Naquela tempada chegou, por vez primeira, á final dun campionato do Grand Slam (Roland Garros). No ano 2000 formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis; ademais, xunto con Albert Costa, obtivo a Medalla de Bronce en dobres nos Xogos Olímpicos de Sidney. En 2001 disputou a súa segunda final nun torneo do Grand Slam, de novo en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito e diplomado en comercio exterior. Foi asesor xurídico, secretario e voceiro da Asociación de Navieiros Galegos, secretario xeral da Asociación Galega de Graniteiros e asesor xurídico e xerente da Asociación Provincial de Empresas Consignatarias e Estibadoras. Membro do Partido Popular (PP), foi concelleiro en Vigo (1991-1997) e deputado autonómico por Pontevedra na V lexislatura (1997-2001). No Parlamento galego foi vicepresidente da comisión de Industria e membro das comisións de Pesca, Televisión e Asuntos Europeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou a súa formación no obradoiro de Joaquín Bécquer e, posteriormente, estudiou en Italia. En 1847 instalouse en Madrid. Destacado retratista, foi pintor de cámara de Isabel II. No Museo de Viveiro consérvase un retrato de Pastor Díaz (1864), ministro de Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, pintor e político. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Isidoro Brocos e de Román Navarro. A súa vida artística estivo ligada a esta escola, na que exerceu como profesor dende 1907, como director dende 1931 e como director honorario dende a súa xubilación en 1945. Realizou esculturas públicas, como os bustos de Pondal e Murguía na Coruña e a estatua dos irmáns García Naveira en Betanzos, ademais de numerosas placas conmemorativas. A súa obra pictórica amosa a minuciosidade característica dun ilustrador, labor que desenvolveu en La Voz de Galicia. Membro da Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, aínda que renunciou ao cargo aos sete días. Foi membro da Real Academia Galega (1909) e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. Coñecido polo pseudónimo de Violante de Cisneyros, foi un dos animadores da revista Orpheu, introdutora do modernismo en Portugal. A recompilación Antologia de Poemas (1956) recolle gran parte da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial castrense situada na Coruña. Foi hospital do gremio de mareantes e colexio dos xesuítas (1673-1701). A primitiva igrexa e o hospital foron destruídos polos ingleses; realizouse a nova construción (1881-1890) baixo o mecenado de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, enterrados nun mausoleo de mármore detrás do altar, de estilo neorrománico e obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay. Consérvase a súa portada gótica como porta do Arquivo do Reino de Galicia. O seu adro foi o lugar de reunión do concello da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero e profesor. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra, onde ensinaba pedagoxía e traballos manuais en 2º curso do grao elemental, e ocupou a súa secretaría en dous períodos (de 1886-1887 a 1892-1893 e de 1896-1897 a 1898-1899). Despois foi profesor da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde se documenta no ano 1906 e no 1919. No curso 1922-1923 volveu a Pontevedra. Publicou a obra Apuntes de una Memoria para el Catequístico de Granada (1926).
VER O DETALLE DO TERMO