"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lousada (Guntín). Destaca a antiga torre, modificada en altura. O conxunto é moi austero e puideron habitalo os Seijas e os Ulloa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto megalítico situado en Terra Chá. Están contabilizadas vinte mámoas, con cámaras de tamaño reducido. Dous dos dolmens construíronse con cachotería seca nunha parte do corredor. Nas escavacións atopáronse obxectos como machadas, micrólitos trapezoidais e cerámica lisa, incisa e campaniforme.
-
-
Intervalo de tempo entre dúas fases da Lúa.
-
Influencia negativa da Lúa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desfile das coleccións de roupa dos deseñadores galegos que se iniciou o 16 de febreiro de 1985 da man do grupo Galicia-Moda, dirixido por Luís Carballo, e co que se pretendía relanzar a moda galega no ámbito internacional. O primeiro desfile celebrouse no Teatro García Barbón (Vigo) e participaron as firmas Cafre, Caramelo, Cortemans, D’aquino, Florentino, Pressman, Unicén e Vesgante. Estivo considerada como unha das principais pasarelas de España, xunto co Salón Gaudí de Barcelona e a Pasarela Cibeles de Madrid.
-
-
Golpe forte de vento.
-
Resplandor repentino e intenso.
-
-
-
Morea de leña ou doutro material combustible que arde moito e produce unha lingua de lume.
-
Chama ou lapa grande.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lumeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico portugués de Luís Vaz de Camões que apareceu en 1572 en Lisboa en dúas edicións simultáneas. Inspirado tanto na Eneida de Virxilio coma no Orlando furioso de Ludovico Ariosto, este poema de amor, dor e heroísmo foi concibido estruturalmente de acordo coas regras formais do xénero épico: 10 cantos, 1.102 estrofas e 8.816 versos; composto en oitava rima e en decasílabos heroicos con cesura na segunda, terceira ou cuarta, sexta ou duodécima sílabas. Os cantos presentan, como esquema canónico, unha proposición (I.1-3), unha invocación ás ninfas do Tejo, as “Tágides” (I.4-5), e unha dedicatoria ao Rei Sebastián (I.6-18), seguindo a acción ou narración in medias res. O autor recorre á mitoloxía grecolatina para dinamizar a acción a través do conflito entre a protección adxuvante de Venus e a inimizade opositora de Baco. O casamento simbólico dos navegadores coas ninfas dará lugar a unha descendencia forte e bela que, pola condición divina que lles fora recoñecida,...
-
-
Luz intensa que despide un corpo.
-
Primeira luz do día.
-
-
-
Conxunto de macacos.
-
Comportamento ou acción propios dunha persoa pouco xuizosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavimento para as estradas que se emprega como calzada ou como base para asfaltar superficialmente. Fórmase cunha ou máis capas apisoadas de pedra machucada, que lle confiren resistencia ao pavimento, e por un recheo que enche os ocos entre as pedras que lle confire a indeformabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavimentar calquera tipo de vía con macadam.
-
-
Fato de machos cabríos.
-
Acción propia dun macho, que se realiza xeralmete con intención fachendosa.
-
-
-
Ferramenta para cortar formada por unha folla larga e grosa en forma de trapecio, afiada por un só lado e con mango de madeira, semellante ao machado pero de menor tamaño, que se emprega para traballos menos fortes. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.
-
Arma ofensiva cabaleiresca que foi moi usada nos ss XV e XVI tanto na guerra como en batallas singulares, e que era empregada na loita a pé. Na parte superior ten tres elementos: machada, ou folla perpendicular ao mango; martelo, no extremo oposto, e daga, que é o dardo agudo que vén a continuación do mango.
-
Machada con dúas follas ou ás.
-
Peixe con forma de machada e con numerosos fotóforos na súa pel, de ata 5 cm de loxitude. Habita entre os 500 e 1.000 m de profundidade e aliméntase de pequenos crustáceos e peixes.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de 1914, que cesou en 1915. Funcionou como órgano de expresión do “Club de la Machada”, e estivo dirixido por Nicolás de las Llanderas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado ou recibido cunha machada ou cun machado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe ou corte dado cun machete ou cunha macheta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2manda.